Guía de procedementos e servizos

CO400D

Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia en materia de protección ás persoas consumidoras.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 04/02/2022 00:00 - 03/03/2022 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

1. As bolsas de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia en materia de protección ás persoas consumidoras teñen como obxectivo contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo.

2. As bolsas que se convoquen desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

3. O programa de formación incluirá as actividades de formación relacionadas coa defensa e protección ao consumidor e a arbitraxe levadas a cabo no ámbito de actuación do Servizo de Protección ao Consumidor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

4. Así mesmo, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia nomeará unha persoa titora responsable das actividades de formación que desenvolverá a persoa bolseira.

5. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de dez meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2022.

Non se concederán bolsas para suplir baixas ou renuncias por tempo inferior a un mes.

Número e dotación económica das bolsas.

O número de prazas convocadas será de dúas (2) que se adxudicarán de acordo co indicado no artigo 6 destas bases.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 € brutos por mes e por bolsa ata un máximo de 10 meses.

Titulados superiores en materia de consumo.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 545545/ 981 545416

Email: igc.xerencia@xunta.gal

http://consumo.xunta.gal

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

04/02/2022 00:00 - 03/03/2022 23:59

O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que expira o último día do mes.

Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada/o na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. Só se lles concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.

c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao, en dereito. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude

d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.

e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

g) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

h) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Estar ao corrente no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Debido á capacidade técnica das persoas físicas beneficiarias das presentes bolsas, que deben reunir a condición de tituladas universitarias, considérase que teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación académica oficial, na que conste a nota media do expediente académico da titulación universitaria coa que concorre.

b) Curriculum vitae, no que se relacionen os estudos cursados e, se é o caso, a experiencia profesional.

c) Documentos acreditativos de todos os méritos alegados no curriculum vitae.

d) Xustificante do pagamento dos dereitos de expedición da titulación correspondente, se é o caso.

e) Títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, se é o caso.

f) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola Sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante

d) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

e) Título/s universitario/s de licenciado ou grao. No caso de títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, será necesario presentar unha copia.

f) Certificado de estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvención.

g) Certificado de estar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao corrente de pagamento coa Atriga para percibir axudas ou subvencións.

i) Certificado do importe de prestación por desemprego, percibidos a data actual.

j) Certificado de situación actual de desemprego.

k) Certificado da condición de bolseiro.

l) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen, mediante a tramitacións anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de protección ás persoas consumidoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 23 do 3 de febreiro de 2022).

    • Extracto da Resolución do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen, mediante a tramitacións anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de protección ás persoas consumidoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 23 do 3 de febreiro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CO401A

Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.

CO401B

Denuncia en materia de consumo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN105A

Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CO400A

Axudas, en réximen de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 24/09/2019 00:00 - 23/10/2019 23:59