Guía de procedementos e servizos

AU230G

Declaración de carga contaminante.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Mediante este modelo os suxeitos pasivos do canon da auga e, no seu caso, do canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores solicitan a Augas de Galicia tributar na modalidade de carga contaminante ou, no caso de xa estar tributando nesta modalidade, solicitan que se revise o tipo de gravame nesa modalidade.

Suxeitos pasivos non domésticos que queiran tributar na modalidade de carga contaminante no canon da auga e, no seu caso, no canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 544968/ 981 544941

Fax: 981544534

Augas de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Todo o ano

- Declaración normalizada segundo Anexo VI

- Copia/s da/s resolución/s administrativa/s autorizando a vertedura de auga (no caso de que o órgano outorgante non sexa Augas de Galicia).

- Copia do/os informe/s analítico/s do/os vertido/s.

- Copia da última factura da auga (no caso de abastecerse a partir de entidade subministradora).

- Copia/s da/s resolución/é administrativa/s autorizando a captación de auga (no caso de que o órgano outorgante non sexa Augas de Galicia e non fose xa achegada xunto co modelo de "Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga- Anexo II")

- Esquema da liña de augas: Esquema gráfico xeral dos usos da auga, dos condutos de evacuación e da situación dos contadores (indique a súa situación seguindo a numeración dos condutos de saída en relación cos procesos e usos da auga)

Despois de presentar

Prazo de resolución:

1 ano

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).

    • Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2022).

    • Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).

  • Ámbito Estatal
Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano