Guía de procedementos e servizos

CT221A

Subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades realizadas no sector do libro.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 01/07/2022 00:00 - 31/10/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que establecen o procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega facilitando a súa participación en actividades do dito sector que se celebren no ano 2022. Código do procedemento CT221A.

Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia ás seguintes actividades realizadas no sector do libro: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas.

Fináncianse os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a súa realización.

2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2022.

Gastos subvencionables e excluídos.

1. Son subvencionables os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionable, resulten estritamente necesarios, se realicen no prazo establecido na presente orde e estean facturados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 12 de decembro de 2022 (incluído), sempre que exista crédito suficiente para o seu financiamento.

2. Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia a unha única actividade das celebradas no sector do libro establecidas no artigo 1 desta orde.

Para o establecemento da contía que se pode percibir en concepto de gasto de viaxe valorarase, exclusivamente, a xustificación documental dos gastos de aloxamento e transporte.

3. Quedan expresamente excluídos desta subvención os gastos de manutención ou calquera outro gasto que non se refira de xeito indubidable ao obxecto da subvención.

As persoas físicas, sexan autónomas ou non, escritoras, ilustradoras e tradutoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo do Libro e Publicacións

Edificio Administrativo San Caetano s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544810/ 981545804

Email: servizo-libro-publicacions.cultura@xunta.gal

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/07/2022 00:00 - 31/10/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación de esta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2022 (incluído).

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas físicas, sexan autónomos ou non, escritoras, ilustradoras e tradutoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que cumpran, ademais, todos os seguintes requisitos debidamente acreditados:

a) Terse inscrito, asistido e participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro e fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria.

b) Que acrediten o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

c) Ter publicado obra en Galicia como persoa escritora, ilustradora ou tradutora, para a cal se solicita a subvención, nos tres anos anteriores á publicación da presente orde.

2. Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como anexo I.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas físicas que sexan autónomas, e os seus representantes, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Os solicitantes como persoas físicas que non teñan a obriga de darse de alta como autónomos, opcionalmente, poderán presentar as súas solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. Coa solicitude deberase achegar copia da seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

b) Xustificante da inscrición na actividade obxecto da subvención.

2. Documentación acreditativa de que cumpre os requisitos establecidos no artigo 3 desta orde para poder ser persoa beneficiaria:

a) Que desenvolva o seu traballo no sector do libro como persoa escritora, ilustradora ou tradutora, achegando a seguinte documentación:

– Copia do último recibo do imposto de actividades económicas, certificado de exención, no caso de proceder, ou declaración responsable de tal exención.

– Copia da alta en autónomos, de ser o caso.

b) Ter publicada obra en Galicia e no sector para a que se solicita a subvención, nos tres anos anteriores á publicación da presente orde.

– Documentación en que conste o ISBN e o depósito legal dos títulos publicados nos tres anos anteriores á data de publicación desta orde. No caso de non ser posible achegar a dita documentación, terase que presentar un exemplar completo da obra publicada en soporte papel.

3. A documentación que se achegue coa solicitude debe vir obrigatoriamente nunha das dúas linguas oficiais de Galicia ou, noutro caso, acompañada da súa correspondente tradución, certificada pola persoa solicitante, que será responsable da súa veracidade.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Forma de presentación da documentación complementaria.

1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas físicas que sexan autónomas, e os seus representantes. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

– Os solicitantes que non teñan a obriga de darse de alta como autónomos, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

– As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

– Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

– No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial, dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborado polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante.

b) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

h) Alta no imposto de actividades económicas referido á epígrafe correspondente a persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras, de ser o caso.

i) Certificado de domicilio fiscal.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2022).

    • Extracto da Orde do 9 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2022).

    • Resolución do 3 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de xuño de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 48 do 9 de marzo de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano