Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR241C
Solicitude de asignación de dereitos de pago básico da reserva nacional.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Regular o procedemento e prazos para que os agricultores podan solicitar dereitos de pago básico da reserva nacional.
Agricultores/as con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia solicitantes da axuda do réxime do pago básico.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Agrícolas da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2-4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2022 00:00 - 25/05/2022 23:59
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2022, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o día 13 de maio, ambos incluídos, agás o previsto no punto seguinte.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, admitiranse solicitudes de axudas ata 25 días naturais seguintes ao da data de finalización do prazo establecido; nese caso e fóra dos casos de forza maior e circunstancias excepcionais, os importes reduciranse nun 1 % por cada día hábil en que se exceda a dita data. A redución mencionada neste parágrafo tamén será aplicable respecto da presentación de contratos ou declaracións e outros documentos ou xustificantes que sexan elementos constitutivos da admisibilidade da axuda de que se trate, segundo o previsto na normativa comunitaria. No ano en que se asignen dereitos de pagamento básico, esa redución será dun 3 % por cada día hábil en que se exceda a dita data para ese réxime de axudas. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.
En todos os casos:
Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es
Xeral:
Copia do DNI/NIE do solicitante no caso de persoas físicas que se opoñan expresamente á consulta dos datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
Copia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
Copia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as copias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Unha relación detallada de todas e cada unha das parcelas da explotación.
Específica:
Agricultores lexitimados para recibir dereitos de axuda ou para aumentar o valor dos dereitos existentes en virtude dunha sentencia xudicial firme ou dun acto administrativo firme: Copia de la sentencia o del acto administrativo firme.
Agricultores mozos e agricultores que comecen a súa actividade agrícola: Documento que acredite a data de alta na seguridade social, correspondente á actividade agraria que determinou a incorporación. A presentación deste documento poderá ser substituída por unha autorización ao Fogga para recadar directamente da Tesourería Xeral da Seguridade Social a certificación ou información que xustifique o desenvolvemento dunha actividade agraria e o inicio da mesma.
Agricultores que non tiveran acceso á primeira asignación de dereitos de pago básico en 2016 por causas de forza maior ou circunstancias excepcionais, nos casos 24.5.b) y 24.5.c) do Real decreto 1076/2014 do 19 de decembro:
Xustificante que acredite algunha das causas de forza maior ou circunstancias excepcionais relacionadas no anexo III, ou ben a non presentación da solicitude única en 2014 por causas atribuíbles á entidade colaboradora.
Ademais da documentación relacionada no anexo III do citado real decreto que proceda en cada caso, aportaranse os documentos xustificativos das causas de forza maior ou circunstancias excepcionais seguintes: Liquidación do seguro de responsabilidade civil por parte da entidade colaboradora e declaración xurada sobre a omisión cometida por parte da mesma.
Nota: Por petición do Fogga deberá presentarse calquera outra documentación xustificativa.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 20 do 31 de xaneiro de 2022).
-
Extracto da Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 20 do 31 de xaneiro de 2022).
-
Orde do 28 de abril de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 82 do 29 de abril de 2022).
-
Extracto da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 82 do 29 de abril de 2022).
-
Resolución do 5 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade da relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) financiadas ao 100 % polo Fondo EURI. (DOG nº 7 do 11 de xaneiro de 2023).
-
Resolución do 16 de xaneiro de 2023 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2022 (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2023).
-
Resolución do 27 de xuño de 2024 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 21 de xaneiro de 2022 (DOG nº 130 do 5 de xullo de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común (BOE nº 307, do 20 de decembro de 2014).
-
Real decreto 41/2021, de 26 de xaneiro, polo que se establecen as disposicións específicas para a aplicación nos anos 2021 e 2022 dos Reais decretos 1075/2014, 1076/2014, 1077/2014 e 1078/2014, todos eles de 19 de decembro, ditados para a aplicación en España da Política Agrícola Común (BOE nº 23 do 27 de xaneiro de 2021).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
-
Regulamento (UE) 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de decembro de 2020 polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os Regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1307/2013 no que respecta a os seus recursos e á súa aplicación nos anos 2021 e 2022 e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e a distribución da dita axuda nos anños 2021 e 2022 (DOUE núm. L/437 de 28 de decembro de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59