Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR961A
Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN).
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar aos/ás deportistas galegos/as que tiveran en vigor pola Secretaría Xeral para o Deporte o recoñecemento coma Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN) nalgún momento dos anos 2021 e 2022.
Valoraranse unicamente os resultados acadados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021, de acordo aos requisitos do apartado 6 destas bases, en competicións de modalidades/especialidades olímpicas e non olímpicas de ámbitos estatal, europeo e/ou mundial das súas respectivas especialidades e probas deportivas.
Co fin de facilitar a identificación dos formularios de inicio na sede electrónica da Xunta de Galicia, habilítase un enlace na Guía de procedementos e servizos co código de procedemento PR961A.
Persoas deportistas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Fundación Deporte Galego
Rúa de Madrid, 2-4. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996372
Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/10/2022 00:00 - 24/10/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.
Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria as persoas deportistas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar recoñecidas pola Secretaría Xeral para o Deporte, como Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2021 ou 2022. As únicas excepcións que se terán en conta neste requisito serán as de persoas deportistas galegas solicitantes que acrediten:
1. Ter participado nos Xogos Olímpicos/Paralímpicos Tokyo 2020 e ter sido beneficiarios/as dunha Axuda Reto Galicia-Tokyo con Igualdade 2021.
2. A condición de “deportista de apoio/deportista guía” dalgunha persoa deportista practicante de modalidades/especialidades paralímpicas ou deporte adaptado que cumpra cos requisitos establecidos polos baremos dos apartados 6.3.1. ou 6.3.2, de xeito que sexa necesaria a participación do deportista guía/apoio na propia competición.
b) Tamén poderán optar a solicitar as axudas reguladas nesta convocatoria as persoas que acaden unha resolución positiva na derradeira convocatoria de recoñecementos de Deportistas Galegos de Alto Nivel ao longo do ano 2022, sempre e cando esta se produza previo á resolución da presente convocatoria.
c) Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade/especialidade practicada conforme o apartado 6.3.1. ou acadar a puntuación necesaria na aplicación do baremo establecido no punto 6.3.2. destas bases, no caso de que se lle aplique.
d) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.
Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas persoas solicitantes nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes.
As persoas deportistas solicitantes interesadas presentarán a solicitude (Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Tamén poderán presentarse s solicitudes presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) – 15781 Santiago de Compostela), cuxo horario de rexistro aos efectos de presentación das solicitudes referidas ás presentes bases será de 9:00 a 14:00 horas.
Documentación complementaria.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Anexo II. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude.
- Documento acreditativo da patria potestade ou tutela (copia do libro de familia ou calquera outro documento que o acredite). Unicamente no caso de persoas solicitantes menores de idade e xunto co anterior Anexo II. Autorización de representación.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán presentar a documentación complementaria presencialmente nos lugares indicados no apartado 5.1 das bases.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento PR961A e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- Certificación de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
- Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente na forma e nos lugares indicados no apartado 5.1 das bases.
- Fase de solicitude
- Autorización da representación (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
A resolución de concesión finalizará en calquera caso, o 31 de decembro de 2022
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos e galegas de alto nivel (axudas DGAN 2022) (DOG nº 192 do 7 de outubro de 2022).
-
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL “AXUDAS DGAN 2022”
-
Outros procedementos relacionados
Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Legalización dos libros das entidades deportivas
Aberto todo o ano