Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU200D
Bolsas para persoas galegas residentes no exterior para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Presidencia da Xunta de Galicia
Lémbrase que existe a posibilidade de obter a Chave 365 para persoas non residentes en España. Solicite información de como facelo en info@cshg.es
O establecemento de bolsas de matrícula ordinaria, aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa e viaxe desde o país de residencia, en réxime de concorrencia competitiva, para as persoas galegas residentes no exterior que cursen as titulacións que imparte o CSHG no curso 2025/26.
O numero de bolsas será de:
- 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
- 12 bolsas Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería.
As bolsas supoñen:
- un desconto do 80 % no prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa segundo se reflicte na Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia, modificada por Orde do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 110, do 7 de xuño).
- unha axuda para a viaxe desde o país de residencia do alumnado por unha contía máxima de 500,00 €, se procede dun pais de Europa, ou de 1.000,00 €, se procede dun pais do resto do mundo.
Persoas galegas residentes no exterior.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Profesionalización
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542559/ 981542593
Email: informacion.cshg@xunta.gal
http://www.cshg.gal
Lémbrase que existe a posibilidade de obter a Chave 365 para persoas non residentes en España. Solicite información de como facelo en info@cshg.es
Prazo de presentación: ABERTO
28/02/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de abril de 2025.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Requisitos xerais.
Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ter entre 18 e 30 anos (incluídos).
2. Estar en posesión da nacionalidade española.
3. Residir fóra de España.
4. Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
5. Estar vinculado/a a Galicia dalgún destes xeitos:
• Ser persoa emigrante nacida en Galicia.
• Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
• Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia.
6. Ter solicitada a pre-admisión no curso 2025/26 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes destas bolsas.
7. Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas e titulación.
1. Para estudos de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras:
• Homologación do título de bacharelato.
• Vinculación con Galicia (persoa emigrante nacida en Galicia ou que residise en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar ou fillos/as dunha persoa nacida en Galicia ou netos/as, bisnetos/as e demais descendentes dunha persoa nacida en Galicia).
2. Para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría:
• Acreditar 6 meses de experiencia laboral en hostalaría e/ou estudos en cociña de nivel básico ou medio.
• Vinculación con Galicia (persoa emigrante nacida en Galicia ou que residise en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar ou fillos/as dunha persoa nacida en Galicia ou netos/as, bisnetos/as e demais descendentes dunha persoa nacida en Galicia).
Presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As persoas potencialmente beneficiarias das bolsas pertencen a colectivos de persoas físicas cuxa formación e capacidade técnica permite concluír que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para relacionarse por este medio co sector público autonómico.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As persoas solicitantes deberán declarar responsablemente, consonte a declaración do anexo II.
a) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
b) Que se comprometen a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.
c) Que, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, solicitaron e/ou se lles concederon outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos que financien o custo da matrícula solicitada, ou non.
d) Que non están incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e) Que non están incursas en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Que están ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
h) Que solicitaron a pre-admisión no curso 2025/26 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes destas bolsas.
Documentación complementaria.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española para as persoas solicitantes que non teñan DNI (documento nacional de identidade español).
b) Documentación acreditativa da residencia actual fóra de España.
c) Documentación xustificativa de ter residido fóra de España durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
d) Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia, segundo o caso:
1º. Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.
2º. Persoas non nacidas en Galicia, pero que residiron en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/dos concello/s galego/s onde residiron.
3º. Descendentes por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia: certificados de nacemento ou libros de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa nacida en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.
e) Se a solicitude é para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, deberán achegar o título de bacharelato homologado.
f) Se a solicitude é para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría, deberán acreditar seis (6) meses de experiencia laboral en hostalaría, mediante certificado do organismo público competente do país ou certificado emitido pola empresa onde prestaron os servizos, ou achegar un certificado de estudos en cociña de nivel básico ou medio.
g) Orzamento da viaxe de ida desde o país de residencia da persoa beneficiaria a Santiago de Compostela. As viaxes en avión desde o país de residencia serán, en todo caso, con destino e orixe nun aeroporto de Galicia.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para persoas galegas residentes no exterior para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2025/26 (DOG nº 40 do 27 de febreiro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para persoas galegas residentes no exterior para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2025/26 (DOG nº 40 do 27 de febreiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Axudas complementarias no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59