Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CO300A - Subvención ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000,00 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24 de decembro de 2013, L352/1).
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse subvencionables os gastos e os investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
En concreto, consideraranse subvencionables as actuacións previstas no artigo 4 destas bases reguladoras, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19 destas bases reguladoras.
En atención á súa especial natureza e por ter unha continuidade ininterrompida, tamén se considerarán subvencionables as actuacións realizadas entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de decembro de 2022.
Actuacións subvencionables .
1. Actuacións subvencionables.
Consideraranse subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e a revitalización dos centros comerciais abertos a través das seguintes actuacións:
a) Mantemento dos marketplace.
b) Dinamización comercial.
c) Fidelización de clientela.
d) Unidade xerencial.
Dentro de cada actuación, consideraranse subvencionables as seguintes actividades:
a) O mantemento dos marketplace cun investimento máximo subvencionable de 1.500,00 €. Os marketplace deben reunir as características técnicas e as condicións legais previstas no anexo X e non estar integrados nunha plataforma conxunta ou compartida con outras entidades. A participación nos marketplace dos comercios asociados non suporá ningún custo adicional para estes.
b) A dinamización comercial desenvolvida no marco dun proxecto de incentivación do consumo en que as persoas comerciantes e consumidoras sexan as destinatarias finais:
• Campañas de promoción comercial en datas ou períodos comerciais.
• Campañas de dinamización comercial na rúa con participación directa dos comercios asociados e das persoas consumidoras.
• Organización de feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial.
Os gastos subvencionables por campaña son os seguintes:
• Os servizos profesionais externos para o deseño e a posta en marcha da campaña.
• O aluguer de medios técnicos (carpas e análogos, son e imaxe).
• Os seguros de responsabilidade civil derivados da campaña.
• A publicidade nos medios de comunicación (prensa, radio e televisión) directamente vinculada coa campaña.
• O material de promoción e difusión da campaña (cartelaría, folletos, vídeos e outro material promocional en liña e para as redes sociais).
• Os regalos promocionais cun investimento máximo subvencionable de 5.000,00 € para o tramo a), 3.000,00 € para o tramo b) e 1.500,00 € para o tramo c), conforme o establecido no artigo 5.2 destas bases reguladoras. En todo caso, os regalos promocionais deben estar asociados a unha actividade concreta de dinamización e vinculados a unha venda.
So serán subvencionables por este concepto aquelas campañas de dinamización que se realicen durante o período en que a unidade xerencial conte cunha persoa física contratada mediante un contrato laboral.
c) A fidelización de clientela:
• Loxística e-commerce: gastos de envío en liña realizados por empresas loxísticas externas desde os comercios asociados ata o domicilio da clientela. Os gastos de envío subvencionados non poderán repercutirse, en ningún caso, á clientela.
• Tíckets de aparcamento cun investimento máximo subvencionable de 10.000,00 €. En todo caso, os tíckets de aparcamento deben estar vinculados a unha venda.
• APP de fidelización (puntos de desconto ou similares).
d) A unidade xerencial: só serán admisibles como gastos subvencionables os custos de persoal (salario e Seguridade Social) e de funcionamento das unidades xerenciais que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.1.b) destas bases reguladoras, sempre que sexan indispensables para a formulación, a execución e o seguimento do proxecto obxecto da subvención.
Só serán subvencionables por este concepto aqueles proxectos que inclúan, como mínimo, unha actividade das previstas na letra b) deste punto cada dous meses dentro do período subvencionable.
Sen prexuízo do anterior, establécese un investimento máximo subvencionable para os seguintes gastos:
• Material de oficina: 1.250,00 €.
• Asesoría externa: 1.250,00 €.
• Teléfono e internet: 1.500,00 €.
• Dominio e mantemento da web do centro comercial aberto: 1.000,00 €.
Os gastos financeiros, os de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais, periciais e os gastos de garantía bancaria poderán ser subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.
2. Gastos e actuacións non subvencionables:
Con carácter xeral, non se considerarán subvencionables:
• Os impostos indirectos, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
• As actuacións ou, de ser o caso, os gastos asociados a actuacións que non inclúan a publicidade do financiamento do proxecto pola Xunta de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 16.h) e 17 destas bases reguladoras.
• Aqueles investimentos non incluídos na solicitude (tanto no anexo VI como na memoria) ou aqueles dos que non se presente a documentación económica completa de acordo co establecido no artigo 6 destas bases reguladoras.
• Os gastos concertados con entidades ou persoas vinculadas ao persoal xestor ou, de ser o caso, aos órganos directivos, de acordo co establecido no artigo 18 destas bases reguladoras.
Así mesmo, non se considerarán subvencionables:
a) Respecto da dinamización comercial:
• As campañas de dinamización, promoción ou calquera outra actuación que teñan exclusivamente por finalidade o patrocinio, a colaboración ou a axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica, deportivas ou similares, sen relación co fomento da actividade comercial e sen a participación directa dos establecementos comerciais asociados.
• Os premios resultantes de sorteos ou de calquera outra combinación aleatoria.
• A realización de cócteles e actos análogos.
• As bolsas comerciais.
• A edición e a publicación de revistas, xornais e medios análogos, en soporte físico ou dixital.
• Os regalos promocionais que non leven incluída a publicidade da Xunta de Galicia nos termos establecidos nos artigos 16.h) e 17 destas bases reguladoras.
• A publicidade xenérica do centro comercial aberto ou das campañas dirixidas á captación de asociados.
b) Respecto da fidelización de clientela:
Os tíckets de aparcamento en aparcadoiros públicos municipais.
c) Respecto da unidade xerencial:
• Os seguros e os sistemas de alarma (instalación e mantemento).
• Os cursos de formación e prevención de riscos laborais.
• As reformas, mantementos e gastos de comunidade.
• O material covid e as subscricións a calquera tipo de publicación.
• Calquera axuda de custo e desprazamentos, agás no caso de cursos de formación dirixidos á unidade xerencial promovidos pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
• Calquera outro gasto que non sexa indispensable nin estea directamente relacionado co obxecto da subvención.
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:
a) As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas para os únicos efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos artigos 3.1.b) e 4.1.d) das bases reguladoras e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Neste caso, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación así como o importe de subvención que aplicará cada un deles, que terá, igualmente, a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
Para os efectos desta orde, terán a consideración de centros comerciais abertos as agrupacións de establecementos comerciais definidas no artigo 24 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, que conten, en todo caso, cunha unidade de xestión profesionalizada. A unidade xerencial deberá ter contratada, mediante un contrato laboral, unha persoa física que desenvolverá funcións de xestión, contabilidade, dinamización comercial e información e asesoramento ás persoas comerciantes. En ningún caso poderá ser membro nin formar parte dos órganos de goberno da entidade asociativa solicitante ou de ningunha outra asociación ou federación de comerciantes beneficiaria dalgunha das axudas postas en marcha pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo nos anos 2022 e 2023.
1. O centro comercial aberto deberá cumprir, polo menos, cinco dos seis requisitos mínimos seguintes e, en todo caso, o establecido na letra c):
a) Estar situado en concellos cunha poboación superior aos 10.000 habitantes, de acordo co establecido na normativa pola que se declaren oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2022.
b) Dispoñer dun grao de concentración comercial alto. É dicir, no espazo en que se desenvolve, que en ningún caso pode ser superior ao termo municipal, debe haber polo menos 100 comercios retallistas, asociados e non asociados.
c) Contar cun mínimo de 50 comercios retallistas asociados na súa delimitación territorial, que en ningún caso pode ser superior ao termo municipal.
d) Presentar unha diversidade de oferta comercial, con predominio da oferta especializada en equipamento persoal.
e) A delimitación do centro comercial aberto debe estar claramente definida e integrar os principais eixes comerciais da vila.
f) Os comercios retallistas asociados deben representar, polo menos, o 50 % do número total de socios.
Para estes efectos, teranse en conta os comercios incluídos nos IAE establecidos no anexo IX e os salóns de peiteados.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26 de xuño de 2014, L 187/1).
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544530
Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal
Desde o resto do Estado: 902120012
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2023).
Extracto da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2023).
Resolución do 10 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 160 do 24 de agosto de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
10/02/2023 00:00 - 09/03/2023 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Solicitudes .
Para poder ser entidade beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude dirixida á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 6 das bases reguladoras.
Lugar de presentación das solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:
a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.
b) Poder suficiente da persoa representante da entidade solicitante.
c) Composición actualizada da xunta directiva da entidade asociativa.
d) Orzamento do exercicio corrente da entidade asociativa.
e) Orzamento liquidado pola entidade asociativa no ano 2022.
f) Contas anuais aprobadas pola xunta directiva da entidade asociativa nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
g) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da entidade solicitante que acredite o número total de membros asociados e o número de comercios retallistas asociados. Estes datos deberán coincidir, no momento da emisión do certificado, cos datos existentes na intranet da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
h) Copia da acta da sesión en que se informe as persoas comerciantes asociadas do proxecto para o cal se solicita a subvención.
i) Memoria do proxecto de dinamización e incentivación do consumo que deberá incluír, polo menos, respecto de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención:
– A denominación da actividade.
– A descrición individualizada, pormenorizada e detallada da actividade con indicación dos seus obxectivos xerais e específicos. No caso de solicitar o mantemento de marketplace, deberase achegar a ligazón ao marketplace.
– A localización e as datas previstas para a súa realización.
– O número e as características dos/das participantes e beneficiarios/as.
– O orzamento total do investimento con indicación das fontes de financiamento e, de ser o caso, a porcentaxe e contías achegadas por cada unha das partes.
– O orzamento desagregado e detallado do investimento solicitado coa relación das facturas ou, na súa falta, facturas pro forma dos gastos que se imputan a cada unha das actividades con identificación do número de orde e concepto, segundo o anexo VI.
A memoria deberá presentarse asinada.
j) Anexo VI co orzamento detallado dos gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita a subvención, e facturas ou, na súa falta, facturas pro forma das actividades ou adquisicións para as cales se solicita a subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas pola entidade solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes:
j.1) Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os que se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados pola entidade solicitante, con independencia da contía dos investimentos.
j.2) Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionados pola entidade solicitante para a realización do proxecto.
j.3) Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:
j.3.1) Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que como mínimo obtivo a entidade solicitante.
j.3.2) Cando, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a entidade solicitante.
As ofertas presentadas e os provedores elixidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser entidade beneficiaria da axuda.
Non se considerarán subvencionables, parcial ou totalmente, aqueles investimentos dos que non se presente documentación económica completa conforme o aquí recollido.
k) Formalización do anexo IV, relativo á unidade xerencial, acompañado da documentación que nel se sinala:
– Copia do contrato ou contratos do xerente.
– Copia do currículo da persoa xerente.
l) Declaración de non vinculación da persoa xerente nos termos establecidos no artigo 18 destas bases reguladoras.
m) No caso das agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica a que se refire o artigo 3.1.a) destas bases reguladoras, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que aplicará cada un deles, que terá, igualmente, a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
n) Informe da mesa local de comercio sobre o proxecto de dinamización comercial obxecto da solicitude da subvención, de conformidade co disposto no artigo 3.b) do Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio ou, de ser o caso, a solicitude do dito informe, sempre que esta solicitude se efectúe cunha antelación mínima de quince días á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á entidade interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Atriga.
f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
h) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos pertinentes. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa solicitante ou persoa representante para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do ticket de dinamización comercial.
Subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal.
Programa extraordinario para o recoñecemento de actividades artesanais.
Adhesión á rede de comercios e mercados no camiño e subvencións para a edición de material.
Subvencións para o Programa de Modernización do Comercio: fondo tecnolóxico, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Subvención para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural.