Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR949A
Subvencións a federacións deportivas galegas, clubs e sociedades anónimas deportivas, para a adquisición de equipamentos deportivos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
1. Por esta resolución procédese á segunda convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2021.
2. As bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos son as aprobadas a través da Resolución do 5 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR949A), que se publicou no DOG nº 24, do 5 de febreiro.
3. En todo o non disposto expresamente nesta resolución, para os efectos do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, haberá que aterse ao disposto na Resolución do 5 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR949A).
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas que non resultasen beneficiarias da concesión da subvención a través da Resolución do 5 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Plans e Programas
Servizo de Programación Deportiva e de Deporte en Idade Escolar
Rúa Madrid, 2-4, 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996362
Email: secretaria.deporte@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
17/09/2021 00:00 - 18/10/2021 23:59
Para a convocatoria do exercicio económico de 2021, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
1. Estas entidades, ademais dos requisitos xerais establecidos na normativa de subvencións, deberán reunir os seguintes requisitos.
– Figurar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia na data de publicación da convocatoria anual de subvencións.
– Ter actualizados os seus estatutos ás disposicións vixentes en materia deportiva.
2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Non obstante, non será necesario a presentación dunha nova solicitude por parte das entidades solicitantes ao abeiro da Resolución do 5 de xaneiro de 2021, cuxa solicitude fose desestimada con base na non dispoñibilidade de crédito desa convocatoria. Neste suposto, a Administración incorporará e tramitará de oficio aquelas solicitudes á presente convocatoria, notificándolle esta circunstancia ás entidades afectadas.
Dentro do prazo de presentación de solicitudes, as amentadas entidades poderán manifestar a súa desistencia ou modificar as solicitudes incorporadas de oficio pola Administración. Neste suposto será necesario a presentación dunha nova solicitude de acordo co anexo III.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación do órgano colexiado competente da entidade deportiva (anexo IV).
b) Memoria xustificativa (anexo V).
c) Acreditación da representación, se é o caso (anexo X).
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 179 do 16 de setembro de 2021).
-
Extracto da Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 179 do 16 de setembro de 2021).
-
Resolución do 29 de outubro de 2021, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda e as solicitudes con motivo de inadmisión, presentadas ao abeiro da Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021).
-
Resolución do 19 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a relación definitiva das entidades desestimadas e inadmitidas e a relación das entidades admitidas e baremadas, presentadas ao abeiro da Resolución do 6 de setembro de 2021 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 229 do 29 de novembro de 2021).
-
Resolución do 15 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se amplía o prazo de xustificación previsto na Resolución do 6 de setembro de 2021, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 242 do 20 de decembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.
Aberto todo o ano