Guía de procedementos e servizos

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Pode obter máis información sobre a iniciativa galega de concellos emprendedores na Oficina Galicia Empresa.

Acceda premendo sobre esta ligazón.

Establecer o modelo normalizado de solicitude para obter a declaración da condición de concello emprendedor consonte ao procedemento establecido no artigo 82 da Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Este procedemento está destinado aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que voluntariamente se adhiran á iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentabilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas, segundo o disposto no artigo 78 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria

Servizo de Apoio Técnico

Edificio Administrativo San Caetano, s/n bloque nº 5, 4ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545523

Email: vicesecretaria.cei@xunta.gal

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria

Outros procedementos relacionados

IN223A

Subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e dinamización e revitalización das prazas de abastos.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 12/03/2025 09:00 - 14/04/2025 23:59

IN223B

Obtención/renovación do selo de mercado excelente.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811A

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59