Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR780A - Subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais.
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e efectuar a convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia no marco do AFEDAP.
Gastos subvencionables .
1. Serán subvencionables os gastos directamente destinados ao desenvolvemento da actividade formativa programada, incluíndo os desprazamentos da persoa que imparta a docencia.
Terán, así mesmo, a consideración de gastos subvencionables os materiais didácticos e complementarios necesarios para o desenvolvemento da actividade formativa.
Na memoria da actividade formativa incluirase a previsión do custo da actividade formativa, desagregado pola natureza do gasto, debendo ter en conta o seguinte:
a) O custo dos gastos subvencionables non poderá superar o valor de mercado.
b) Só serán subvencionables os gastos que se realicen entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de novembro do ano 2020 e que se atopen efectivamente pagados o 3 de decembro de 2020 data de finalización do período de xustificación.
c) Os tributos serán gasto subvencionable cando a beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos financiables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
2. Poderán financiarse con cargo ás subvencións concedidas os gastos directamente imputables ás accións formativas e ás actividades complementarias, así como os gastos xerais imputables á totalidade das actividades que conforman o plan de formación aprobado.
2.1. Gastos directamente imputables ás accións formativas:
a) Gastos de formadores/as internos/as e externos/as no exercicio de actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das persoas participantes.
b) Gastos de medios e materiais didácticos, como textos e materiais dun só uso polo alumnado (compra, elaboración, reprodución e distribución), e materiais de traballo funxibles utilizados para o desenvolvemento das actividades de formación.
c) Gastos pola elaboración de contidos para a impartición de cursos a través da internet.
d) Gastos de aloxamento, mantemento e desprazamento das persoas que interveñen nas accións formativas (alumnos/as, coordinadores/as, persoal de apoio e profesorado). As entidades beneficiarias ás cales lles sexa de aplicación o Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, axustaranse ás contías e condicións establecidas nel. Para as demais entidades beneficiarias, observaranse os principios xerais, os requisitos dos gastos e a forma de xustificación establecidos na devandita norma, limitándose as contías máximas subvencionables, con carácter xeral, ás establecidas para o grupo 2.
e) Gastos de alugamento tanto de instalacións como de equipamento necesarios para o desenvolvemento das actividades formativas.
2.2. Gastos xerais asociados á execución das actividades subvencionadas que non poidan ser imputados de forma directa, co límite máximo do 25 por cento do total dos gastos directos:
a) Gastos de persoal de apoio, tanto interno como externo, para a xestión e execución do plan.
b) Gastos de alugamento de instalacións e de equipamento non imputables directamente ás actividades previstas no plan de formación.
c) Gastos de seguros, incluído, de ser o caso, o da cobertura de accidentes das persoas participantes, en coherencia coa disposición adicional terceira do AFEDAP.
d) Gastos de publicidade e difusión.
e) Gastos de avaliación e control.
f) Outros gastos indirectos en concepto de auga, gas, electricidade, mensaxaría, telefonía, material de oficina consumido, vixilancia e limpeza e outros non especializados imputables ao plan de formación, co límite máximo do 6 por cento do total dos gastos directos e sen que sexa precisa a súa xustificación documental.
Poderán ser beneficiarias da liña en réxime de concorrencia competitiva das subvencións convocadas os concellos, as deputacións provinciais e demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para o persoal empregado público, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do AFEDAP.
De conformidade co establecido no artigo 6, segundo parágrafo do AFEDAP, só poderá ser beneficiaria da liña en réxime de concorrencia non competitiva das subvencións convocadas a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Obrigas das beneficiarias:
Sen prexuízo do disposto noutras bases desta resolución, serán obrigas das entidades beneficiarias as seguintes:
a) Destinar os fondos percibidos ao obxecto para o cal foron concedidos e executar a actividade que fundamenta a concesión da axuda no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2020.
b) Achegar a documentación requirida nesta convocatoria.
c) Efectuar a selección das persoas que vaian participar nas accións formativas pola adecuación do seu perfil aos seus obxectivos e contidos.
d) Xustificar, antes da data que se sinala no número 1.b) da base sexta, os gastos realizados no exercicio económico en que se concedeu a subvención nos termos fixados na convocatoria.
e) Achegar a información sobre as accións formativas realizadas que sexa necesaria para a súa inclusión nunha memoria anual e para efectos estatísticos do seguimento das accións formativas desenvolvidas. Esta información achegarase desagregada por sexo relativa tanto ás persoas encargadas de impartir ou coordinar as ditas accións como ás persoas que formasen parte do alumnado.
f) Someterse ás actuacións de comprobación que realice a EGAP, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeira, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, achegando a información requirida.
g) Comunicar á EGAP a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.
h) Expedir os correspondentes certificados de asistencia e/ou aproveitamento, de acordo cos requisitos previamente establecidos pola Comisión Xeral de Formación para o Emprego das Administracións Públicas.
i) Garantir a calidade e gratuidade das accións formativas financiadas con estes fondos e cumprir con todos os deberes previstos no AFEDAP.
k) Conservar os documentos xustificativos dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
l) Incorporar de forma visible no material de difusión das actividades formativas subvencionados o seu financiamento público
m) Reintegrar os fondos percibidos nos supostos recollidos no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia.
n) Cumprir coas obrigas correspondentes previstas no AFEDAP e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades locais nas cales concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións , como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de que as entidades locais non están incursas nas prohibicións ou circunstancias relacionadas nos ditos artigos realizarase mediante declaración responsable, a través dos anexos I, IV e VI, segundo corresponda.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546255
Fax: 981546336
Email: xestión.egap@xunta.gal
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2020, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Extracto da Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2020, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Anuncio do 2 de setembro de 2020 polo que se fai pública a resolución da Dirección da Escola Galega de Administración Pública de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais (DOG nº 183 do 9 de setembro de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
20/05/2020 00:00 - 19/06/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que figura como anexo I a esta resolución.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderán empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As solicitudes deberán ir asinadas electronicamente pola persoa designada como representante da promotora para o plan presentado. Nos formularios normalizados cubriranse todos os campos obrigatorios sen engadir novos datos, e sen emendar, variar ou raiar o seu formato orixinal. En caso contrario, as solicitudes non serán admitidas a trámite. Xunto coa solicitude anexaranse copias dixitalizadas da documentación que se menciona nas bases seguintes.
- Os datos requiridos ao cubrir a solicitude fan referencia á seguinte información:
a) Datos administrativos da entidade promotora, incluíndo o número de efectivos en 31 de xullo de 2019. Para estes efectos, unicamente serán considerados os efectivos computados para a elaboración do Boletín Estatístico do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.
b) Datos da persoa de contacto designada.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Informe da representación sindical asinado polas persoas responsables sindicais.
b) Proposta descritiva das actividades formativas co detalle individualizado destas, a súa prioridade, número de edicións, alumnos/as e horas por edición, orzamento económico e destinatarios/as.
c) No caso de federacións ou agrupacións, a documentación que acredite, conforme a lexislación vixente, as facultades de representación da persoa que asina o plan para actuar en nome da persoa xurídica solicitante.
d) Cando se trate dun plan agrupado, os documentos de adhesión ao devandito plan e, no caso daquelas entidades adheridas cuxo número de empregados/as sexa igual ou superior a 200, informe da representación sindical das ditas entidades.
e) Memoria das accións formativas que conterá os seguintes puntos:
1) Obxectivos xerais e finalidade do plan de formación.
2) Deseño do plan de formación:
2.1) Resposta do plan ás necesidades de formación detectadas na organización e especificación do procedemento e metodoloxía empregados para iso.
2.2) Resultados da avaliación do plan do exercicio anterior.
2.3) Incorporación dos resultados da avaliación do plan do ano anterior ao plan de formación presentado.
3) Criterios de seguimento e avaliación do plan: previsións acerca do seguimento das accións formativas (aplicación de técnicas para a avaliación dos resultados, e, se for o caso, do impacto da formación).
4) Implantación do plan de formación:
4.1) Ámbito de aplicación e colectivos afectados.
4.2) Criterios de selección dos/das participantes.
5) Contido de accións formativas específicas:
5.1) Actividades formativas que sexan instrumento de motivación e compromiso dos/das empregados/as públicos/as.
5.2) Accións formativas relativas á Administración electrónica.
5.3) Accións formativas relativas á ética, transparencia e integridade pública.
5.4) Accións formativas relativas á igualdade de xénero e violencia de xénero.
5.5) Accións formativas relativas ás novidades lexislativas atinentes ó eido administrativo en aspectos tales como lexislación básica en materia de procedemento administrativo, contratación, etc.
6) Participación sindical na elaboración, xestión e execución do plan.
7) Resultados do plan do exercicio anterior:
7.1) Número total de actividades de formación desenvoltas e número total de horas de formación impartidas.
7.2) Número total de persoas participantes desagregado por sexo.
f) De ser o caso, memoria de cada proxecto de actividade complementaria que conteña a súa denominación, descrición da actividade con expresa mención á súa finalidade, ao seu custo e ao produto específico que se obterá coa realización da actividade e que deberá entregarse xunto coa xustificación económica do gasto realizado con motivo da realización da actividade.
g) Memoria económica que conteña os seguintes datos:
1º. Datos relativos ás anteriores convocatorias: destinatarios/as, recursos propios dedicados, fondos subvencionados, recursos humanos dedicados.
2º. Datos económicos do plan, con desagregación por conceptos de gasto.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución así como da tramitación do pagamento, ao abeiro do disposto no artigo 11.e) e 31.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) Certificado de estar ao día coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
c) Certificado de estar ao día coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Autorización de alleamento, permuta ou cesión de bens municipais.