Guía de procedementos e servizos

MR239O

Recoñecemento como entidade colaboradora.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 01/02/2022 00:00 - 28/02/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Regular a solicitude para acceder á condición de entidade colaboradora recoñecida polo Fondo Galego de Garantía Agraria na captura das axudas da PAC que conforman a solicitude única a partir de 2015.

1. As entidades de crédito (bancos ou caixas de aforro) que teñan sucursais abertas ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As organizacións profesionais agrarias con implantación na Comunidade Autónoma.

3. As entidades de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) con data do 31 de xaneiro de 2022.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo de Axudas Gandeiras da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546270

Fax: 981546182

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/02/2022 00:00 - 28/02/2022 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde ata o día 28 de febreiro, incluído.

1. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispoñer de persoal cualificado e suficiente para prestar o asesoramento no ámbito da solicitude única de axudas da PAC e doutras solicitudes relacionadas con ela, desde o inicio do prazo de presentación ata o final do prazo de modificación da solicitude única ante posibles cambios tras os controis preliminares e os controis por monitorización.

b) Dispoñer de medios para o tratamento informático das solicitudes a través do programa de captura facilitado polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

c) Dispoñer de certificado dixital de usuario da entidade con sinatura electrónica avanzada para a realización do rexistro electrónico das solicitudes presentadas a través da dita entidade.

d) Cumprir o disposto no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os citados requisitos acreditaranse mediante declaración responsable.

- As entidades interesadas en adquirir a condición de colaboradoras deberán dirixir a súa solicitude, segundo o modelo do anexo IV, á persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria.

- Esta solicitude presentarase, conforme o indicado no número 3 do artigo 5, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento MR239O).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Neste procedemento os trámites administrativos posteriores ao de presentación das solicitudes deberán ser realizados a través da carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 20 do 31 de xaneiro de 2022).

    • Extracto da Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 20 do 31 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 5 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade da relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) financiadas ao 100 % polo Fondo EURI. (DOG nº 7 do 11 de xaneiro de 2023).

    • Resolución do 16 de xaneiro de 2023 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2022 (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2023).

    • Resolución do 27 de xuño de 2024 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 21 de xaneiro de 2022 (DOG nº 130 do 5 de xullo de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59