Guía de procedementos e servizos

IN690A

Habilitación - Modificación de entidades de certificación de conformidade municipal.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Sobre o procedemento
1. Este regulamento ten por obxecto establecer o réxime xurídico e o procedemento de intervención administrativa aplicables ao exercicio de actividades económicas e á apertura dos establecementos destinados a estas, e á organización e desenvolvemento de espectáculos públicos e actividades recreativas en cumprimento do mandato de desenvolvemento regulamentario contido na disposición derradeira sexta da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

2. Así mesmo, é obxecto deste regulamento o réxime xurídico das entidades de certificación de conformidade municipal, en execución da habilitación normativa contida na disposición derradeira sexta da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Son entidades de certificación de conformidade municipal as entidades dotadas de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar que, logo de cumpriren os requisitos establecidos neste título, desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Entidades dotadas de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Edificio Administrativo San Caetano s/n,

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545572

Fax: 981957192

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de comunicaciones comezará o día 29 de novembro de 2016.

1. As entidades que desexen actuar como entidades de certificación de conformidade municipal deben ter personalidade xurídica e plena capacidade de obrar segundo as normas do ordenamento xurídico que lles resulten de aplicación.

2. Así mesmo, deben dispoñer dos recursos humanos, materiais e financeiros necesarios para realizar as actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Presumirase que dispoñen dos devanditos recursos se xustifican o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Contar cunha acreditación como entidade de inspección tipo A conforme a norma UNE-EN ISO/IEC 17020 para as actividades de avaliación. Os organismos que vaian levar a cabo a actividade de control deberán obter a acreditación da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), organismo nacional de acreditación designado en virtude do Real decreto 1715/2010, do 17 de decembro, polo que se designa a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) como organismo nacional de acreditación de acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 765/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de xullo de 2008, polo que se establecen os requisitos de acreditación e vixilancia do mercado relativos á comercialización dos produtos e polo que se derroga o Regulamento (CEE) nº 339/1993.

b) Ter constituído como garantía patrimonial un seguro de responsabilidade civil de 1.000.000 €, de acordo coa lexislación aplicable, que deberá incluír a actividade da entidade e dos seus profesionais. Na cobertura do seguro contratado incluiranse, polo menos, todos os factores de risco asociados ás actividades obxecto das funcións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Esta cantidade poderá actualizarse anualmente por orde da consellería competente en materia de seguridade industrial.

c) Que o persoal técnico directamente responsable das actuación de certificación, verificación, inspección e control estea en posesión das titulacións universitarias oficiais de grao ou, de ser o caso, máster, en Arquitectura, Enxeñaría e Dereito, ou os seus equivalentes no sistema anterior de titulacións universitarias.

d) As actividades da entidade e do seu persoal son incompatibles con calquera vinculación técnica, comercial, financeira ou de calquera outro tipo que poida afectar a súa independencia e influenciar o resultado das súas actividades.

  • Comunicación segundo o Anexo III.

  • Certificado da acreditación de cumprimento da norma UNE-EN ISO/IEC 17020 (entidades de tipo A).

  • Xustificante da constitución do seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 1.000.000 euros, que deberá incluír a actividade da entidade e dos seus profesionais. Na cobertura do seguro contratado incluiranse polo menos os factores de risco asociados ás actividades obxecto das funcións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade das instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

  • Declaración do persoal tecnico directamente responsable das actuacións de certificación, verificación, inspección e control (anexo IV).

  • No caso de representación, documento que acredite a dita representación.

  • Escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade da entidade, debidamente inscritos, de ser o caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

  • A presentación da comunicación previa realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Administración autonómica, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das comunicacións previas será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica na normativa reguladora do procedemento administrativo.

  • As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na normativa básica do procedemento administrativo común das administracións públicas.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento administrativo, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • A sede electrónica da Administración autonómica ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa básica do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (DOG nº 247 do 27 de decembro de 2013).

    • Corrección de erros. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2014).

    • Corrección de erros. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (DOG nº 88 do 9 de maio de 2014).

    • Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR204D

Queixa ou denuncia de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR461A

Inscrición no proceso selectivo unitario auxiliar da Policía Local.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 03/03/2025 00:00 - 14/03/2025 23:59