Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN500B
Axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do Contract.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal de Galicia e do contract (código de procedemento IN500B) e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022.
2. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Proxectos subvencionables.
1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos de investimento realizados polas persoas beneficiarias descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción vinculados á transformación da madeira e os seus derivados, resina, cortiza, así como doutros produtos de orixe forestal, exceptuando os alimentarios, e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.
2. As empresas solicitantes poderán presentar, como máximo, un proxecto ao abeiro desta resolución. Os proxectos poderán incluír liñas de investimento independentes.
Investimentos subvencionables.
1. Para os efectos desta resolución, serán subvencionables:
a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de transformación de produtos de orixe forestal non alimentarios, así como para os procesos de secado e doutros tratamentos e acabamentos da madeira.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
c) Outros bens de equipamento novos que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
d) Implantación e certificación da cadea de custodia de produtos forestais, de normativas de calidade e de xestión ambiental, e implantación de plans de mellora da xestión empresarial.
e) Servizos, bens, equipamentos, tecnoloxías e obras de acondicionamento necesarios para a obtención de certificados ou selos de calidade e ambientais, marcas de garantía rexistradas, marcas colectivas rexistradas ou implantación da marcación CE de produtos de orixe forestal e condicionados á súa obtención dentro do prazo de xustificación da axuda.
f) Ensaios de caracterización de produto realizados conforme a normativa oficial por un laboratorio acreditado para a realización do ensaio.
2. Os investimentos deberán cumprir cos seguintes requisitos:
a) Realizaranse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Deben executarse dentro do prazo de xustificación recollido na convocatoria.
c) A persoa beneficiaria deberá adquirir en propiedade os bens obxecto de investimento. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser propiedade plena da persoa beneficiaria antes do remate do prazo de xustificación, debendo constar nese momento o pagamento das cantidades aprazadas.
d) En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
e) Os investimentos subvencionados deberán manterse durante un período mínimo de 5 (cinco) anos contados desde a data do último pagamento da axuda.
f) En ningún caso se admitirán pagamentos en metálico.
Investimentos non subvencionables.
1. Non serán subvencionables ao abeiro desta resolución:
a) Material funxible en xeral.
b) Envases e embalaxes, mesmo cando sexan reutilizables.
c) Obras de reparación de edificios, agás as que sexan necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
d) Equipamentos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten, agás os necesarios para a implantación da marcación CE de produtos de orixe forestal.
e) Equipamentos e medios de transporte.
f) Mobiliario de oficina.
g) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas pola persoa solicitante nin cos procesos de transformación de produtos de orixe forestal.
h) Os gastos de alugamento de instalacións e equipamentos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).
i) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.
j) As taxas por licenzas administrativas.
k) O imposto sobre o valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.
l) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.
m) Os xuros debedores.
n) Equipamento, maquinaria forestal e maquinaria de primeira transformación para traballos no monte.
Gastos subvencionables.
1. De acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada e se realicen dentro do prazo establecido na correspondente convocatoria.
2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro do ano da convocatoria e a data de xustificación recollida nela.
Pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, da industria forestal e do contract radicadas en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, 38 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995476
Email: xera.ceei@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
09/07/2022 00:00 - 08/08/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
1. Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira e os seus derivados, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. As persoas solicitantes da axuda, para acadaren a condición de beneficiarias, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta polo importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303– do último mes do ano, segundo proceda).
b) Deberán ter vixente, na data de publicación da convocatoria, un seguro de responsabilidade civil para as actividades propias da industria forestal e do contract e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais.
As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que dispoñen do seguro de responsabilidade civil vixente e, no suposto de ser exixible, do contrato de prevención de riscos laborais.
c) Deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dadas de alta nalgún código da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou dispor de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
3. Así mesmo, as persoas solicitantes con persoal contratado por conta allea en número igual ou superior a tres persoas traballadoras deberán ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos o 40 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, entendendo como tales as creadas dentro dos 18 meses anteriores á data de publicación da convocatoria, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 40 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento.
O persoal en réxime de autónomos non computará para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego recollidas nesta resolución.
Para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego, o persoal contratado a tempo parcial computarase porcentualmente ao tempo que conste no contrato de traballo ou na vida laboral da empresa.
4. Non poderán acadar a condición de persoa beneficiaria:
a) Aquelas persoas ou entidades solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas empresas que entren na categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Toda a información sobre este procedemento está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
3. Só se poderá presentar unha solicitude por empresa.
4. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración responsable da persoa solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas, para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Declaración responsable da persoa solicitante de todas as axudas suxeitas ao réxime de minimis percibidas nos tres últimos exercicios fiscais.
c) Declaración responsable de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.
e) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
f) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
h) Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
i) Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
j) Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.
k) Declaración responsable de que esta empresa cumpre coa normativa ambiental vixente.
l) Declaración responsable de que a distribución de persoas traballadoras na empresa é tal como se reflicte no cadro recollido no anexo I.
m) Declaración responsable de que se desenvolverán en Galicia as actividades do proxecto para o cal se solicita a axuda.
n) Declaración responsable de que ningún dos provedores está asociado nin vinculado coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
o) Declaración responsable de que a empresa conta cun seguro de responsabilidade civil para as actividades propias da industria forestal e do contract en vigor na data de publicación da convocatoria.
p) Declaración responsable de que a empresa conta, no suposto de ser exixible, cun contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, no caso de muller xerente ou directiva.
b) Anexo IV: memoria do proxecto que se vai realizar e das características da empresa para as cales solicita baremación. Neste sentido, só serán consideradas aquelas características debidamente consignadas no anexo.
c) Memoria asinada pola persoa solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV desta resolución. Na memoria indicarase obrigatoriamente a distribución por anualidades proposta polo solicitante.
d) Documentación xustificativa de acreditación da representación da empresa, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.
e) Documentación acreditativa dos requisitos previos:
1º. Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade, e certificación da situación censual, no caso de autónomos.
2º. Declaración da condición de peme, segundo os anexos III.1 Declaración relativa á condición de peme (cando o solicitante é unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas), III.2 Declaración relativa á condición de peme (para persoas xurídicas) e III.3 Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.
3º. No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:
– Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado de cada unha das empresas.
– Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta cada unha das empresas.
No caso de que nalgún dos réximes non haxa persoas traballadoras, deberá presentarse informe de encadramento do empresario no sistema da Seguridade Social ou documento oficial equivalente para acreditalo.
4º. Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 2.
– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe, ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
– Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.
– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303– do último mes do ano, segundo proceda).
5º. No caso de non autorizar a consulta do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), documentación que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria:
– Comunicación anual de datos ao Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
– Certificado de código CNAE ou calquera outro medio válido en dereito que o acredite.
6º. Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral da solicitante dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria en que solicite a axuda, tanto para o réxime xeral como para o sistema especial agrario. No caso de que nalgún deles non teña persoas traballadoras, debe presentar informe de encadramento do empresario no sistema da Seguridade Social ou documento oficial equivalente.
7º. Copia da declaración do imposto de sociedades da empresa, no caso de contribuíntes por este imposto, do último exercicio económico pechado na data de publicación da convocatoria.
f) Documentación relativa aos investimentos obxecto de baremación:
1º. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, de conformidade co disposto no artigo 12 destas bases.
2º. No caso de investimentos en maquinaria fixa e instalacións:
– Para investimentos de maquinaria fixa ou instalacións: planos de localización da industria e plano de planta coa distribución de edificacións, maquinaria e instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos que se van realizar. Os planos deberán estar asinados por técnico competente.
– No caso de instalacións que así o requiran: copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa, segundo proceda.
– Acreditación da presentación no concello da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento, establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da dita lei.
g) Documentación acreditativa das características da empresa obxecto de baremación:
1º. Para a xustificación do criterio do artigo 8.1.a): declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303– do último mes do ano, segundo proceda.
2º. Para a xustificación do criterio do artigo 8.1.b).1º: vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria en que solicite a axuda, tanto para o réxime xeral como para o sistema especial agrario. No caso de que nalgúns deles non teña persoas traballadoras, debe presentar informe de encadramento do empresario no sistema da Seguridade Social ou documento oficial equivalente.
3º. Para a xustificación das actividades formativas:
– Título, diploma acreditativo ou certificado de asistencia.
– Documentación acreditativa do contido da actividade formativa.
No caso de actividades formativas organizadas pola Axencia Galega da Industria Forestal, será suficiente coa presentación do informe de asistencia.
4º. Para a xustificación de dispor de sistema/s de certificación de cadea de custodia na data de publicación da convocatoria: certificado de cadea de custodia e documentación acreditativa da súa vixencia.
5º. Para a xustificación de empresas con muller xerente ou con funcións de dirección: escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores ou contrato de traballo a tempo completo e por tempo indefinido con funcións propias do cargo comunicado ao organismo público correspondente. Non se considerarán acreditadas as funcións directivas ou de xerencia mediante a presentación dun poder notarial.
6º. Para a xustificación de dispor de plan de igualdade voluntario, copia da solicitude de inscrición deste no Rexcon (Rexistro Administrativo de Acordos e Convenios Colectivos de Galicia).
7º. Para a xustificación de dispor de sistema de xestión da calidade na data de publicación da convocatoria: certificación expedida por entidade competente.
8º. Para a xustificación de dispor de sistema de xestión ambiental na data de publicación da convocatoria: certificación expedida por entidade competente.
9º. Empresas que dispoñan de marcación CE para algún dos produtos de orixe forestal que fabriquen: certificado de constancia das prestacións do produto, certificado de conformidade do control de produción en fábrica, informe do produto tipo ou xustificación de ter implantado e ter vixente un sistema de control da produción en fábrica, segundo proceda en función do sistema de avaliación e verificación da constancia de prestacións de aplicación.
2. Para que unha solicitude sexa válida, debe achegarse a seguinte documentación mínima:
a) Solicitude de axuda (anexo I), debidamente cuberta.
b) Anexo IV, Memoria dos investimentos que se van realizar, debidamente cuberta.
c) Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, segundo o disposto no punto 1.f).1º deste artigo.
As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.
3. A documentación achegarase en formato «.pdf» e será obrigatorio para a súa presentación seguir a estrutura especificada e nomear cada arquivo segundo a nomenclatura establecida no anexo XIV, Instrución respecto á nomenclatura da documentación presentada en fase de solicitude.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes recollido na respectiva convocatoria de axudas e ata que se dite a resolución no procedemento, non se admitirán modificacións relativas aos proxectos solicitados nin dos elementos que serán obxecto de baremación, sen prexuízo do dereito de desistencia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa solicitante.
c) IRPF da persoa solicitante.
d) DNI/NIE da persoa representante.
e) Alta no IAE ou certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
f) Certificados de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de concesións de subvencións e axudas polo réxime de minimis.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Consulta do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
k) DNI/NIE da muller xerente.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I e II, de ser o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. No caso de que a persoa solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
Tramitación.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Memoria asinada pola persona solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV
- Fase de solicitude
- Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica (Anexo III.3)
- Declaración relativa á condición de peme (persoas xurídicas) (Anexo III.2)
- Declaración relativa á condición de peme (persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas) (Anexo III.1)
- Solicitude (Anexo I)
- Memoria dos investimentos que se van realizar (Anexo IV)
- Comprobación de datos de terceiras persoas (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (DOG nº 130 do 8 de xullo de 2022).
-
Extracto da Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (DOG nº 130 do 8 de xullo de 2022).
-
Resolución do 7 de novembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contrac (DOG nº 216 do 14 de novembro de 2022).
-
Resolución do 19 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas e ás solicitudes non admitidas a trámite e desistidas no ano 2022, ao abeiro da Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Obtención/renovación do obradoiro artesán
Aberto todo o ano