Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED202A
Axudas económicas para a formación en centros de traballo ou FP Dual.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convocar axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP dual, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento ED202A), nas seguintes modalidades:
1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas deportivas de réxime especial, que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as súas competencias lingüísticas e profesionais.
Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo
Servizo de Orientación e Innovación Profesional
Edificio Administrativo San Caetano. 15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546546
Email: sopre@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/08/2023 00:00 - 28/09/2023 23:59
16/10/2023 00:00 - 16/11/2023 23:59
Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2022-marzo 2023 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2023.
Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2023 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 16 de outubro e o 16 de novembro de 2023, para o alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2023. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2023. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2023 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.
1. O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro de 2023.
2. Non terá dereito á axuda convocada nesta orde:
– O alumnado de FP dual en cuxos proxectos se inclúan axudas por desprazamento ou aloxamento.
– O alumnado que realice a FCT fóra do territorio español e teña concedida unha axuda Erasmus+ KA102, KA116 ou KA121, Fundación Paideia ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de FCT, polas xornadas realizadas fóra do Estado español.
3. Non poderá ter a condición de persoa beneficiaria das axudas previstas nesta orde o alumnado que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. A persoa solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
Solicitudes.
1. As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP dual. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/fct. Os anexos asociados a este procedemento tamén estarán dispoñibles na Guía de procedementos e servizos da sede electrónica.
2. As solicitudes xunto co resto dos anexos presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou a FP dual.
Documentación complementaria
1. A documentación complementaria que, se é o caso, sexa necesario achegar coa solicitude presentaraa o alumnado no centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP dual.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente no centro educativo onde estea matriculado o alumnado. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2023).
-
Extracto da Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2023).
-
Orde do 28 de novembro de 2023 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 19 de xullo de 2023. (DOG nº 232 do 7 de decembro de 2023).
-
Orde do 31 de decembro de 2023 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 19 de xullo de 2023 (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano
Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.
Aberto todo o ano