Guía de procedementos e servizos

MR239O

Recoñecemento como entidade colaboradora

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 30/01/2021 00:00 - 01/03/2021 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Regular a solicitude para acceder á condición de entidade colaboradora recoñecida polo Fondo Galego de Garantía Agraria na captura das axudas da PAC que conforman a solicitude única a partir de 2015.

1. As entidades de crédito (bancos ou caixas de aforro) que teñan sucursais abertas ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As organizacións profesionais agrarias con implantación na Comunidade Autónoma.

3. As entidades de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) con data do 31 de xaneiro de 2021.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo de Axudas Gandeiras da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546270

Fax: 981546182

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

30/01/2021 00:00 - 01/03/2021 23:59

Desde o día da publicación da presente orde ata o día 28 de febreiro 2020, inclusive.

1. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispoñer de persoal cualificado e suficiente para prestar o asesoramento no ámbito da solicitude única de axudas da PAC e doutras solicitudes relacionadas con ela, desde o inicio do prazo de presentación ata o final do prazo de modificación da solicitude única ante posibles cambios tras os controis preliminares.

b) Dispoñer de medios para o tratamento informático das solicitudes a través do programa de captura facilitado polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

c) Dispoñer de certificado dixital de usuario da entidade con sinatura electrónica avanzada para a realización do rexistro electrónico das solicitudes presentadas a través da dita entidade.

d) Cumprir o disposto no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os citados requisitos acreditaranse mediante declaración responsable.

- As entidades interesadas en adquirir a condición de colaboradoras deberán dirixir a súa solicitude, segundo o modelo do anexo XII, á persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria.

- Esta solicitude presentarase, conforme o indicado no número 3 do artigo 5, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento MR239O).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Neste procedemento os trámites administrativos posteriores ao de presentación das solicitudes deberán ser realizados a través da Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).

    • Extracto da Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña (submedida 13.1) e en áreas distintas de montaña (submedida 13.2), cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG nº 42 do 2 de marzo de 2022).

    • Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se notifican as resolucións do presidente do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas á asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2021 e as resolucións pendentes da campaña 2017 (DOG nº 65 do 4 de abril de 2022).

    • Resolución do 19 de maio de 2022 pola que se dá publicidade á relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se poñen á disposición as resolucións das solicitudes reguladas ao abeiro da Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG nº 106 do 3 de xuño de 2022).

    • Resolución do 18 de xullo de 2022 pola que se notifican as resolucións do presidente do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas ás asignacións e denegacións complementarias de dereitos de pagamento básico da reserva nacional das campañas 2019 e 2021 (DOG nº 147 do 3 de agosto de 2022).

    • Resolución do 15 de febreiro de 2023 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría, reguladas na Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59