Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR952A
Prazas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Establecer, mediante o procedemento con código PR952A, as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade de prazas para o CGTD, co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.
Deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Deporte de Pontevedra
Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra
Padre Fernando Olmedo, 1
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886159674 / 886159670 / 886157671
Email: cgtd@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
20/07/2021 00:00 - 19/08/2021 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución ao Diario Oficial de Galicia.
Poderán ser beneficiarios das prazas para deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todas aquelas persoas deportistas que no momento de faceren a solicitude cumpran os requisitos que se detallan a seguir:
– Ter nacionalidade española.
– Estar en posesión da licenza deportiva, na modalidade para a cal se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estea integrada na federación española.
Poderase valorar, segundo informe técnico da comisión de selección e como caso excepcional, o incumprimento deste requisito unicamente nas prazas de rendemento.
– Para os grupos de tecnificación, deberase pertencer a un club deportivo galego ou sociedade anónima deportiva dada de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, así como estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
– As persoas deportistas solicitantes de praza de tecnificación deberán ter ascendido de curso na convocatoria ordinaria de xuño 2021 ou na extraordinaria de setembro 2021 (non se considera o ascenso por imperativo legal). Excepcionalmente poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo ou xogos olímpicos.
Para o caso de que, derivado da situación excepcional ocasinada polo coronavirus (Covid-19), non se poida acreditar este requisito, as persoas solicitantes quedarán exceptuadas del.
Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas que concorren nalgunha das circunstancias establecidas a seguir:
– Non obter un «apto» na análise médica realizada polo equipo médico do CGTD previamente á formalización da matrícula.
– Ter un informe negativo da Dirección do CGTD e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da comisión de selección sobre o seu comportamento durante a súa estadía como bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante o curso inmediatamente anterior ao desta convocatoria.
– Ter sanción en firme por dopaxe.
– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE de 19 do febreiro de 1993).
– Ter sanción en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
Presentación de solicitudes.
1. As solicitudes deberán ser presentadas polas federacións deportivas galegas de modalidades olímpicas e paralímpicas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD das seguintes seccións: atletismo na especialidades de lanzamentos; bádminton; ximnasia acrobática, trampolín e artística; judo; karate; loita; natación pura e natación en augas abertas; natación artística; piragüismo en augas bravas (slálom); piragüismo en augas tranquilas; remo; taekwondo; tríatlon, e vela, presentando candidatos se contan cun grupo de tecnificación e/ou rendemento con deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 desta resolución e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Secretaría Xeral para o Deporte.
2. As solicitudes deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido como anexo I nesta resolución, xunto a cal se achegará o resto da documentación solicitada segundo o disposto no artigo (anexos II ao VI). O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web da Secretaría Xeral para o deporte, no enderezo https://deporte.xunta.gal
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das federacions presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, notificaráse á federación para que, nun prazo de dez días, emende os erros ou presente os documentos preceptivos. Unha vez que transcorra dito prazo sen que se produza a emenda, considerarase que desiste da súa petición.
5. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e o establecido para a súa emenda, publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e no seu taboleiro de anuncios as listaxes provisionais de admitidos, excluídos, con indicación da causa que orixina esta situación, e desistidos.
6. A presentación da solicitude para participar nesta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases que a regulan.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento e forma de presentación da documentación.
1. Para a valoración dos méritos, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación, segundo o solicitante:
Documentación Unidades
Anexo II - Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2021/22. 1
Anexo III - Proposta de equipo técnico. 1 por persoa
Documentación, a maiores do disposto no artigo 8, que deberá achegarse xunto co anexo III:
– Adestrador/a deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente (se é o caso).
– Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida ou ter ou ter tido a condición de DGAN.
– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.
Anexo IV - Adestrador responsable da sección deportiva. 1
*Anexo V - Adestrador responsable de grupo. 1 por persoa
Anexo VI - Valoración dos deportistas. 1 por persoa
* En caso de tratarse de adestradores de grupo.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– DNI ou NIE da persoa adestradora.
– Consulta de títulos oficiais universitarios da persoa adestradora.
– Consulta de títulos oficiais non universitarios da persoa adestradora.
– Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais da persoa adestradora.
– NIF da entidade solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– DNI ou NIE do/da presidente/a da federación.
– NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar após a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Persoa adestradora responsable da sección deportiva: declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade (Anexo IV)
- Proposta equipo técnico (Anexo III)
- Persoa adestradora responsable de grupo: declaración de coñecemento das súas funcións (Anexo V)
- Proxecto de tecnificación e/ou rendemento deportivo no CGTD para o curso 2021/22 (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
- Valoración técnica das persoas deportistas (Anexo VI)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 9 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2021/22, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 136 do 19 de xullo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 9 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2021/22, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 136 do 19 de xullo de 2021).
-
Resolución do 9 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para o grupo de tecnificación ao abeiro da Resolución do 9 de xullo de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 19 de xullo), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2021/22, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).
-
Resolución do 10 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para o grupo de rendemento ao abeiro da Resolución do 9 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2021/22, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).
-
Corrección de erros. Resolución do 9 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para o grupo de tecnificación ao abeiro da Resolución do 9 de xullo de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 19 de xullo), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2021/22, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Legalización dos libros das entidades deportivas
Aberto todo o ano