Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR239G
Cesión de axudas PAC/DR por cesión de toda a explotación agraria
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Regular os trámites para a cesión das axudas da solicitude única PAC/DR cando se produce a cesión de toda a explotación.
Persoas físicas ou xurídicas da Comunidade autónoma de Galicia que sexan cesionarias da totalidade dunha ou máis explotacións agrarias procedentes dunha persoa cedente que teña solicitadas as axudas da solicitude única na campaña.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Agrícolas da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2-4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22-1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59
Desde o día seguinte ao da publicación da presente orde ata o día 30 de setembro de 2022.
a) A persoa cedente presente, antes do 30 de setembro de 2022, unha comunicación, segundo o modelo do anexo V dirixida á persoa titular da Dirección do Fogga.
Xunto con esta comunicación, a persoa cedente deberá presentar:
– Documento de cambio de titularidade da ou das explotacións cedidas á persoa cesionaria conforme o regulado polo procedemento MR408C.
– Acordo de cesión asinado entre as persoas cedente e cesionaria segundo o modelo do anexo V-A.
– De ser o caso, documento de autorización de sinatura.
A documentación complementaria deberá presentarse conforme o indicado nos puntos 3 e 4 do artigo 11.
b) Se cumpran todas as condicións para a concesión da axuda respecto da explotación cedida.
As solicitudes e comunicacións iniciais deben ser realizadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Esta comunicación presentarase, conforme o indicado no número 3 do artigo 5, obrigatoriamente a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (procedemento MR239G).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Neste procedemento, os trámites administrativos posteriores ao de presentación desta comunicación deberán ser realizados a través da Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Documentación complementaria
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase electronicamente empregando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Comprobación de datos
Para o procedemento MR239G (Comunicación de cesión de axudas con cesión da explotación) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos:
– DNI/NIE da persoa cesionaria.
– NIF da entidade cesionaria.
– DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria, se for o caso.
– Datos da renda (IRPF) do último exercicio fiscal vencido no caso de que a persoa cesionaria sexa persoa física
– Declaración informativa anual de entidades en réxime de atribución de rendas do último exercicio fiscal vencido no caso de que a persoa cesionaria sexa persoa xurídica S.C. ou C.B.
En caso de oposición expresa ou denegación da autorización polas persoas interesadas para realizar a comprobación de datos, deberán achegar os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante, cesionaria ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 20 do 31 de xaneiro de 2022).
-
Extracto da Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 20 do 31 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 5 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade da relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) financiadas ao 100 % polo Fondo EURI. (DOG nº 7 do 11 de xaneiro de 2023).
-
Resolución do 16 de xaneiro de 2023 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2022 (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2023).
-
Resolución do 27 de xuño de 2024 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 21 de xaneiro de 2022 (DOG nº 130 do 5 de xullo de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59