Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED013A
Participación no concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da consellería competente en materia de educación.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convocar concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación en colexios públicos de educación infantil e primaria ou de educación primaria (código de procedemento ED013A).
Vacantes que se convocan.
As prazas que se cubrirán neste concurso son as que aparecen no anexo III desta orde, e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo IV.
As prazas dos centros de orientación compartida (OC) solicitaranse co código do centro base que é o centro que aparece no primeiro lugar.
Tanto os departamentos de orientación únicos como os departamentos de orientación compartidos abranguerán no seu ámbito de actuación os centros que, se é o caso, se lles adscriban.
Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, no anexo III se relacionan os centros que previsiblemente terán adscritos no curso académico 2022-2023.
a) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en situación de servizo activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sempre que, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 12.1 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, transcorresen ao remate do presente curso académico polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.
Enténdese incluído o persoal funcionario de carreira desta consellería que estea en comisión de servizos fóra desta comunidade autónoma.
b) Así mesmo, poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres en expectativa de destino nun centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
c) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que, estando adscrito a prazas no exterior, deba incorporarse ao ámbito territorial de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no curso 2022-2023.
d) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que estea en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais.
e) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderán participar se ao finalizar o curso escolar en que se realice a convocatoria transcorrese un ano desde que pasaron a esta situación e dous anos desde que obtivo o destino definitivo en que lle foi concedida, se for o caso, a excedencia.
f) O persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres que superou o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo).
As persoas participantes no concurso por esta letra f) farano con cero puntos.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria
Edificio administrativo San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545495
Email: persoal.primaria@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
16/11/2021 00:00 - 07/12/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.
Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4 (Celga 4), ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ou ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da Escola Oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro ou o nivel Intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superasen a proba de coñecemento da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres.
Forma de participación.
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. (código de procedemento ED013A).
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. Documentación complementaria.
Non será necesaria a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico. Non obstante, o persoal concursante deberá proceder do modo que se indica a seguir:
2.1. Persoal concursante con expediente actualizado.
De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais que obren no expediente empregaranse na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de provisión de postos de traballo, de xeito que non é necesaria a súa xustificación.
O persoal concursante poderá verificar todos os méritos que constan no seu expediente mediante a lapela que permite o acceso ao expediente persoal desde a solicitude de participación no concurso de traslados específico. Así mesmo, na solicitude de participación do concurso poderá comprobar aqueles méritos que se consideran para os efectos de baremo desta convocatoria así como a puntuación total e por apartados, epígrafes e subepígrafes, de ser o caso, que se lle outorga.
Para estes efectos, a baremación das epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II é a outorgada pola Comisión de Valoración para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes. No suposto de estar de acordo coa puntuación outorgada deberá marcar a opción de «Acóllome ao baremo do último concurso no que participei» na solicitude de actualización do expediente non sendo necesario neste caso a presentación desta solicitude de actualización. No caso de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron ou, se con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas, deberá proceder segundo o establecido na subepígrafe 2.2.1 desta base para o persoal concursante sen expediente actualizado.
De estar conforme coa puntuación outorgada, o persoal concursante unicamente deberá presentar a solicitude de participación no concurso específico de acordo co establecido no punto primeiro desta base.
2.2. Persoal concursante con expediente sen actualizar.
No prazo de presentación de solicitudes establecido na base sexta desta orde, o persoal docente que participe no concurso específico e non teña o seu expediente actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A) excepto no suposto de que xa tivese presentada electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.
2.2.1. Alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II.
A baremación destas epígrafes é a outorgada pola Comisión de Valoración para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes.
No suposto de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron deberán marcar a opción de «Acóllome ao baremo, pero desexo alegar publicacións posteriores ao último concurso no que participei» na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberán presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa tivese presentada electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.
Se con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas epígrafes, deberá marcar na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente a opción de «Non me acollo ao baremo e quero voltar a alegar todo» e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberán presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa tivese presentada electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir. Neste concreto suposto, no procedemento código ED011A deberá achegar xunto coa solicitude toda a documentación para a que solicita baremación relativa a estas epígrafes.
No tocante á presentación dos arquivos electrónicos relativos á antedita documentación xustificativa deberá aterse aos requirimentos técnicos soportados pola sede electrónica da Xunta de Galicia, que poden consultarse na lapela Presentación: «Presentar documentación de gran tamaño: consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos» que figuran na guía de procedementos e servizos correspondente ao procedemento código ED011A.
2.3. Incorporación das novas alegacións ao expediente persoal.
A Comisión de Baremación será a competente para a verificación da documentación presentada no procedemento código ED011A e posterior incorporación ao expediente do persoal docente, sen prexuízo do establecido no artigo 6.1 da Orde do 2 de xuño de 2021 no relativo ás competencias de recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación do profesorado.
A nova baremación resultante dos méritos alegados reflectirase no baremo do concurso específico cando as novas alegacións sexan validadas, de ser o caso, pola Comisión de Baremación e poderá ser consultada polo persoal concursante na lapela Baremo existente na solicitude de participación do concurso.
3. Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de novembro de 2021 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG nº 219 do 15 de novembro de 2021).
-
Resolución do 29 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe/a do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG nº 68 do 7 de abril de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Procedemento para a integración no corpo de profesores de ensino secundario do persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Prazo aberto: 27/01/2023 00:00 - 19/01/2026 23:59
Procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso mediante concurso de méritos a corpos de persoal docente non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo pechado: 31/10/2022 00:00 - 21/11/2022 23:59
Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Prazo pechado: 01/09/2025 00:00 - 04/09/2025 23:59