Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT207A - Subvencións á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.
1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos convocadas para o 2022 (código de procedemento CT207A).
2. Para os efectos das presentes bases, enténdese como proxecto o conxunto das accións e actividades relacionadas coa produción audiovisual que realice a empresa produtora dentro do período subvencionable, ata conseguir unha copia stándard ou un máster dixital da obra audiovisual e desenvolver a súa promoción idónea dentro dos límites que marca a convocatoria.
3. Estas subvencións son incompatibles coas axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais e coas axudas ao desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se publiquen no mesmo ano da presente convocatoria. En todo caso, son incompatibles con outras axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o mesmo proxecto.
4. Porén, estas subvencións son compatibles con outras axudas para o mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas.
5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Nos anexos da presente resolución deberase cumprir a declaración das axudas percibidas polas persoas solicitantes.
7. A xestión destas subvencións realizarase polo procedemento de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.
c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.
8. Ao ser un procedemento de concurrencia competitiva, establécense nas bases da convocatoria os criterios de valoración que permitirán a prelación de solicitudes e deberán ser aplicados pola Comisión de Valoración nomeada para os efectos.
Gastos subvencionables .
1. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre a data da presentación da solicitude e a fin da data de xustificación establecida na presente convocatoria.
Considéranse gastos subvencionables os efectuados pola empresa produtora ata a consecución da copia estándar ou máster dixital, máis o derivado de determinados conceptos básicos para a realización e promoción idónea da obra, nos termos e cos límites establecidos nos puntos seguintes:
a) A remuneración do produtor executivo ata o límite do 5 por cento do importe subvencionable sinalado no proxecto presentado. Ademais, só se recoñecerá como custo a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa especificamente, sen prexuízo doutros, o de produción executiva.
Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e o produtor executivo, deberá acompañarse o contrato coa correspondente factura. Cando a relación sexa laboral deberá achegarse, xunto co contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da Seguridade Social.
Cando o obxecto do contrato do produtor executivo e/ou doutros traballadores, sexa xenérico para diversas películas que leve a cabo a empresa produtora, ratearase o seu custo en función da súa participación efectiva en cada unha delas.
Cando o persoal de cadro de persoal da empresa produtora realice funcións de produtor executivo sen un contrato específico, a súa remuneración imputarase ao capítulo de gastos xerais coas mesmas condicións de rateo.
b) Os importes derivados de xuros financeiros e gastos de negociación de préstamos formalizados con entidades financeiras ou de crédito para o financiamento específico da obra audiovisual estarán limitados ao 20 por cento do custo subvencionable presentado coa solicitude.
Así mesmo, estarán limitados ao 20 % do custo subvencionable do proxecto os xuros e gastos de xestión derivados de préstamos formalizados con intervención de fedatario público, con persoas físicas ou xurídicas non vinculadas coa empresa produtora, sempre que os ditos gastos queden suficientemente acreditados, e que os ditos xuros non superen en máis de dous puntos o índice de referencia do prezo oficial do diñeiro. No caso de que os xuros superen o dito límite, só serán admitidos os que non sobrepasen a dita contía.
En todo caso considerarase que existe vinculación nos supostos establecidos no artigo 68.2 do regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
c) Recoñeceranse gastos xerais ata o límite do 7 por cento do gasto subvencionable presentado no proxecto.
Deberá imputarse ao capítulo de gastos xerais o gasto relativo ao persoal do cadro de persoal da produtora que non teña contrato laboral específico para a película obxecto da subvención. O gasto do persoal pertencente ao cadro de persoal que teña subscrito un contrato laboral específico conforme a categoría laboral asignada, para a súa participación en varias películas que realice a produtora, ratearase en función da súa participación efectiva en cada unha delas, imputándose ao capítulo de equipo técnico.
Imputaranse ao capítulo de gastos xerais os relacionados coa subministración de auga e electricidade durante o período de rodaxe, cando se produzan no domicilio social principal da produtora.
Os gastos de locomoción, viaxes e hoteis fóra das datas de inicio e fin de rodaxe imputaranse ao capítulo de gastos xerais, salvo que se trate de gastos de localizacións, gastos de desenvolvemento de proxectos realizados dentro dos 6 meses anteriores á data de inicio de rodaxe e gastos de posprodución realizados ata a data máxima de xustificación da subvención, que se imputarán ao seu propio capítulo.
d) Recoñeceranse gastos de publicidade e promoción da película facturados á entidade solicitante, ata o límite do 40 por cento do custo subvencionable presentado no proxecto, e sempre que estes no teñan sido obxecto de subvención para a empresa distribuidora da película. No caso de que os ditos gastos teñan sido parcialmente subvencionados, poderán recoñecerse como subvencionables aqueloutros que no teñan sido obxecto de axuda.
e) Recoñeceranse os gastos de dobraxe e/u subtitulado e/ou tradución a calquera lingua oficial española, así como o gasto de tradución a unha lingua non oficial en España. Ademais, no caso de coproducións con empresas estranxeiras, admitirase o gasto de tradución á lingua do país ou países coprodutores.
f) Recoñecerase o gasto derivado da utilización dos soportes materiais necesarios para garantir a preservación da película, incluído o gasto da copia requirida para o cumprimento da obriga que incumbe ás persoas beneficiarias das axudas á produción. Así mesmo, recoñeceranse os gastos para a obtención das copias e adaptación a outros soportes sempre que estean destinados á exhibición en salas e que non fosen obxecto de subvención para a empresa distribuidora da película.
g) Admitirase o gasto derivado do informe especial emitido por un auditor de contas, cando sexa este medio o empregado para xustificar a subvención.
h) Serán subvencionables os gastos correspondentes a auga e electricidade producidos en locais ou instalacións directamente vinculados coa rodaxe, dentro deste período, e sempre que a dita vinculación se xustifique mediante a achega dos correspondentes contratos.
Cando os ditos gastos se produzan no domicilio social principal da produtora imputaranse ao capítulo de gastos xerais.
Así mesmo, serán subvencionables os gastos de telefonía producidos dentro do período de rodaxe, así como os correspondentes a unha única liña telefónica móbil realizados entre os 3 meses anteriores ao inicio da rodaxe e os 3 meses posteriores ao fin do mesmo, no caso de longametraxes e entre o mes anterior ao inicio e o mes posterior á fin da rodaxe, no caso de curtametraxes.
i) Consideraranse subvencionables os gastos de comidas realizados exclusivamente dentro das datas de inicio e fin da rodaxe e exclusivamente para o persoal adscrito ao proxecto nese período.
j) Serán subvencionables os gastos de posprodución realizados antes da solicitude de cualificación da obra audiovisual e facturados ata un mes despois da data de cualificación da mesma. Para estes efectos, entenderase por gastos de posprodución os relacionados coa montaxe, efectos visuais, música, produción e creación de imaxes sintéticas, posprodución de son, laboratorio, negativo en posprodución e títulos de crédito, así como os gastos de persoal, sempre que se acredite a súa vinculación a estes procesos.
A vinculación dos citados gastos coa película acreditarase indicando o título da mesma na factura.
k) Serán subvencionables os gastos relativos a escenografía e decoración facturados ata un mes despois da data de finalización da rodaxe, sempre que sexan gastos vinculados a esta, o que se acreditará mediante a descrición detallada do concepto e mención do título da película na factura correspondente.
l) Con relación aos gastos de viaxes e desprazamentos utilizando vehículo particular, aplicarase a contía establecida para a indemnización deste tipo de gastos no Decreto 144/2001, de 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, ou normativa que o substitúa.
m) Serán subvencionables os gastos derivados da utilización dos equipos e do material técnico propiedade da empresa produtora, sempre que se dedicasen á realización da película e unicamente pola parte proporcional do tempo utilizado nesta na cantidade correspondente ao dobre da que en concepto de amortización quede reflectida na contabilidade da empresa, de acordo coa normativa contable que resulte de aplicación.
2. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. En concreto, non serán computados como gasto subvencionable:
a) O importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.
b) Os gastos suntuarios, as gratificacións, as previsións de gastos, excepto os xuros dos préstamos, as valoracións e as capitalizacións.
c) Os gastos superiores a 40.000 euros, no caso de longametraxes, series e miniseries, e superiores a 2.000 euros no caso de curtametraxes, facturados por cada empresa vinculada á empresa produtora.
Os gastos iguais ou inferiores aos ditos importes facturados por empresas vinculadas serán computados como custo sempre que se realicen de acordo coas condicións normais de mercado, o que se xustificará mediante a presentación de tres ofertas, salvo que polas especiais características do gasto non exista no mercado suficiente número de entidades que presten o servizo ou subministren o ben de que se trate. En todo caso a facturación por parte das empresas vinculadas só será computado/a como gasto subvencionable logo de autorización da Agadic.
Non poderán fraccionarse os gastos correspondentes a unha mesma prestación ou servizo en diferentes facturas, nin realizarse sucesivos contratos con obxectos similares coa finalidade de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento do establecido neste punto.
Considerarase que existe vinculación nos supostos previstos no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para os efectos do establecido nesta letra, o informe de auditoría que presente a empresa produtora da película xunto á solicitude de pagamento deberá incluír unha relación detallada de todas as empresas vinculadas a esta.
d) A facturación realizada entre as empresas coprodutoras da película, salvo o disposto no punto seguinte para as coproducións con empresas estranxeiras.
3. Nas películas realizadas en réxime de coprodución con empresas estranxeiras, só se entenderá por importe subvencionable o importe da participación española, de acordo co disposto no artigo 14 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine.
Non obstante, admitirase a facturación realizada pola empresa coprodutora estranxeira correspondente a gastos que teñan sido facturados por empresas establecidas no seu país que non estean vinculadas á empresa produtora española e sempre que tampouco exista vinculación entre a empresa coprodutora española e a estranxeira.
A achega económica da produtora española nunha coprodución, a que fai referencia o mencionado artigo 14 do citado Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, xustificarase mediante a documentación acreditativa da transferencia bancaria ou calquera outro sistema de pagamento internacional legalmente recoñecido, efectuada a favor da empresa coprodutora estranxeira, a recepción pola súa parte e unha certificación desta comprensiva dos conceptos nos que foi aplicada acompañada das facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil. En ningún caso poderá aplicarse esta achega económica a pagamentos de persoal de nacionalidade do país coprodutor.
4. Só serán computados para efectos de xustificación os gastos que foran efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinataria a entidade beneficiaria e cuxo expedidor quede identificado neste, así como mediante nóminas que estean emitidas pola dita entidade. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse facturas ou documentos xustificativos acompañados da documentación acreditativa do pagamento.
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que conten cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano en ambos os dous casos. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da (UE) ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privada nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).
Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos por todas as empresas que a integran no momento da súa constitución. A agrupación non poderá disolverse ata que teña rematado o prazo de prescrición para o reintegro e as infraccións previsto polos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.
1. As persoas ou entidades solicitantes deberán:
a) Posuír os dereitos de propiedade intelectual do guión ou guións, obra literaria ou calquera obra previa que requira da obtención ou opción de compra sobre eles para a realización da obra audiovisual.
b) Ser a titular dos dereitos de propiedade da obra audiovisual na medida que sexan necesarios para a explotación e comercialización desta. Entenderase cumprido este requisito no suposto de que a titularidade dos dereitos sobre a obra se encontre distribuída entre as empresas coprodutoras desta.
2. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 por cento do proxecto audiovisual. Esta porcentaxe poderase reducir ata un mínimo do 10 por cento no caso das coproducións internacionais cando na produción da obra participen catro ou máis países.
3. Non poderán ser destinatarios das subvencións previstas nesta convocatoria as empresas produtoras que só teñan unha participación económica no proxecto de longametraxe.
4. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.
5. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077\ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Resolución do 10 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 59 do 25 de marzo de 2022).
Extracto da Resolución do 10 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 59 do 25 de marzo de 2022).
Resolución do 31 de xaneiro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 10 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2023).
Resolución do 7 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2022 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
26/03/2022 00:00 - 25/04/2022 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
1. Para poder ser persoa beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 das bases reguladoras. Aquelas solicitudes que sexan presentadas sen consignar os documentos que se consideran obrigatorios no dito artigo non serán admitidas a trámite.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
1.4. Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.
1.5. Especificamente, para os proxectos presentados á categoría B de coprodución internacional minoritaria:
1.5.1. Certificado da aprobación oficial da coprodución internacional por parte do país maioritario e contrato de coprodución entre as produtoras independentes participantes.
1.5.2. Resolución aprobatoria da coprodución, de conformidade co previsto no artigo 9 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/20017, do 28 de decembro, do cine, ou nos acordos internacionais subscritos por España. No seu defecto, acreditación de ter cursada a solicitude de aprobación da coprodución.
1.6. Contrato ou carta de compromiso dunha empresa prestadora do servizo de comunicación audiovisual, segundo a Directiva europea 2010/13/UE1, de Servizos de Comunicación Audiovisual, no caso dos proxectos presentados á categoría D.
Toda a documentación anterior terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión de solicitudes.
2. As persoas solicitantes deberán enviar, seguindo a mesma orde de numeración e nomenclatura, a seguinte documentación específica:
2.1. Datos identificativos do proxecto: título, xénero, versión lingüística orixinal da obra, formato de rodaxe ou gravación, orzamento total, empresa ou empresas produtoras, nacionalidades e porcentaxes de participación, responsables da produción executiva, guión e dirección, localizacións de rodaxe, localizacións de posprodución.
2.2. Memoria do proxecto, que deberá conter:
2.2.1. Descrición de intencións, por parte da persoa responsable da dirección, en canto ao tratamento formal e os aspectos creativos do proxecto.
2.2.2. Descrición, por parte da empresa produtora solicitante, dos seguintes aspectos:
a) Motivación, estratexia da produción ou coprodución, contribución do proxecto á evolución e posicionamento da compañía, achega á diversidade do panorama audiovisual, definición do público obxectivo.
b) Deseño da produción en canto ao elenco actoral e aos elementos técnicos e artísticos reflectidos no guión proposto.
c) Estratexia de lanzamento e difusión prevista para a obra audiovisual.
2.3. Sinopse argumental cunha extensión máxima de 500 palabras.
2.4. Guión da longametraxe (e/ou escaleta no caso das documentais). No caso das miniseries de ficción e series de ficción ou documentais para televisión e/ou plataformas deberá achegarse o guión do primeiro capítulo e a biblia completa do proxecto. No caso das series de animación, presentarase, como mínimo, o equivalente a 80 minutos de programación, mais o tratamento completo dos demais capítulos.
2.5. Historial creativo e profesional da empresa produtora en canto a obras producidas con anterioridade que se correspondan con algunha das categorías de proxecto especificadas nas presentes bases. No caso das compañías de recente creación poderase achegar o historial do/da profesional responsable da produción executiva do proxecto, sempre que exercese como tal en obras anteriores e así se reflicta nos títulos de crédito. Quedarán excluídos os formatos de contidos de entretemento. De ser o caso, xunto con cada obra producida deberá figurar:
2.5.1. Acreditación da presenza da obra en festivais, segundo a relación de seccións oficiais e certames recollidos no anexo IV das presentes bases.
2.5.2. Acreditación de obtención de premios á mellor película ou obra audiovisual en calquera categoría dalgún certame ou festival dos recollidos no anexo IV.
2.5.3. Acreditación de resultados oficiais de billeteira iguais ou superiores a 20.000 espectadores (para obras de ficción e animación) ou 2.000 espectadores (para obras documentais).
2.5.4. Acreditación de distribución internacional en salas de cine, difusión en TV nacional e internacional e difusión en plataformas VOD de repercusión internacional.
2.5.5. Acreditación de obras anteriores realizadas en coprodución internacional, con indicación da porcentaxe de participación no proxecto.
2.6. No caso dos proxectos presentados á categoría B de coproducións internacionais en réxime de participación minoritaria española, haberá que presentar a seguinte documentación relativa á compañía coprodutora maioritaria:
2.6.1. Acreditación da presenza de obras anteriores nas que tivese participado en festivais, segundo a relación de seccións oficiais e certames recollidos no anexo IV das presentes bases.
2.6.2. Acreditación de obtención de premios á mellor película en calquera categoría dalgún certame ou festival dos recollidos no anexo IV.
2.7. Documentación relativa ao/á director/a encargado/a da realización íntegra do proxecto sempre que exista un contrato definitivo, facendo constar, de ser o caso:
2.7.1. Acreditación da presenza de obras dirixidas con anterioridade que foran seleccionadas nalgún dos certames e/ou festivais recollidos no anexo IV.
2.7.2. Acreditación da obtención de premio á mellor dirección nalgún dos certames e festivais recollidos no anexo IV.
2.8. Relación daqueles autores/as e directores/as de equipo que poidan acreditar a súa participación mediante contrato ou carta de compromiso asinados, con indicación, de ser o caso, da súa vinculación laboral con Galicia, xunto a que se deberá achegar:
2.8.1. Contratos ou cartas de compromiso asinados. No caso do/da director/a, guionista produtor/a executivo/a deberán presentarse os contratos definitivos.
2.8.2. Historial profesional.
2.9. Relación de actores e actrices que participarán na produción con indicación das personaxes, existencia ou non de vinculación profesional con Galicia, contratos ou cartas de compromiso que acrediten a dita participación e os historiais profesionais correspondentes.
2.10. Relación das empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia e que participarán na produción, xunto coas cartas de compromiso asinadas que acrediten a dita participación.
2.11. Plan de financiamento.
2.12. Documentación que acredite en firme o financiamento previo co que conta o proxecto no momento da presentación da solicitude. Para efectos da dita acreditación do financiamento os contratos deberán ter data posterior ao 31 de decembro de 2019 ou estar acompañados dunha actualización ou addenda. Cando existan acordos con empresas públicas de televisión poderá achegarse a resolución oficial de participación ou compra de dereitos se non se dispón do contrato asinado.
2.13. Orzamento definitivo segundo os modelos publicados na páxina web da Agadic.
2.14. Voluntariamente poderase achegar:
2.14.1. Un plan de promoción e márketing elaborado por unha empresa ou profesional especializado/a.
2.14.2. Un enlace a un teaser do proxecto de non máis de tres minutos de duración.
2.14.3. Un enlace a unha presentación do proxecto, de non máis de tres minutos de duración, a cargo do/da director/a ou do/da produtor/a executivo/a deste.
2.15. Calquera outra documentación que a entidade solicitante considere pertinente para unha mellor defensa do proxecto.
3. Non se admitirán aquelas solicitudes que non veñan acompañadas da documentación de carácter xeral relacionada no punto 1 do presente artigo.
Con relación aos puntos 2.2, 2.3, 2.4, 2.5 e 2.7, o órgano instrutor comprobará a súa presentación pero non realizará a comprobación cualitativa do seu contido. A dita documentación tampouco poderá ser obxecto de modificación ou mellora ao longo da fase de instrución do procedemento previa á reunión da Comisión de Valoración.
Os documentos presentados en branco non se considerarán defectos emendables, senón que continuarán coa súa tramitación para efectos da instrución do expediente.
4. Achegaranse as seguintes declaracións responsables que se recollen no anexo I:
4.1. Que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) ao concorrer, como mínimo, dous dos requisitos que se relacionan:
a) Que teña como versión orixinal calquera das linguas oficiais en España. No caso das coproducións con empresas estranxeiras, a longametraxe poderá ter como versión orixinal algunha das linguas oficiais da Unión Europea.
b) Que o contido estea ambientado principalmente en España.
c) Que o contido teña relación directa coa literatura, a música, a danza, a arquitectura, a pintura, a escultura e, en xeral, coas expresións da creación artística.
d) Que o guión sexa adaptación dunha obra literaria preexistente.
e) Que o contido teña carácter biográfico ou, en xeral, reflicta feitos ou personaxes de carácter histórico, sen prexuízo das adaptacións libres propias dun guión cinematográfico.
f) Que o contido inclúa principalmente relatos, feitos ou personaxes mitolóxicos ou lendarios que poidan considerarse integrados en calquera patrimonio ou tradición cultural do mundo.
g) Que emita un mellor coñecemento da diversidade cultural, social, relixiosa, étnica, filosófica ou antropolóxica.
h) Que o contido estea relacionado con asuntos ou temáticas que forman parte da realidade social, cultural ou política española, ou con incidencia sobre eles.
i) Que no relato cinematográfico, un dos protagonistas ou varios dos personaxes secundarios estean directamente vinculados con esa mesma realidade social, cultural ou política española.
j) Que se dirixa especificamente a un público infantil ou xuvenil e conteña valores acordes cos principios e fins da educación recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, ou a norma que se é o caso a substitúa, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
4.2. Que a entidade solicitante é titular dos dereitos suficientes de propiedade da obra, de acordo co establecido no artigo 24.2 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, e coa presente convocatoria.
4.3. Que a entidade solicitante, ou de ser o caso, as empresas que integran a entidade xurídica solicitante, cumpren cos requisitos de produtor independente tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine.
4.4. Que o proxecto se adapta aos regulamentos específicos ou a algún dos convenios subscritos por España en materia de coprodución internacional cinematográfica, no caso dos proxectos da categoría B.
4.5. Que a entidade solicitante posúe un contrato ou carta de compromiso asinado cunha empresa prestadora do servizo de comunicación audiovisual relativa á participación no proxecto ou compra de dereitos de emisión da obra audiovisual, no caso dos proxectos da categoría D.
4.6. Declaración que especifique a lingua orixinal da rodaxe (galego ou outra) e, de ser o caso, a porcentaxe de utilización da lingua galega segundo os criterios de valoración do artigo 16 (máis do 50 % máis do 90 %).
4.7. Declaración na que conste a porcentaxe de días de rodaxe que se desenvolverá en Galicia.
4.8. Declaración da porcentaxe de utilización de estudos principais de animación que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia (no caso de proxectos de animación).
4.9. Declaración responsable coa relación de empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade en Galicia e interveñen na produción.
4.10. Declaración responsable que exprese a vinculación laboral con Galicia, cando se tivese dado nun mínimo de dous proxectos audiovisuais galegos ou baixo contrato cun mínimo de dúas empresas produtoras que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia dos seguintes profesionais, de ser o caso: director/a, guionista, produtor/a executivo/a, deseñador/a de personaxes e fondos, director/a de fotografía, compositor/a da banda sonora orixinal, montador/a, director/a de produción, responsable de son directo, responsable de arte e outros/as profesionais con responsabilidade de área que interveñen na produción.
4.11. Declaración responsable que exprese a vinculación laboral con Galicia, cando se tivese dado nun mínimo de dous proxectos audiovisuais galegos ou baixo contrato cun mínimo de dúas empresas produtoras que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia dos/das actores e actrices principais e non principais que participan na produción, de ser o caso.
4.12. Declaración na que conste que a obra será a primeira ou segunda película ou serie integramente a cargo da persoa responsable da dirección, de ser o caso.
4.13. Declaración na que conste que a dirección da obra estará integramente a cargo dunha muller, de ser o caso.
4.14. Declaración na que conste que a porcentaxe de mulleres que formarán parte do equipo segundo a relación proposta no punto 4.9 do presente artigo será superior ao 50 %, excluíndo a figura da directora.
4.15. No caso de proxectos das categorías D2, D3 e D4 (series de ficción, animación e documentais) declaración na que conste: porcentaxe de capítulos dirixidos integramente por unha muller, porcentaxe de capítulos dirixidos integramente e por un/unha director/a novel, creador/a da serie e porcentaxe de guións nos que este/a ter a autoría principal.
4.16. Declaración das obras que fosen estreadas e difundidas, producidas pola empresa solicitante ou pola persoa responsable da produción executiva na que conste o título, o formato e o ano de produción e, de ser o caso: presenza en festivais indicando en cales, premios obtidos á mellor obra audiovisual en calquera categoría, resultados de billeteira oficial nacional dun mínimo de 20.000 espectadores, segundo o cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou dun mínimo de 2.000 espectadores, no caso das documentais, distribución internacional en salas de cine, difusión nacional en canles de TV, difusión internacional en canles de TV e plataformas VOD. Non se incluirán os formatos de entretemento (programas) para TV.
4.17. Declaración das obras anteriores realizadas pola persoa responsable da dirección íntegra do proxecto que foron seleccionadas e/ou obtiveron premio á mellor dirección nalgunha sección dos certames e festivais que se recollen no anexo IV.
4.18. Declaración de que o proxecto tivo unha subvención para a escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos en anteriores convocatorias da Agadic, con indicación do ano da concesión, de ser o caso.
4.19. Para os proxectos da categoría B, declaración das obras que foran producidas pola empresa con participación maioritaria na que consten título, formato, ano de produción, presenza en festivais e categorías recollidos no anexo IV e/ou realizadas en coprodución internacional indicando os países, de ser o caso.
4.20. Declaración na que conste a porcentaxe de financiamento sobre o custo total do proxecto debidamente acreditada.
4.21. Declaración responsable de que a persoa beneficiaria adquire, coa obtención da subvención os seguintes compromisos:
4.21.1. Poñer en coñecemento, e coordinar coa Agadic, cun mes de antelación mínima a data da estrea da obra en Galicia, ben sexa en festivais galegos do audiovisual, en salas de cine ou en canles de TV ou plataformas VOD, segundo a categoría do proxecto subvencionado.
4.21.2. No caso das longametraxes cinematográficas, estrear a obra na súa versión orixinal nun mínimo de 5 salas de exhibición localizadas en Galicia, salvo nos casos de obras documentais, que se deberán estrear nun mínimo de dúas salas de exhibición galegas. As estreas non se terán que realizar de forma simultánea.
4.21.3. Informar a Agadic de todas as participacións da obra audiovisual nos certames e festivais que se relacionan no anexo IV cun mínimo de 15 días de antelación á súa celebración.
4.21.4. Manter a porcentaxe mínima de titularidade dos dereitos de propiedade da obra audiovisual que establece a convocatoria durante un período mínimo de tres anos contados desde a cualificación oficial desta, cando se trate dunha obra cinematográfica.
4.21.5. Recuperar os dereitos de propiedade da obra audiovisual cedidos a entes emisores, cando se trate de producións destinadas a canles de televisión e/ou plataformas dentro dos seguintes prazos: 7 anos se a participación do ente emisor se formaliza como prevenda e 10 anos cando a participación do ente emisor se formaliza como coprodución.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– NIF da entidade solicitante
– DNI ou NIE da persoa representante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesión de subvencións e axudas
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións a proxectos desenvolvidos por empresas de exhibición cinematográfica de carácter comercial.
Subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego.
Axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia.
Selección dunha entidade colaboradora para a xestión e organización das actividades do programa de desenvolvemento do polo de aceleración do sector de videoxogos para impulso do sector.
Proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para salas de exhibición cinematográfica.
Subvencións á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega.