Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT238A
Axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta na epígrafe 476.1 Edición de libros do imposto de actividades económicas, e que conten cun departamento de edición en Galicia, antes do 1 de xaneiro de 2022, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT238A).
As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial galego, no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións, nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e distribuídas entre o 1.9.2021 e o 30.9.2022.
Para os efectos da presente orde considéranse gastos de edición, os de autoría, corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión e de impresión, dixitalización ou calquera outro gasto de similar natureza.
Distribución: transporte e calquera actuación que permita a chegada da obra ás canles de difusión, sexan físicas ou dixitais.
Comercialización: campañas de márketing e/ou publicidade en diferentes medios ou canles.
Só se financiarán os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a realización destes.
Polo menos a maquetación, a impresión e a distribución deberá estar realizada no período indicado no parágrafo segundo deste artigo.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2022.
Persoas físicas ou xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo do Libro e Publicacións
Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia - Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545804/ 981544845
Email: servizo-libro-publicacions.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
02/07/2022 00:00 - 01/08/2022 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
2. Non serán admitidas en ningún caso solicitudes presentadas fóra do prazo e da forma establecida nesta orde.
Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como anexo I.
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
A. Documentación de carácter xeral:
– De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da editorial solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
– Copia do último recibo do pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.
– Certificado de exención do pagamento do imposto de actividades económicas, emitido pola Axencia Tributaria, de ser o caso.
– Declaración responsable de exención do pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.
– Certificación de situación no Censo de Actividades Económicas da Axencia Estatal da Administración Tributaria, onde se acredite que a editorial dispón dun departamento de edición en Galicia, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022. Esta certificación so se debe achegar no caso de que a editorial teña o domicilio fiscal fóra de Galicia.
B. Documentación específica:
– Memoria explicativa do proxecto (máximo 3 páxinas por obra).
– Plan de distribución e comercialización do proxecto en España e/ou fóra de España.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) Alta no imposto de actividades económicas (IAE).
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Certificado de domicilio fiscal.
j) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
k) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
l) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación dos gastos (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2022, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 125 do 1 de xullo de 2022).
-
Extracto da Orde do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2022, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 125 do 1 de xullo de 2022).
-
Orde do 25 de outubro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación da Orde do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2022, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 207 do 31 de outubro de 2022).
-
Resolución do 24 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2022 (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.
Aberto todo o ano