Guía de procedementos e servizos

MR323C

Axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo en Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 28/09/2022 00:00 - 27/10/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, e convocalas para o ano 2022, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.12 Instalacións e equipamentos en común.

Estas axudas teñen como finalidade:

• Mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola.

• Reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

Código de procedemento: MR323C.

Gastos subvencionables.

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os sinalados no punto 5.a) do cadro de especificacións.

As condicións relativas á posibilidade de compensar os gastos subvencionables, así como a inclusión dos custos indirectos como gastos subvencionables, aparecen recollidas nos puntos 5.b) e 5.c) do cadro de especificacións, respectivamente.

2. O prazo temporal de referencia para identificar os gastos subvencionables será o indicado no punto 5.d) do cadro de especificacións. En todo caso, as referencias para o cómputo do prazo atenderán ao establecido polas normas que regulen a xestión dos fondos que financien a subvención e ao principio do límite da anualidade orzamentaria.

Con carácter xeral, a actuación ou o proxecto poderá iniciarse con anterioridade á convocatoria, salvo que no punto 5.d) do cadro de especificacións se indique que a axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador.

Sen prexuízo do anterior, a distribución por anualidades da subvención concedida farase atendendo ao ritmo de execución da acción subvencionada.

Existe efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento empresarial de modo que non se emprendería a actuación obxecto da solicitude sen a axuda, ou que só se emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación que se realizaría en calquera caso.

Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto ou actuación, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita a axuda poderá ser realizado con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando existe un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto. Entenderase por proxecto calquera dos investimentos ou gastos da actuación comprendidos na solicitude de axuda. Neste sentido, considérase que existe un compromiso en firme no caso da existencia dun contrato asinado ou oferta aceptada entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

De ser o caso, no punto 5.h) indicaranse as actuacións que non terán a consideración de inicio dos traballos.

O período durante o que se deben destinar os bens ao fin concreto, así como as regras en materia de amortización aparecen recollidos, respectivamente, nos puntos 5.e) e 5.f) do cadro de especificacións, cando así proceda.

3. Se é o caso, as empresas beneficiarias poderán concertar con terceiras persoas a execución das accións subvencionadas nos termos recollidos no punto 5.g) do cadro de especificacións, agás os gastos necesarios para realizar por si mesmas a actividade subvencionada.

Unicamente poderán acollerse a estas axudas os seguintes beneficiarios:

a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Deberán xustificar a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudo de viabilidade.

Permanecer na actividade durante 5 anos desde o pagamento da axuda.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540058

Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/09/2022 00:00 - 27/10/2022 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Requisitos para adquirir a condición de entidade beneficiaria.

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os requisitos sinalados no punto 4.a) do cadro de especificacións.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Con carácter xeral, aquelas que entren na categoría de empresa en crise definida no número 18 do artigo 2 do Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas, salvo que se especifique o contrario no punto 4.c) do cadro de especificacións.

Requisitos para obter a condición de beneficiario/a.

(...)

2. Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións reguladas na presente lei as persoas ou entidades nas que concorra algunha das circunstancias seguintes, salvo que pola natureza da subvención exceptúese pola súa normativa reguladora:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declarados insolventes en calquera procedemento, atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da que fosen declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que posúen a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos que regulamentariamente se determinen.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determine.

h) Ser sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a presente lei ou a Lei xeral tributaria. Non poderán acceder á condición de beneficiarios as agrupacións previstas no segundo parágrafo do punto 3 do artigo 8 da presente lei cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

3. En ningún caso poderán obter a condición de beneficiario das subvencións reguladas na presente lei as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos puntos 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación».

d) Aquelas en que concorran as circunstancias que se sinalan no punto 4.b) do cadro de especificacións.

e) As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 4.c) do cadro de especificacións.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), e na oficina virtual do órgano convocante que, de ser o caso, se indique no punto 10.c) do cadro de especificacións.

De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das empresas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2 letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As empresas realizarán as seguintes declaracións responsables, empregando para o efecto o formulario do anexo II:

a) As axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas, incluídas as axudas pola regra de minimis.

b) A veracidade de todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.

c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, agás as establecidas no punto 4.c) do cadro de especificacións.

d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Estar ao día nas obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

g) Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

h) Que pode, ou non pode, ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

i) Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

j) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a cal se solicita a axuda.

k) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

l) Conservar toda a documentación relativa á subvención segundo o establecido nos regulamentos de aplicación aos fondos que financian a axuda concedida durante o período indicado no artigo 26.c).

m) Estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

n) A actividade para subvencionar non causa un prexuízo significativo (do no significant harm) aos obxectivos ambientais nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088, e restante normativa de aplicación.

o) As demais que se sinalen no punto 10.a) do cadro de especificacións.

Documentación complementaria.

1. As empresas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria da actuación, conforme os requisitos previstos no punto 11.a) do cadro de especificacións.

b) As empresas que non figuren inscritas no Rexistro Mercantil presentarán a documentación acreditativa da súa válida constitución e do poder de representación das persoas que actúen no seu nome.

c) No caso de persoas traballadoras autónomas societarias, a documentación que acredite a participación en máis do 25 % da persoa solicitante na entidade.

d) A demais documentación indicada no punto 11.b) do cadro de especificacións.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola empresa interesada ante calquera Administración. Neste caso, esta deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de mediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa nos supostos en que o consentimento sexa un requisito legal.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á empresa a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das empresas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica, de conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Se a emenda deste defecto (presentación presencial) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución pola que desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2 letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As empresas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa, o que deberá ser especificado no punto 11.c) do cadro de especificacións, ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitarlles de maneira motivada que presenten unha copia autenticada electrónica.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo dos documentos e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 11.c) do cadro de especificacións.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo á concesión, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) NIF/DNI/NIE da entidade ou persoa representante.

c) Domicilio fiscal da entidade solicitante.

d) Constitución, estatutos e a información sobre as persoas que actúen na súa representación, no caso de solicitantes inscritos no Rexistro Mercantil.

e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante.

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Os indicados no punto 12.a) do cadro de especificacións.

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da empresa, ou da persoa representante para realizar a consulta.

As empresas ou as persoas representantes que se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo II e achegar os documentos pertinentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo ao pagamento, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas:

a) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 12.b) do cadro de especificacións.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

1. Todos os trámites administrativos que as empresas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 13.a) do cadro de especificacións.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2022).

    • Extracto da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2022).

    • Resolución do 4 de xaneiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 23 do 2 de febreiro de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano