Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU200B
Axudas para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en dirección hoteleira no estranxeiro.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Presidencia da Xunta de Galicia
Estas bases teñen por obxecto o outorgamento, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que teñan finalizados os estudos de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou Diploma Superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e vaian realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2019/20 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.
Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2019/20 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Profesionalización
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
Teléfono: 981542519 / 981542559
Fax: 981542590
Email: informacion.cshg@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/02/2020 00:00 - 11/03/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Para poder optar á concesión dunha axuda deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ser español ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes e queda excluído de concorrer a estas axudas quen se atope en situación de estadía.
2. Ter finalizados os estudos do Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou Diploma Superior de Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
3. Ter formalizada a matrícula para a realización de estudos complementarios para a obtención no curso 2019/20 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.
4. Posuír o nivel de idiomas requirido no centro en que se formalice a matrícula.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
– Acreditación de posuír o nivel de idiomas requirido no centro en que se formalice a matrícula. Os documentos que se acheguen deberán estar traducidos para o galego ou para o castelán por tradutor/a xurado.
– Copia do resgardo da matrícula nos estudos complementarios para a obtención no curso 2019/20 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro para os que se solicita a axuda.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– NIF da entidade representante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– Estudos realizados no CSHG.
– Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal.
– Certificados de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que a persoa solicitante ou beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase a persoa solicitante ou beneficiaria para que regularice a situación e presente por si mesma o correspondente certificado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase posterior
- Modelo de renuncia (Anexo III)
- Declaracións (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2019/20, e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (código de procedemento TU200B) (DOG nº 28 do 11 de febreiro de 2020).
-
Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2019/20, e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (código de procedemento TU200B) (DOG nº 28 do 11 de febreiro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) (bolsas ordinarias).
Prazo pechado: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59
Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) (bolsas excelencia académica)
Prazo pechado: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59
Bolsas para persoas galegas residentes no exterior para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia.
Prazo pechado: 25/07/2025 00:00 - 25/08/2025 23:59
Premios Galicia parabéns.
Prazo pechado: 25/01/2019 00:00 - 25/03/2019 23:59