Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR487A
Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva dentro do plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
As subvenciones reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para investimentos destinadas ás entidades a que se refire o número 3 deste artigo, coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal (código de procedemento PR487A).
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramítase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, mediante a comparación das solicitudes presentadas segundo os criterios de valoracion establecidos no artigo 9, co fin de establecer unha prelación entre elas.
Adxudicaráselles a subvención a aquelas entidades que obteñan a máxima puntuación, sen superar, en ningún caso, o importe da dotación orzamentaria fixada no artigo 2 destas bases reguladoras.
Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia (en diante, entidades), para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corresponda o dereito de uso e traídas de auga veciñais, coa finalidade de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.
Obrigas dos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigadas a:
1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou a adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.
3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concede esta subvención durante un período mínimo de cinco anos, e proceder ao reintegro das cantidades percibidas no caso de incumprimento desta obriga. A axuda só será definitiva se non sofre, antes de transcorridos cinco anos do seu remate, unha modificación que afecte a natureza do investimento.
5. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
6. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
8. Proceder ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:
a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.
b) Incumprimento da obriga de xustificar a subvención nos termos establecidos no artigo 14 desta orde.
c) En todo caso, será reintegrado o financiamento público polo importe pagado da subvención que supere o custo final xustificado do proxecto subvencionado.
d) Incumprimento da obriga de destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, durante un período mínimo de cinco anos. O incumprimento da obriga de destino referida producirase, en todo caso, co alleamento ou gravame dos bens e quedarán estes afectos ao pagamento do reintegro, calquera que sexa o seu posuidor.
e) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais
Servizo de Xestión e Cooperación Económica
R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546211 / 881997171
Fax: 981546569
Email: administracionlocal@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
31/12/2019 00:00 - 30/01/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro.
As entidades deberán estar, en todo caso, debidamente inscritas no correspondente rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial) dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociación de veciños ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.
As comunidades de usuarios de augas deberán estar legalmente constituídas e inscritas no libro do rexistro de augas do correspondente organismo de bacía como titulares dalgún aproveitamento de augas.
Non se atenderán as solicitudes das entidades non inscritas na data en que remate o prazo de solicitudes.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
Para solicitar as subvencións que se regulan mediante esta orde, a entidade peticionaria presentará a documentación que se indica a continuación:
a) Solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR487A), debidamente cuberto en todos os seus puntos.
b) Certificación emitida e asinada electronicamente polo secretario ou secretaria da entidade solicitante no modelo do anexo II, na cal faga constar:
– O acordo do órgano competente da entidade solicitante, polo que se aproba participar nesta convocatoria de subvencións e o nomeamento da persoa representante para as súas relacións coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
– O número de membros da entidade.
c) Declaración da persoa representante da entidade, asinada electronicamente, incluída no anexo I da presente orde, en que faga constar que:
– A entidade solicitante non está incursa en causas de incompatibilidade para percibir subvencións da Administración pública e de aceptación das bases da convocatoria.
– O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas que financien o investimento que se vai subvencionar e o compromiso de comunicarlle á Dirección Xeral de Administración Local as que obteñan nun futuro.
– A entidade solicitante coñece e acepta as bases reguladoras da subvención.
– A entidade solicitante posúe a titularidade ou ten dereito de uso por calquera título válido sobre os terreos ou inmobles nos cales se vai desenvolver o proxecto subvencionado.
d) Memoria valorada da obra ou do equipamento que se vai realizar e que será asinada electronicamente pola persoa representante da entidade, co seguinte contido mínimo para posibilitar a valoración da solicitude con relación aos criterios establecidos no artigo 9:
– Memoria descritiva das obras ou do equipamento que inclúa a explicación da necesidade do proxecto, os obxectivos que pretenden conseguir coa súa execución e a data de construción do inmoble ou da traída, segundo proceda.
– Planos e/ou fotografías que evidencien a situación da instalación antes da execución da obra.
– Orzamento detallado, que describirá con claridade os conceptos e as cantidades e o seu prezo unitario, e incluirá o imposto sobre o valor engadido (IVE) que sexa de aplicación.
No caso de que o IVE sexa deducible, deberá indicarse expresamente.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Certificacións de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Seguridade Social e Facenda da Comunidade Autónoma.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Inscrición da entidade no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
d) Inscrición no Rexistro de Augas do organismo de bacía.
2. A presentación da solicitude de concesión de subvención por parte da persoa interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Presentación de solicitudes
1. As entidades que desexen acollerse aos beneficios desta orde presentarán solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local segundo o modelo que figura como anexo I a esta orde, xunto coa documentación que se indica no artigo 5.
2. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Certificación (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: O prazo para resolver e notificar os procedementos de subvención iniciados en virtude desta orde será de catro meses contados desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaracións de gastos e outras axudas (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento TR487A). (DOG nº 247 de 30 de decembro de 2019)
-
Extracto da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento TR487A). (DOG nº 247 de 30 de decembro de 2019)
-
Corrección de erros. Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A) (DOG nº 248 de 31 de decembro de 2019).
-
Corrección de errores. Extracto da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A) (DOG nº 248 do 31 de decembro de 2019).
-
Orde do 26 de agosto de 2020 pola que se modifica o artigo 14 da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 247, do 30 de decembro) (DOG nº 178 do 2 de setembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Axudas económicas para os titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos
Prazo aberto: 03/12/2025 00:00 - 02/01/2026 23:59