Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT811A
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (procedemento MT811A).
2. Para os efectos do disposto na epígrafe anterior, entenderanse por animais domésticos de compañía os pertencentes ás especies canina e felina, e por animal entregado en adopción, o animal doméstico abandonado que foi cedido en adopción nun centro de recollida autorizado e que consta correctamente inscrito a nome da persoa adoptante no Registro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) segundo o recollido no artigo 4.7. da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
Actuacións subvencionables
1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas as destinadas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativos aos gastos derivados do acto clínico para:
a) A esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción.
b) A identificación animal mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición de pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
2. Non será obxecto de subvención o imposto do valor engadido (IVE).
3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as corporacións locais que, no seu ámbito territorial:
a) Presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou a xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta.
ou ben,
b) Presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou xestión de colonias felinas mediante convenio e/ou acordos de colaboración nesta materia con outras administracións públicas e entidades, como as asociacións de protección e defensa dos animais inscritas no Rexistro Galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
2. En todo caso, o acollemento dos animais abandonados deberá terse realizado en centros debidamente autorizados para tal fin ou nos fogares de acollida dependentes deles e/ou en colonias felinas, reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Servizo de Conservación da Biodiversidade
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957893 / 981547213
Email: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
31/12/2019 00:00 - 16/09/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2020.
1. As entidades beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10. Igualmente, deben cumprir co deber previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que teñan sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos ou na Lei 4/2017, do 3 de outubro.
1. As entidades deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria:
a) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.
b) As corporacións locais que desenvolvan o servizo de recollida mediante xestión indirecta ou mediante de convenios e/ou acordos de colaboración deberán acreditar de forma fidedigna a relación existente entre entidades e a súa duración así como que non existe ningún incumprimento das condicións establecidas entre ambas as partes para a prestación do servizo.
En caso de que a corporación local teña delegadas as súas competencias en materia de recollida, deberá achegarse a documentación que acredite tal delegación.
c) Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado, segundo o modelo do anexo II-A desta orde que, inclúa os seguintes aspectos:
1º. Número de animais da especie canina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020.
2º. Número de animais da especie felina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020.
3º. Relación de animais que tiveron entrada no centro de recollida e foron entregados en adopción, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020, por concello. A relación deberá incluír a seguinte información:
i) Data de entrada no centro de recollida e data no que foi entregado en adopción.
ii) Número de rexistro de entrada no centro de recollida.
iii) Especie, raza e sexo do animal.
iv) Número de microchip para a súa identificación.
v) NIF da persoa adoptante.
4º. Relación de fogares de acollida actualizada polos concellos e centros de recollida, segundo o artigo 25 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, se dispoñen de fogares de acollemento temporal de animais domésticos.
d) Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-A, que preste os seus servizos para o centro de recollida que deberá incluír:
– Relación de animais con indicación da especie, raza, sexo e número de microchip, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020, por concello, aos cales:
i) Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
ii) Se lles implantou o microchip para a a identificación, realizou a inscrición no Regiac e expediu o correspondente pasaporte sanitario.
e) Certificado da entidade xestora da colonia felina, segundo o modelo do anexo II-B desta orde que, inclúa os seguintes aspectos:
1º. Relación de colonias felinas legalmente establecidas de acordo co artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020, indicando, a localización de cada unha e o número de animais que forman parte delas.
2º Relación de animais da especie felina por raza e sexo que forman parte de cada unha das colonias felinas, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020, por concello.
f) Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-B, que preste os seus servizos para a entidade xestora da colonia felina que deberá incluír os seguintes aspectos:
– Relación de animais da especie felina con indicación da colonia felina a que pertencen, tipo de marcación e/ou identificación realizada, raza e sexo, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020, por concello, aos cales:
i) Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
ii) Se lles implantou o microchip para a a identificación.
g) Documentación que acredite a remisión das contas ao Consello de Contas pola entidade.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no seu procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
d) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT)
e) Estar ao día no cumprimento da obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) A inscrición no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) da Consellería de Medio Ambiente ,Territorio e Vivenda.
g) A inscrición no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.
h) Non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, na Lei 50/1999, do 23 de decembro e na Lei 4/2017, do 3 de outubro.
i) Concesións de subvencións e axudas.
j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Segundo o establecido no artigo 50 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, referente á simplificación do cumprimento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado e a Seguridade Social, a obriga de presentar a certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, poderá ser substituída pola declaración responsable de estar o día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma no caso das axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnización.
Presentación solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
3. A solicitude da axuda, segundo o anexo I desta orde (procedemento MT811A), inclúe as seguintes declaracións da entidade solicitante:
a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma fin, das distintas administracións públicas.
b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.
c) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Declaración responsable de non ter sancións firmes en vía vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, na Lei 50/1999, do 23 de decembro ou e Lei 4/2017, do 3 de outubro.
f) Declaración responsable do modelo adoptado para o sistema de recollida e acollemento dos animais abandonados nun centro de recollida autorizado, debendo indicar o nome do antedito centro, e/ou identificación da colonia felina.
Todos os trámites administrativos que as entidades deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da entidade dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Certificado do persoal facultativo veterinario que presta os seus servizos para a entidade xestora do centro de recollida (Anexo III-A)
- Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado (Anexo II-A)
- Certificado da entidade xestora da colonia felina (Anexo II-B)
- Certificado do persoal facultativo veterinario que presta os seus servizos para a entidade xestora da colonia felina (Anexo III- B)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación e solicitude de pagamento (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020 (DOG nº 247 do 30 de decembro de 2019)
-
Extracto da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020 (DOG nº 247 do 30 de decembro de 2019).
-
Resolución do 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dispón a continuación de varios expedientes de subvencións ( DOG nº 87 do 7 de maio de 2020).
-
Resolución do 4 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 247, do 30 de decembro de 2019) (DOG nº 251 do 15 de decembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Excepción do réxime xurídico das zonas húmidas protexidas.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía
Prazo aberto: 04/12/2025 00:00 - 11/09/2026 23:59