Guía de procedementos e servizos

MR265B

Autorización e axuda para a subministración de produtos aos centros escolares

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 05/07/2022 00:00 - 20/09/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Regular a presentación, por parte dos centros escolares interesados, das solicitudes para acollerse as axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado, de acordo co disposto no Regulamento (UE) 2016/791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, polo que se modifican os Regulamentos (UE) 1308/2013 e (UE) 1306/2013 no que atinxe ao réxime de axudas para a distribución nos centros escolares de froitas e hortalizas, plátanos e leite, e no Regulamento (UE) 2016/795 do Consello, do 11 de abril de 2016, que modifica o Regulamento (UE) 1370/2013, polo que se establecen medidas relativas á fixación de axudas e restitucións en relación coa organización común de mercados dos produtos agrícolas, e os regulamentos que os desenvolven e complementan.

Período de subministración, calendario de distribución e racións.

1. A subministración dos produtos nos centros escolares farase durante un ou os dous seguintes períodos de repartición autorizados:

1º período: de novembro de 2022 a febreiro de 2023 (ambos incluídos).

2º período: de marzo a xuño de 2023 (ambos incluídos).

A distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo, para cada un dos períodos autorizados, durante dez (10) días lectivos consecutivos.

A distribución de leite líquido de consumo levarase a cabo, para cada un dos períodos autorizados, durante un mínimo de vinte (20) días lectivos consecutivos.

O órgano competente poderá autorizar unha variación dos días de distribución por causas xustificadas.

2. A ración máxima de consumo por alumno/a e día é de:

a) Froitas frescas e castañas: 0,17 kg.

b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa: 200 cc.

 Poderán solicitar a axuda os centros escolares que pertenzan aos niveis de ensino citados no artigo 2 desta resolución, que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia e reúnan os requisitos establecidos nesta resolución.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540071/ 981540079

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294454

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386942

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805442

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

05/07/2022 00:00 - 20/09/2022 23:59

1. Aqueles que queiran participar no programa escolar solicitarán a axuda ata o 20 de setembro de 2022 (incluído) e asumirán os correspondentes compromisos, segundo o disposto no artigo 8.1 desta resolución.

2. As solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

1. Para poder participar no programa escolar as persoas solicitantes deberán estar autorizadas nos termos establecidos no artigo 7 desta resolución, e asumir os compromisos que figuran no anexo II.

2. Para os efectos da aplicación da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, será persoa beneficiaria da axuda unha persoa solicitante que fose aprobada para participar no programa no curso escolar 2022/2023, de acordo co establecido nesta resolución.

A participación poderá ser suspendida por un período de un a doce meses, ou retirada, pola Dirección do Fogga, en calquera momento atendendo á gravidade da infracción, polo incumprimento dalgún dos compromisos asumidos pola persoa declarante ou pola existencia de irregularidades, logo de ponderar as circunstancias que concorran en cada caso. No suposto de retirada, transcorrido un período mínimo de, polo menos, doce meses, poderá concederse unha nova autorización, por instancia da persoa interesada, logo de valorar os antecedentes que motivaron a retirada da anterior.

3. Non poderá concedérselles a axuda a aqueles que estean incursos nalgunha das causas de prohibición que impiden obter a condición de persoa beneficiaria previstas na normativa aplicable en materia de subvencións.

4. Para os efectos de xustificar o cumprimento dos requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas solicitantes asinarán unha declaración de cumprimento dos ditos requisitos, que contén o anexo II desta resolución.

5. A ordenación e a instrución deste procedemento corresponderá á Subdirección Xeral de Xestión da PAC do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Presentación e tramitación da solicitude de autorización e axuda.

1. As persoas solicitantes de axuda que pretendan participar no programa deberán ser autorizadas pola Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Para estes efectos, presentarán o anexo II desta resolución no prazo establecido no capítulo II. Empregarase un anexo II para froitas frescas e castañas, e outro para leite.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. No caso de que os importes solicitados superen a contía das dispoñibilidades orzamentarias dun programa, estas distribuiríanse proporcionalmente tomando como referencia a media do importe por alumno e día na totalidade de solicitudes e tendo en conta que non se adxudicará a cada solicitante máis importe que o solicitado.

4. Unha vez efectuados os controis pertinentes, os servizos territoriais do Fogga validarán, a través da aplicación informática creada para esta xestión, as solicitudes presentadas, para que a Dirección do Fogga dite a correspondente resolución no prazo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación das solicitudes. Entenderanse estimadas por silencio positivo aquelas solicitudes de autorización que non sexan resoltas e notificadas no dito prazo e desestimadas por silencio negativo as solicitudes de axuda.

5. As persoas solicitantes da axuda que fosen aprobadas deberán comunicar ao Fogga previamente á repartición dos produtos calquera modificación que pretendan realizar na distribución dos produtos da súa solicitude de axuda (supresión dun dos dous períodos de repartición previstos, cambio da data de inicio da distribución, etc).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de autorización e axuda a seguinte documentación, segundo o grupo de produto:

a) Para o grupo de produto de froitas frescas e castañas: anexo II-A de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar.

b) Para o grupo de produto de leite líquido de consumo: anexo II-B de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación da solicitude de autorización e axuda consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 17 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2022).

    • Extracto da Resolución do 17 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2022).

    • Corrección de erros. Resolución do 17 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2022).

    • Resolución do 23 de setembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 17 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, e se convocan para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 191 do 6 de outubro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR205A

Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR265A

Participación no Programa Escolar.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59

MR265C

Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Tramitar en liña

Prazo pechado: Consultar as datas