Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE155C - Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, e o artigo 66 do Regulamento (UE) nº 508/2014, e o artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
2. Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria para o ano 2020 destas axudas.
As OPP e, se for o caso, as AOP, poderán solicitar as axudas polos gastos realizados na preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización aprobados para a campaña 2019.
3. As actuacións obxecto de axuda enmárcanse no programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para España, dentro da prioridade 5 do artigo 6 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 2328/2003, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.
Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) cuxo ámbito de actuación sexa a Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
Obrigas dos beneficiarios
Os beneficiarios destas axudas están obrigados a:
a) Executar, dentro do prazo conferido, as actuacións obxecto da subvención para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, aprobados mediante resolución do órgano competente na materia.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a data contable da percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
d) Levar un sistema de contabilidade separada ou asignar un código contable adecuado a todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
e) Comunicar á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.
f) Comunicar á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
g) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, cando a axuda sexa de 100.000,00 euros ou superior, nos termos regulamentariamente establecidos.
– O beneficiario informará ao público no seu portal de internet ou na súa sede social de que o plan de produción e comercialización foi cofinanciado con fondos FEMP, para o que se utilizará o modelo de cartel que está dispoñible na aplicación de xestión de OPP de Galicia (OPPGA).
– Ademais, deberá dar publicidade do cofinanciamento con fondos FEMP en todas as medidas que leva consigo o plan de produción e comercialización, tales como propaganda, publicacións, cursos ou actividades de difusión ou aqueles equipamentos e subministracións que impliquen obra, para o que se utilizará o modelo de cartel indicado no parágrafo anterior.
– No caso de equipamentos e subministracións que impliquen obra, no prazo de tres meses desde a aceptación da axuda, deberá colocar un cartel claramente visible de carácter permanente para o público que garanta a permanencia da dita información durante cinco anos, polo menos, e co mesmo contido xa mencionado.
O incumprimento deste requisito de publicidade do financiamento público do investimento pode dar lugar ao reintegro da axuda percibida, de acordo co previsto no artigo 76 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.
h) Axustar o custo de adquisición dos investimentos subvencionables ao valor de mercado.
i) Indicar, no momento da solicitude, o valor da produción en primeira venda, en euros e toneladas, correspondentes ao ano 2019.
j) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario:
– Non poderá ter cometido unha infracción grave da PPC nin do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (CE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, nin ter sido declarado culpable de cometer fraude, nin estar incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008.
– Non poderá cesar a actividade produtiva, relocalizar a actividade fóra de Galicia, nin producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que menoscaben os seus obxectivos orixinais. A Consellería do Mar solicitará o reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumprisen os requisitos, segundo o disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
k) Se a realización do proxecto comporta a xeración de residuos, deberanse cumprir as condicións sinaladas, para cada tipo de residuo, na normativa sectorial.
Requisitos xerais dos beneficiarios
Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde estarán suxeitos aos seguintes requisitos:
a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
b) Cumprir o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non ter cometido infracción grave da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello.
f) Manter a condición de beneficiario, cumprindo os requisitos de admisibilidade previstos no artigo 10 do Regulamento FEMP.
g) Cumprir o disposto nos artigos 71 e 140 do Regulamento 1303/2013, do 17 de decembro de 2013 (Regulamento RDC).
h) Levar unha contabilidade separada, ou dispor dun código contable adecuado das transaccións relacionadas coas operacións obxecto de financiamento.
i) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
j) Someterse a actuacións de control dos distintos órganos competentes.
Requisitos específicos dos beneficiarios
Sen prexuízo do anterior, o beneficiario deberá, previamente, cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter aprobados os seus plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2019, en cumprimento dos obxectivos da OCM establecidos nos artigos 3 e 7 do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, e de acordo ao artigo 14 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
b) Así mesmo, deberán ter aprobado o informe anual correspondente ao exercicio do plan de produción e comercialización indicado no punto anterior, de acordo co artigo 28.5 do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, e co artigo 15 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
c) As medidas aprobadas no PPEC e posteriormente executadas e xustificadas no informe anual deberán contar coa calidade técnica necesaria. Do mesmo xeito, o órgano instrutor poderá solicitar un informe a outros organismos públicos para que avalíen se os traballos se axustan ao tempo e orzamento presentados no informe anual.
No caso de se detectaren traballos plaxiados, a xuízo da Comisión de Valoración, ou de calidade insuficiente segundo o disposto no parágrafo anterior, a Comisión de Valoración informará de que esa medida non é elixible, sen prexuízo da aplicación da normativa antifraude que corresponda.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Servizo de Mercados
Praza de Europa 5A – 4º (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546261
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.es
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Corrección de erros. Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2020, de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).(DOG núm. 214 do 23 de outubro de 2020).
Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2020, de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 159 do 10 de agosto de 2020)
Extracto da Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2020, de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 159 do 10 de agosto de 2020).
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 126 do 30 de xuño de 2009).
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2020, de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 159 do 10 de agosto de 2020)
Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164, do 8 de xullo de 2016).
Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268, do 4 de novembro de 2017).
Corrección de erros e erratas do Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 24, do 27 de xaneiro de 2018).
Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.
Regulamento de execución (UE) 1418/2013 da Comisión, do 17 de decembro de 2013, relativo aos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) nº 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.
Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.
Recomendación da Comisión do 3 de marzo de 2014, relativa ao establecemento e aplicación dos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) non 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
Regulamento (UE) 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio de 2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) 2328/2003, (CE) 861/2006, (CE) 1198/2006 e (CE) 791/2007 do Consello.
Prazo de presentación: PECHADO
11/08/2020 00:00 - 10/09/2020 23:59
Para esta convocatoria do ano 2020 o prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación necesaria para a tramitación do procedemento
1. Ademais doutras obrigas documentais que se recollan na presente orde, as solicitudes e demais anexos normalizados que as OPP deberán achegar está formada por:
– Anexo I, de solicitude de axuda á preparación e aplicación dos PPEC.
– Anexo II, formulario de gastos subvencionables por medida.
– Anexo III, relación de xustificantes (no cal virán relacionados e clasificados por medida os investimentos da actividade, con identificación do provedor, número da factura, o seu importe, data de emisión e data de pagamento).
– Anexo IV, memoria resumo (que inclúa o importe aprobado por medida do PPEC, o importe aprobado dos informes anuais e os gastos finalmente executados e xustificados).
– Anexo V, de gastos de persoal, onde se detalle o obxecto dos traballos a realizar e o tempo de execución expresado en horas do persoal para cada medida.
– Anexo VI, gastos de persoal, no cal se xustificarán os gastos de persoal propio dedicado á supervisión, control ou elaboración de medidas do PPEC.
– Anexo VII, gastos de persoal, no cal virán relacionados de xustificantes de pagamento de nóminas.
– Anexo VIII, gastos de viaxe, onde se detallará a xustificación do gasto e a liquidación individual do gasto.
2. Así mesmo, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento:
a) Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos: deberá presentar o poder ou outra documentación acreditativa das facultades representativas da persoa física que actúe como representante da persoa xurídica.
b) Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como as modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.
c) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
d) Certificado acreditativo de que a entidade carece de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP.
e) Declaración doutras axudas solicitadas (incluídos préstamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída no anexo I na parte «A persoa representante declara». Deberá achegarse a resolución da axuda no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia, de ser o caso.
f) Declaración responsable de que ningún gasto presentado no plan de produción e comercialización para obter axuda foi financiado en todo ou en parte por outro organismo nacional, europeo ou internacional (incluída no anexo I na parte «A persoa representante declara»).
g) Declaración responsable de que as empresas subcontratadas para a preparación ou realización dalgunha ou dalgunhas medidas do plan de produción e comercialización non están incluídas en ningún dos casos especificados no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e que non incorren en ningún dos supostos de contratar aos que fai referencia o artigo 71 da Lei de contratos do sector público (incluída no anexo I na parte «A persoa representante declara»).
h) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000 euros no caso de execución de obras, ou de 15.000 euros no caso de subministración de bens ou prestacións de servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
3. Documentación xustificativa.
Así mesmo, as solicitudes para as axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización presentaranse xunto coa seguinte documentación complementaria de xustificación:
a) Xustificantes dos investimentos efectuados que consistirán, de forma xeral, nas facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente, contratos (de obra ou de servizo) e nóminas, detalladas o máximo posible.
b) Xustificantes das transferencias bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados. Os xustificantes bancarios identificarán a factura ou facturas pagadas e os seus importes.
c) Documento coa descrición de funcións desenvolvidas do posto de traballo e relacionadas coas tarefas que se van desenvolver nas medidas que se inclúan nos plans de produción e comercialización.
d) Rexistro horario en que se inclúa o número de horas dedicadas á medida, polo persoal que corresponda.
e) Xustificante do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos RNT (relación nominal de traballadores), RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e o modelo 111 (retencións e ingresos á conta do IRPF).
f) Xustificante do pagamento das nóminas.
4. No caso de presentar a conta xustificativa coa achega do informe de auditor adscrito ao Rexistro Oficial de Contas, de acordo coa Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas, o auditor comprobará toda a documentación, así como todos os aspectos que se establecen na letra b) do artigo 3.2 da dita orde.
5. Os citados documentos deberán demostrar con claridade que os gastos foron destinados á preparación e/ou execución das medidas dos plans de produción e comercialización, segundo o disposto no anexo Determinación de gastos subvencionables.
6. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
7. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
9. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superae os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Resolución da axuda concedida para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado, no caso de axudas concedidas pola Xunta de Galicia.
d) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
e) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
f) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
g) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (CE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e informe do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar.
h) Non ter sido declarado culpable de cometer fraude segundo o Sistema nacional de publicidade de subvencións do Ministerio de Facenda, no marco do FEMP.
i) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, obtido a través da base de datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
j) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
k) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
l) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Memoria resumo medidas PPEC (Anexo IV)
- Gastos de persoal propio (Anexo VI)
- Solicitude (Anexo I)
- Xustificantes de pagamento de nóminas (Anexo VII)
- Formulario de gastos subvencionables por medida (Anexo II)
- Relación de xustificantes (Anexo III)
- Gastos de persoal, traballos realizados e tempo de execución (Anexo V)
- Gastos de viaxe (Anexo VIII)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.
Axudas para proxectos de cooperación interterritorial e transnacional dos grupos de acción local do sector pesqueiro.
Axudas destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros
Outorgamento das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación para embarcación e da acreditación para a explotación do percebe.