Guía de procedementos e servizos

ED330G

Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 19/05/2022 00:00 - 22/06/2022 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2022/23, o procedemento:

- ED330G. Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solitario de libros de textos e axudas para adquir libros de texto e material escolar

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546521/ 881997385/ 981547301/ 881996513

Email: sxcentros@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

19/05/2022 00:00 - 22/06/2022 23:59

Esta orde terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de  2022.

A aceptación dos centros privados concertados da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, que se formalizará no modelo ED330G (anexo V), entre o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e o 22 de xuño de 2022 (ambos incluídos).

Solicitude segundo o Anexo V.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 95 do 18 de maio de 2022).

    • Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 95 do 18 de maio de 2022).

    • Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).

    • Extracto da Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT110A

Bolsas de formación en materia de arquivos.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 13/01/2026 00:00 - 12/02/2026 23:59

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330H

Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano