Guía de procedementos e servizos

CT402C

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 30/04/2022 00:00 - 30/05/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro, e convocar as ditas axudas para o ano 2022 (código de procedemento CT402C).

1. Poden ser beneficiarias das distintas modalidades das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, segundo a modalidade a que se presenten.

2. Poden ser tamén beneficiarias, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, segundo a modalidade a que se presenten.

3. Non poderán ser beneficiarias desta convocatoria de subvencións:

a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

b) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

http://www.agadic.gal

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

30/04/2022 00:00 - 30/05/2022 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. No obstante o anterior, unha vez esgotado o crédito na contía máxima fixada nestas bases, non se admitirán novas solicitudes aínda que a publicidade desta circunstancia se produza con posterioridade no a que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no portal web da Agadic: www.agadic.gal

1. Estas bases de subvencións comprenden as modalidades que seguen:

A. Artes escénicas.

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Inscrición de asistencia ou participación á feira ou mercado obxecto da solicitude.

– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa solicitante da subvención, mediante contrato ou declaración do titular da empresa.

Modalidade A.4: subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia, en espazos escénicos que non formen parte da Rede galega de teatros e auditorios, consistente na realización dun mínimo de cinco representacións, en ningún caso máis de catro representacións no mesmo espazo.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

B. Música.

Modalidade B.1: subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

Modalidade B.2: subvencións para a representación de espectáculos musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

Modalidade B.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Inscrición de asistencia ou participación á feira ou mercado obxecto da solicitude.

– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa solicitante da subvención, mediante contrato ou declaración do titular da empresa.

2. Todas as actividades para as que se solicita subvención deben desenvolverse entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación xeral.

1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación.

1.3. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e importe de subvención que se lle aplicará a cada un.

1.4. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromiso de non disolución durante o tempo de duración da actividade subvencionada.

1.5. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

1.6. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

b) Documentación específica.

2.1. Modalidade A.1, A.2, B.1 e B.2 (subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia e subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas e espectáculos musicais en feiras e festivais fóra de Galicia, respectivamente):

2.1.1. Ficha de distribución (anexo II).

2.1.2. Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.

2.2. Modalidade A.3 e B.3 (subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e musicais e fóra de Galicia).

2.2.1. Ficha de distribución (anexo II).

2.2.2. Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

2.2.3. No seu caso, contrato ou declaración asinada polo solicitante, da relación dos asistentes coa entidade.

2.3. Modalidade A.4 (subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma).

2.3.1. Ficha de contratación (anexo III).

2.3.2. Contrato de actuación.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 1, a Agadic poderá requirirlle á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedementos.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación do procedemento destas axudas consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 5 de abril de 2022 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 82 do 29 de abril de 2022).

    • Extracto da Resolución do 5 de abril de 2022 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 82 do 29 de abril de 2022).

    • Resolución do 7 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2022 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT115A

Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT116A

Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano