Guía de procedementos e servizos

PR461A

Inscrición no proceso selectivo unitario de Auxiliar da Policía Local.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 18/03/2022 00:00 - 31/03/2022 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. O obxecto desta convocatoria é a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 129 postos de auxiliares de policía local dos concellos que a seguir se enumeran e a creación da listaxe de colaboración para a súa contratación.

A Cañiza (1)

A Estrada (4)

A Guarda (4)

A Illa de Arousa (1)

A Laracha (3)

A Pobra do Caramiñal (4)

Bergondo (2)

Cabanas (2)

Cangas (4)

O Carballiño (4)

Cedeira (4)

Gondomar (4)

Marín (3)

Meaño (1)

Melide (2)

Miño (2)

Moaña (6)

Mugardos (1)

Negreira (2)

Nigrán (8)

Noia (4)

O Barco de Valdeorras (2)

O Grove (6)

Ortigueira (2)

Outes (1)

Poio (7)

Rianxo (3)

Sada (3)

Sanxenxo (30)

Tomiño (2)

Vilagarcía de Arousa (5)

Vilanova de Arousa (2)

2. Ata a data final en que se publique a listaxe definitiva de persoas admitidas neste proceso, mediante publicación no DOG a través de resolución da Dirección Xeral da Agasp, pódense ampliar o número de postos e os concellos incluídos.

3. O presente proceso selectivo rexerase polo establecido nestas bases e para o non previsto observarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais; no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve; na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, e no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

O código do procedemento regulado nesta orde é PR461A.

Persoas aspirantes a Policía Local.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

Avenida da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206127

Email: selección.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal/es

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

18/03/2022 00:00 - 31/03/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto.

c) Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima establecida no artigo 53.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

d) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar a súa homologación.

e) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes e 1,60 metros no caso das mulleres.

f) Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que a persoa aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos durante o procedemento de selección, contratación e/ou permanencia na listaxe de reserva.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que é o anexo I desta orde.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Taxas.

1. Aboamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 26,99 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberá figurar a data e selo da entidade bancaria, co formulario de solicitude de inscrición no proceso selectivo determinará a exclusión no dito proceso da persoa aspirante, e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

Poderase tamén realizar o pagamento pola internet nas entidades financeiras autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.gal). Neste suposto, unha vez efectuado o pagamento, imprimirase o xustificante de ter aboado a taxa (modelo 730), que será o que se presente coa solicitude.

Tanto no caso do pagamento presencial como no do pagamento pola internet, os códigos que se deben cubrir son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Turismo Código 04

Delegación: Pontevedra Código 40

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública Código 19

Taxa: denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos de Policía Local de Galicia Código 30.03.04

En ambos os supostos, a presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

2.1. Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

2.2. Teñen dereito a una redución do 50 % do importe da taxa:

a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

b) As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación deberanse acreditar, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a seguinte documentación ou autorizando a Administración a comprobala:

– Copia do título oficial de familia numerosa, con carácter general ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e antigüidade como demandante de emprego.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Xustificante do pagamento da taxa administrativa devindicada pola tramitación da solicitude (código 30.03.04).

b) Titulo de familia numerosa, no suposto de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Certificado de Celga 3 ou equivalente.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes levará consigo a anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Título oficial non universitario exixido (graduado ESO ou equivalente).

d) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

e) Situación de desemprego (no caso de que lle sexa de aplicación).

f) Título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia (no caso de que lle sexa de aplicación).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 131 do 12 de xullo de 2016)

    • Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Corrección de erros.-Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2009)

    • Decreto 60/2010, do 8 de abril, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, en materia de uniformidade, acreditación e medios técnicos (DOG nº 75 do 22 de abril de 2010)

    • Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 89 do 12 de maio de 2010).

    • Corrección de erros.-Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 98 do 26 de maio de 2010).

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Orde do 14 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (DOG nº 53 do 17 de marzo de 2022).

    • Resolución do 11 de abril de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, convocado mediante a Orde do 14 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo) (DOG nº 73 do 18 de abril de 2022).

    • Resolución do 20 de abril de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliar de policía local convocados pola Orde do 14 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo), e se anuncian a data e o lugar de realización da primeira proba do proceso (DOG nº 77 do 22 de abril de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN690A

Habilitación - Modificación de entidades de certificación de conformidade municipal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204D

Queixa ou denuncia de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR461C

Inscrición no proceso de acceso por promoción interna, categoría de oficial de Policia Local.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59

PR461H

Inscrición no proceso de provisión por mobilidade, categoría de oficial de Policía local.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59