Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR506B - Réxime de axudas á apicultura: Solicitude de cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia.
Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.
Finalidade das axudas, contías e límites .
1. Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:
a) Liña A. Asistencia técnica a persoas apicultoras e organizacións de persoas apicultoras. A esta liña só poderán optar as cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia (código de procedemento MR506B).
1º. Liña A.1. Contratación de persoal técnico e especialistas para información e asistencia a persoas apicultoras, e membros destas entidades apícolas, en aspectos de sanidade apícola, loita contra agresores da colmea, análises de laboratorio, cría e selección, optimización ambiental de explotacións e asesoramento global en produción e xestión apícola, así como en prácticas para a adaptación da apicultura ao cambio climático.
Cada cooperativa ou agrupación ou asociación apícola deberá designar un técnico como responsable da execución do programa de asistencia técnica, que necesariamente, deberá ser unha persoa licenciada en veterinaria. Para o caso do restante persoal técnico, as titulacións admitidas serán as recollidas no terceiro parágrafo do número 5 do artigo 6 da presente orde.
A axuda para a contratación de persoal técnico poderá ser de ata o 90 % do seu custo, cunha limitación de 27.000 euros por técnico, e o importe total non poderá ser superior ao valor de 1 euro por colmea rexistrada na correspondente cooperativa ou agrupación ou asociación apícola. Poderá subvencionarse a contratación de tantos técnicos como sexa necesario, atendendo á duración da contratación e a xornada de traballo establecida en cada contrato, e sempre que non se superen os citados límites.
En todo caso, o importe máximo da axuda nesta liña por cooperativa ou agrupación ou asociación apícola non superará os 54.000 euros.
2º. Liña A.2. Organización, celebración e asistencia a cursos de formación e formación continuada especialmente sobre as materias indicadas no punto anterior, para persoas apicultoras, persoal técnico e especialistas de cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, así como para o persoal de laboratorios apícolas de cooperativas, incluídos os desprazamentos.
Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo.
3º. Liña A.3. Medios de divulgación técnica, a través de folletos, catálogos e outras publicacións, así como de soportes audiovisuais e informáticos.
Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo.
4º. Liña A.4. Contratación de persoal administrativo.
Poderá subvencionarse ata o 90 % do custo da contratación de 1 persoa como administrativa, cun máximo de 0,5 euros por colmea rexistrada nas cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia e sen superar os 15.000 euros por cooperativa ou agrupación ou asociación apícola.
b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. Todas as axudas poderán ser solicitadas por persoas apicultoras e cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, incluíndo cooperativas de segundo grao.
1º. Liña B.1. Tratamentos quimioterápicos contra a varroase, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios, seleccionados e aplicados con base na correspondente prescrición veterinaria *.
Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo, cun máximo de 3 euros por colmea, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
(*) No caso de produtos exentos de prescrición veterinaria, o tratamento aplicarase conforme as indicacións recollidas na ficha técnica do dito produto.
2º. Liña B.2. Tratamentos contra a varroase autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios que sexan compatibles coa apicultura ecolóxica, seleccionados e aplicados sobre a base da correspondente prescrición veterinaria**, para aquelas persoas apicultoras que produzan de acordo coas condicións que establece o Regulamento 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de 2018, sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello.
Poderá subvencionarse ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 5 euros por colmea que sexa obxecto dalgún tipo de tratamento, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
(**) O uso de produtos compatibles con apicultura ecolóxica por parte das persoas produtoras de apicultura convencional será financiable baixo a medida B.1.
3º. Liña B.4. Uso de produtos autorizados para a alimentación das abellas co fin de mellorar a vitalidade da colmea e renovación e/ou purificación de cera. Esta liña subdivídese en:
a) Liña B.4.1. Uso de produtos autorizados para a alimentación das abellas co fin de mellorar a vitalidade da colmea. Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo co límite de 4 euros por colmea.
b) Liña B.4.2. Renovación e/ou purificación da cera. Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo, co límite de 6 euros por colmea.
As axudas para a liña B.4, só se poderán conceder a aquelas persoas beneficiarias das liñas B.1 e/ou B.2, e sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes das mencionadas medidas B.1 e B.2.
4º Liña B.5. Adquisición de trampas e atraentes para a captura, eliminación e control de Vespa velutina.
a) Liña B.5.1. Adquisición de trampas e atraentes para a captura e eliminación da Vespa velutina.
O número máximo de trampas e atraente subvencionables virá determinado polo número de colmeas da persoa apicultora en cada un dos asentamentos que posúa:
– 1 trampa en asentamentos de ata 10 colmeas.
– 2 trampas en asentamentos de ata 25 colmeas.
– 3 trampas en asentamentos de ata 50 colmeas.
– 4 trampas en asentamentos de máis de 50 colmeas.
Poderá subvencionarse ata o 100 % do custo das trampas e do atraente necesario para un período de catro meses, segundo as recomendacións do fabricante, cun límite máximo de 5 euros por trampa, e 12 euros polo atraente que necesita cada trampa.
b) Liña B.5.2. Adquisición doutros métodos de captura, eliminación, disuasión e control de Vespa velutina, como os fondos sanitarios, as reixas excluintes, sistemas de protección mediante redes, etc.
Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo, cun límite máximo de 3 € por colmea.
c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Esta liña poderá ter como persoas beneficiarias, para as medidas C.3 e C.4, tanto a apicultura estante como a transhumante.
1º. Liña C.1. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte. Material para o manexo das colmeas: guindastres, mallas de cobertura, cambio de colmeas para mellorar o seu rendemento, sistemas móbiles de extracción de mel e/ou pole, así como outros útiles e equipamento necesario para facilitar a transhumancia, a excepción de vehículos de transporte, combustible, produtos para a alimentación das abellas e cera. Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo.
2º. Liña C.2. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo.
3º. Liña C.3. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas, incluíndo a incorporación de marxes florais e barbeitos melíferos que inclúan especies florais beneficiosas para a actividade das abellas melíferas e outros polinizadores. Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo.
4º. Liña C.4. Cota do seguro de responsabilidade civil das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo cun límite de 0,5 euros por colmea asegurada.
d) Liña D. Medidas de apoio aos laboratorios de análise de produtos apícolas para axudas ás persoas apicultoras para comercializaren e valorizaren os seus produtos.
1º. Liña D.1. Contratación de servizos de análise do mel e dos produtos apícolas por apicultores profesionais (segundo os define a alínea g) do artigo 2 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación de explotacións apícolas) e por cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia; que se realicen en laboratorios acreditados pola Norma ISO 17025.
Poderá subvencionarse ata o 90 % do custo da contratación, cun límite de 1 euro por colmea e sen superar os 10.000 euros por cooperativa ou agrupación ou asociación apícola solicitante.
e) Liña E. Medidas de apoio á repoboación dos efectivos apícolas.
1º. Liña E.1. Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).
2º. Liña E.2. Adquisición de raíñas de razas e/ou subespecies autóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da medida anterior.
Para os 2 casos, poderá subvencionarse ata o 70 % do custo de actuación, cun límite máximo de 5 euros por colmea.
f) Liña G. Seguimento de mercado.
1º. Liña G.2. Realización de estudos de mercado ou elaboración de proxectos piloto sobre novos produtos apícolas e/ou novas formas para presentalos, por parte das entidades apícolas que acrediten unha dimensión significativa, expresada como volume de mel producido e comercializado e fixada, se for o caso, pola autoridade competente.
Poderá subvencionarse ata un importe de 10.000 euros por cooperativa ou agrupación ou asociación apícola cun límite máximo de 1 € por colmea.
2. Para o cálculo das axudas terase en conta o número de colmeas que os solicitantes teñen inscritas no Rexistro de Explotacións Apícolas de Galicia, segundo a declaración censual anual obrigatoria correspondente ao ano 2020.
No caso de que exista máis dunha declaración censual en Regan antes do 1 de marzo de 2021, para o cálculo das axudas terase en conta aquela cun maior número de colmeas.
3. Os gastos e investimentos obxecto da axuda e a súa xustificación, deberán ser realizados no período comprendido entre o 1 de agosto do ano anterior a esta convocatoria e o 31 de xullo de 2021, ambos inclusive, período de duración da campaña apícola de acordo co establecido no artigo 2 do Regulamento de execución (UE) nº 2015/1368 da Comisión, do 6 de agosto de 2015, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ás axudas ao sector da apicultura.
Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, na medida que os seus integrantes cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou algunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022 (no sucesivo, entidades apícolas).
1. Para poderen acollerse ás ditas medidas da axuda, as persoas apicultoras, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa apícola, organización representativa ou asociación de apicultores con personalidade xurídica propia, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren inscritas no Rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2021, fóra daquelas persoas titulares que adquirisen a dita titularidade ante o falecemento, xubilación ou incapacidade laboral da titular, sempre que a nova titular adquira a titularidade por sucesión, xubilación ou incapacidade laboral da anterior e sexa parente dela en, como máximo, cuarto grao. Así mesmo, exceptúanse do dito requisito os supostos de forza maior.
b) Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50 se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.
c) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e se regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
d) Disporen dun seguro de responsabilidade civil.
e) Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
f) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2020 antes do día 1 de marzo do ano en curso.
g) Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) segundo o recollido no artigo 7, punto 2 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril, e no artigo 6 do Decreto 339/2009, de 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas á persoa titular.
2. Para o caso das cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, para poderen ser beneficiarias a solicitude de axuda deberá incluír como mínimo 1.500 colmeas.
3. Unha mesma persoa apicultora só poderá ser beneficiaria da axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas colmeas, ben a título individual, ben como integrante dunha cooperativa apícola, organización representativa ou asociación de apicultores con personalidade xurídica propia. Deberá indicar na solicitude da axuda as liñas que solicita a través dunha cooperativa ou agrupación ou asociación apícola, de ser o caso.
Non obstante, as persoas apicultoras incluídas na solicitude de axuda presentada por unha cooperativa apícola, asociación ou organización representativas con personalidade xurídica propia, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda como integrante doutra cooperativa apícola, asociación ou organización representativas con personalidade xurídica propia.
De ser o caso, soamente se terá en conta esa persoa apicultora na solicitude da cooperativa ou agrupación ou asociación apícola que o inclúa como beneficiario naquela liña de axuda que ocupe o primeiro lugar atendendo á orde de prelación que se establece no artigo 9.1 desta orde de axudas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
EDIF. ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997016
Fax: 981545735
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
AVDA. Mª VICTORIA MORENO, 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Orde do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 99 do 28 de maio de 2021).
Extracto da Orde do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 99 do 28 de maio de 2021).
Orde do 2 de xullo de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2021).
Extracto da Orde do 2 de xullo de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2021).
Resolución do 22 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 192 do 5 de outubro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
29/05/2021 00:00 - 28/06/2021 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible (anexo II para o procedemento MR506B) na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), que será de uso obrigatorio para as persoas interesadas en aplicación do artigo 66.6 da Lei 39/2015.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións con personalidade xurídica propia e as persoas traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar opcionalmente a solicitude de forma presencial.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. Recibidas as solicitudes e a súa documentación, serán examinadas polo órgano xestor que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda ao solicitante, e concederalle un prazo de dez días, consonte o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Transcorrido este prazo sen que se producir a emenda ao expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.
5. A falsidade do declarado na solicitude determinará a imposibilidade de percibir, se é o caso, a axuda concedida desde o momento en que se teña constancia da falsidade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento: cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia (código de procedemento MR506B) .
A documentación complementaria presentarase obrigatoriamente por vía electrónica.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
As entidades apícolas (cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia ou calquera outro tipo de sociedade ou entidade) achegarán a solicitude coa seguinte documentación:
1º. Certificación do órgano competente en que se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela. Se actuar en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia. De non ser así, deberá acreditarse a representación conforme o artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2º. Certificación do órgano competente que acredite o desempeño actual do cargo.
3º. Acta de constitución da entidade apícola ou copia dos seus estatutos.
4º. Relación nominal de socios actualizada, en formato electrónico, concretamente nun arquivo excel que conteña os seguintes campos, de cada un dos socios:
– Nome e apelidos.
– NIF.
– Código Rega da explotación.
– Indicación expresa das persoas socias incluídas e colmeas afectadas para cada unha das liñas solicitadas, de ser o caso, en formato de folla de cálculo.
No caso de solicitar axuda para a liña C, deberán indicar, ademais, cales están aseguradas e especificar as que son estantes e as que son transhumantes.
No caso de solicitar axuda para a liña B.5.1 deberán indicar a cantidade de trampas e atraentes que solicita.
Todos os datos deberán ir en maiúsculas, sen acentos e os campos de tipo alfanumérico, sen espazos entre os caracteres.
5º. Copia do contrato e titulación do persoal veterinario e doutro persoal técnico titulado responsable da execución do programa sanitario de loita contra a varroase. Para poder realizar o cálculo da axuda correspondente todos os contratos deberán recoller o período de duración da contratación do persoal técnico, a xornada laboral contratada, e os importes desagregados por cada mes de traballo.
Para contratos subscritos en datas anteriores á de presentación da solicitude, no caso de que non recollan a información citada, esta deberá vir sinalada nunha certificación asinada polo representante legal ou persoa en que teña delegada a representación da cooperativa ou agrupación ou asociación apícola.
Para o caso doutro persoal técnico titulado, as titulacións admitidas serán as de veterinaria, bioloxía, enxeñaría agrónoma, enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría forestal, enxeñaría técnica forestal, técnica en produción agropecuaria, persoal técnico que dispoña da certificación de cualificación profesional da familia agraria en apicultura nivel 2 de acordo co Real decreto 1784/2011. Para outras titulacións será necesario presentar a documentación acreditativa da formación do persoal técnico que xustifique a experiencia no sector apícola, cuxa validez será sometida á valoración por parte do órgano colexiado recollido no artigo 10.
6º. Copia do contrato do persoal administrativo. Para poder realizar o cálculo da axuda correspondente todos os contratos deberán recoller o período de duración da contratación do persoal, a xornada laboral contratada, así como os importes desagregados por cada mes de traballo.
Para contratos subscritos en datas anteriores á de presentación da solicitude, no caso de que non recollan a información citada, esta deberá vir sinalada nunha certificación asinada polo representante legal ou persoa en que teña delegada a representación da cooperativa ou agrupación ou asociación apícola.
7º. Solicitude de autorización previa para a contratación das actividades subvencionadas a persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, de acordo co recollido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
8º. Nas axudas da liña de loita contra a varroase: declaración responsable do persoal veterinario de compromiso previo de execución e posterior xustificación do programa.
9º. Programa de actuación que pretende desenvolver para cada unha das liñas de axuda solicitadas: memoria descritiva de cada actuación onde figuren os datos das persoas apicultoras incluídas no programa ou liña de axuda, número de colmeas afectadas, descrición dos investimentos e finalidade deles, incluíndo orzamentos pormenorizados e/ou facturas pro forma dos investimentos. No caso de solicitar axuda para a liña C.4, para seren considerados válidos, os orzamentos ou facturas pro forma do seguro deberán desagregar as distintas coberturas, o custo que paga a cooperativa ou agrupación ou asociación apícola por cada unha delas e os prezos por colmea, no suposto de que inclúan coberturas distintas da responsabilidade civil das colmeas.
10º. Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar.
De acordo co artigo 29, número 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, de 40.000 euros para obras, ou de 15.000 euros para subministración ou prestación de servizos, a cooperativa ou agrupación ou asociación apícola beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben; agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse xunto coa solicitude da axuda, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
As empresas invitadas a presentar ofertas non poderán estar vinculadas entre elas e exixiráselles sempre unha declaración das empresas con que teñan vinculación. No expediente deberá deixarse constancia das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento.
Todas as ofertas teñen que estar detalladas e desagregadas de tal xeito que inclúan os mesmos elementos para seren comparables entre si. Os requisitos mínimos que deben cumprir os orzamentos ou facturas pro forma que se presenten son os seguintes:
– Identificación clara de que o documento é un orzamento ou unha factura pro forma.
– Razón social e NIF do solicitante da oferta.
– Razón social e NIF do provedor.
– Data de emisión.
– Desagregación detallada dos distintos conceptos orzados, de ser o caso, indicando o número de unidades e o prezo unitario.
– Deberá figurar o IVE, aínda que non se considere para efectos do cálculo do investimento elixible. Non é necesario que as facturas pro forma estean asinadas.
Cando se soliciten ofertas de orzamentos ou facturas pro forma en países intracomunitarios, deberá especificarse o tipo de IVE aplicado nese país ou, polo menos, se o importe inclúe ou non o IVE ou outro tipo de taxas. Dependendo desa información, procederase do seguinte modo:
– Se non inclúen o IVE, descontarase do orzamento a totalidade que corresponde en España.
– Se o IVE é menor do que corresponde en España, descontarase a diferenza.
– Se o IVE é maior do que corresponde en España, descontarase na súa totalidade.
Non obstante o anterior, independentemente da liña de axuda e do tipo de gasto subvencionable, en todos os gastos restantes, a cooperativa ou agrupación ou asociación apícola beneficiaria deberá contemplar igualmente un sistema de avaliación dos custos que permita á Administración comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables: comparación de ofertas, prezos de mercado, cotizacións de mercados nacionais, estimación por referencia aos valores recollidos en rexistros oficiais de carácter fiscal, ditame de peritos da administración, taxación pericial contraditoria e calquera outro medio de proba admitido en dereito.
11º. Xustificación do cumprimento dos puntos 4º, 5º, 6º e 7º do artigo 5:
– Dispoñibilidade dos terreos para a realización da transhumancia, así como permisos ou licenza das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos (autorización das obras e dispoñibilidade dos terreos), de ser o caso.
– Memoria explicativa da realización da transhumancia (resume e esquema da situación de orixe das colmeas e do destino onde se pretende realizar a transhumancia e datas probables do movemento), de ser o caso.
– Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.
– Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil en vigor e o xustificante bancario do seu pagamento. Na póliza especificaranse os nomes das persoas titulares de explotacións apícolas aseguradas, o código Rega destas explotacións, o número de colmeas aseguradas por cada persoa titular, para os efectos de comprobar o cumprimento do requisito recollido na alíena d) do artigo 3.2.
12º. Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nas alíneas b), f) e g) do artigo 9.2 desta orde:
– Certificación da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia en que se acrediten as persoas apicultoras socias da entidde apícola solicitante que pertencen á IXP na data 1 do xaneiro do ano de presentación da solicitude.
– Certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia en que se acrediten as persoas apicultoras socias da entidade apícola solicitante que pertencen ao consello regulador no 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
– Certificación da cooperativa apícola que acredite que as persoas apicultoras socias da cooperativa solicitante o son desde o 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
Non será necesario achegar os documentos dos números 1º, 2º e 3º que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante, só para o procedemento MR506A, ou NIF da entidade apícola solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante.
c) NIF da entidade apícola solicitante.
d) A información relativa ao titular, ao tipo e á clase de explotación, así como o número de colmeas (dimensión das explotacións acollidas á axuda).
e) A obriga de ter realizado polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e se regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
f) A validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) segundo o recollido no artigo 7.2 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril.
g) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitalas segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) A pertenza da persoa solicitante a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira legalmente recoñecida, así como a lista de persoas apicultoras integrantes dela, con indicación do seu NIF e número de rexistro de explotación agraria, serán comprobados de oficio polo órgano xestor da axuda mediante consulta realizada ao Rexistro Oficial de Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Galicia da Consellería do Medio Rural.
i) A condición de explotación de titularidade compartida para os efectos do establecido na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias e a condición de agricultor mozo. O órgano xestor comprobarao de oficio en ambos casos, mediante consulta realizada ao Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia-Reaga.
j) Documentación acreditativa de explotación apícola situada en zona desfavorecida na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, tal como se definen nos puntos 3 e 4 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE (equivalentes aos artigos 18 e 19 do Regulamento (CE) 1257/99, respectivamente), de acordo coa Directiva do Consello (86/466/CEE) do 14 de xullo de 1986, coa Decisión da Comisión (86/566/CEE) do 16 de outubro de 1989, coa Directiva do Consello (91/465/CEE), do 22 de xullo de 1991.
Os datos das alíneas d), e) e f) xa figuran en poder da administración, xa que é obrigatorio que os titulares de explotacións apícolas realicen a declaración censual anual no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de cada ano de acordo co artigo 4.3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, así como a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) segundo o recollido no artigo 7, número 2 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril. Serán comprobados de oficio polo órgano xestor mediante a consulta realizada ás aplicacións Regan e Ingan da Consellería do Medio Rural.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición no rexistro galego de explotacións avícolas artesanais.
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 1.1
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 2.1
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 2.2