Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS321A
Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
2. O código de procedemento administrativo é BS321A.
Convocatoria e concesión.
1. A Consellería de Política Social e Xuventude convoca estas axudas para o ano 2022. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non ser necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas, concedéndose a todas aquelas persoas solicitantes que reúnan os requisitos esixidos no artigo 5. Se o orzamento previsto na orde non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación.
2. No momento en que se esgote o crédito orzamentario, a Consellería de Política Social e Xuventude publicarao no Diario Oficial de Galicia e na páxina web: http://xuventude.xunta.es. A partir dese momento non se admitirán novas solicitudes.
Gasto subvencionable e contía da axuda.
O gasto subvencionable é a suma a tanto alzado de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B; de 650 euros para o permiso de clase C e de 1.300 euros para o permiso de clase D.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de dous ou dos tres permisos obxecto da orde.
Persoas mozas residentes en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro s/n - Planta baixa
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545664
Email: xuventude.programas@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/09/2022 00:00 - 28/10/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:
a) Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/os carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo recollido no artigo 5.d).
b) O/os certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida no artigo 5, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
A concorrencia dos demais requisitos esixidos no artigo 5 será obxecto de comprobación automática, conforme se recolle no artigo 9 desta orde.
c) Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación para a obtención do/dos permiso/s de conducir obxecto da solicitude).
d) Anexo III (cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultado inmediato).
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante. No caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano, deberá achegarse coa solicitude o certificado indicado no artigo 8.1.b).
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.
g) Permiso de condución clase B, clase C e/ou clase D da persoa solicitante. No caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/os carné/s obxecto da solicitude, pero o documento aínda non fose expedido, deberá achegarse coa solicitude a autorización temporal para conducir indicada no artigo 8.1.a).
h) Comprobación de estar inscrita e ser beneficiaria no SNGX.
i) Comprobación da obriga prevista no artigo 15.b), no ficheiro do SNGX.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas solicitantes a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2022).
-
Extracto da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2022).
-
Corrección de erros. Extracto da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Incorporación ao consello asesor e consultivo de xuventude de Galicia.
Aberto todo o ano
Certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude.
Aberto todo o ano
Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa servizo de voluntariado xuvenil.
Prazo pechado: 16/01/2025 00:00 - 17/02/2025 23:59
Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: Axudas individuais de mobilidade para a mocidade galega
Prazo pechado: 31/08/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59