Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR807A
Axuda para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais (Programa I).
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Economía, Emprego e Industria ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo ao seguinte:
Programa I (TR807A). Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais.
Finalidade.
Será a de facilitarlles axudas económicas ás organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para as actividades ordinarias que lle son propias e que se desenvolvan no ano 2020.
Actividades subvencionables.
Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións ordinarias e habituais realizadas polas organizacións sindicais que impliquen o normal desenvolvemento das funcións que lles son propias.
As organizacións sindicais solicitantes a que se refire o artigo 1.2 desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957752
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
17/01/2020 00:00 - 17/02/2020 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Para este efecto entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no DOG.
3. Se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
4. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e nesta orde. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de conformidade co previsto no artigo 19.2 da Lei de subvencións de Galicia, axustándose a repartición aos criterios que se establecen nesta orde.
2. Non poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde aquelas entidades que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Non serán subvencionables os gastos financeiros, os derivados de actividades de asesoría financeira e os gastos notariais e rexistrais, nin os gastos derivados da compra de equipamentos informáticos nin de calquera outro tipo de investimento que supoña un incremento patrimonial.
4. Os gastos derivados de actividades de asesoría xurídica só serán subvencionables nos casos en que o asesoramento estea referido a actividades sindicais. Para estes efectos serán actividades subvencionables todas aquelas accións en que ese asesoramento se realiza en nome e/ou representación da entidade solicitante para a defensa das persoas traballadoras ás cales representa en todo tipo de procedementos xudiciais e extraxudiciais.
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexo I e/ou anexo II) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.
a) Acordo do órgano reitor competente, debidamente acreditado, polo que se decida solicitar a subvención.
No caso de que unha federación ou confederación efectúe a solicitude da subvención en nome doutros sindicatos con representatividade, deberán xuntar documentación acreditativa na cal conste a autorización dos sindicatos para que a confederación a solicite no seu nome.
b) Memoria explicativa da actividade ou actividades desenvolvidas ou que vaia desenvolver a organización sindical ou o seu gabinete técnico, e sobre o plan de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, segundo o tipo de axuda que se solicite. En todo caso, as actuacións corresponderán ao ano 2020 e deberán constar de xeito detallado e específico.
c) Poder suficiente que acredite a representación da persoa que actúe en nome da organización sindical solicitante.
d) As organizacións sindicais solicitantes das axudas relativas ao programa II, ademais de achegar a documentación anterior, deberán acreditar que teñen a condición de intersectoriais.
e) Cando se trate de axudas para o funcionamento de gabinetes técnicos, tamén se deberá xuntar copia cotexada dos contratos de traballo do persoal adscrito ao gabinete e os documentos expedidos pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social que acrediten a súa alta, así como a realización dunha xornada a tempo completo como persoal traballador da central sindical solicitante.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para a cotexo da copia electrónica presentada.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de débedas expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de débedas expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de débedas expedido pola Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración doutras axudas (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2020).
-
Extracto da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2020).
-
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
-
Resolución do 17 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 2020) (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59