Guía de procedementos e servizos

MT804B

Axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no catálogo galego de árbores senlleiras.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 28/12/2019 00:00 - 31/01/2020 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento MT804B).

Actividades subvencionables

Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas as destinadas a:

a) Realización de podas e actuacións de formación e control da copa. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa realización de podas e actuacións de formación e control da copa que se consideren precisas para a conservación e mellora dos elementos catalogados. As características das podas e actuacións de formación e control da copa deberán ser validadas polo Servizo de Patrimonio Natural, previamente ao seu desenvolvemento.

b) Aplicación de tratamentos fitosanitarios. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa adquisición e aplicación de productos fitosanitarios, e posterior xestión dos residuos con xestores autorizados. As características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que requirirá da aprobación do Servizo de Patrimonio Natural previamente á súa execución.

c) Accións encamiñadas á conservación e mellora do contorno. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa conservación e mellora das inmediacións dos elementos catalogados incluíndo, entre outros, descompactación ou fertilización do terreo, retirada ou modificación de elementos prexudiciais para os elementos catalogados por cuestións sanitarias ou estéticas, ou plantación de novos exemplares (só no caso de formacións senlleiras). As características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que requirirá da aprobación do Servizo de Patrimonio Natural previamente á súa execución.

d) Accións de divulgación e sinalización. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa difusión da información da condición de árbores e formacións senlleiras incluíndo, entre outros, deseño e impresión dos materiais. Tamén serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa información á beira dos elementos catalogados da súa condición de árbores e formacións senlleiras incluíndo, entre outros, sinais, soportes e gastos de colocación. O formato, o contido e demais características dos materiais divulgativos e/ou de sinalización deberán ser validados polo Servizo de Patrimonio Natural, previamente á edición dos materiais e/ou á execución dos traballos.

e) Realización de estudos. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa realización de estudos fitosanitarios, biomecánicos e calquera outro que se considerenprecisos para a conservación e mellora dos elementos catalogados, incluíndo a elaboración de plans de xestión encamiñados á conservación, restauración e mellora dos elementos catalogados.

2. Non será obxecto de subvención:

a) O imposto do valor engadido (IVE).

b) Aquelas actuacións ou actividades que poñan ou poidan poñer en perigo os valores que xustificaron a inclusión da árbore ou formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

c) As actuacións que se iniciasen antes da certificación de non inicio ou sen contar coa validación previa á súa realización por parte do Servizo de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente, cando esta for precisa.

3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.

1. Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, incluíndo as corporacións locais, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.

2. Só se admitirá unha única solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cando unha mesma persoa ou entidade solicitante sexa propietaria de máis dunha árbore e/ou formación senlleira, deberá presentar unha única solicitude que abranguerá todas as árbores e/ou formacións para as cales se solicita a axuda.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

San Lázaro,s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957893

Fax: 981957106

Email: dxpn.cmatv@xunta.gal / biodiversidade.cma@xunta.gal

https://cmatv.xunta.gal/

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184539

Fax: 881881320

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393

Fax: 982294539

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

R/ Paseo, 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386511

Fax: 988386929

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097 / 986805469

Fax: 986805436

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/12/2019 00:00 - 31/01/2020 23:59

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 31 de xaneiro de 2020.

1. As persoas e entidades beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

No caso das corporacións locais, ademais, deben cumprir co deber previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que teñan sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

3. A solicitude da axuda, segundo o anexo I desta orde (código de procedemento MT804B), inclúe as seguintes declaracións da persoa ou entidade solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Declaración responsable de non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade.

4. A solicitude para ser persoa beneficiaria da axuda, levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na alínea d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación da solicitude

1. As persoas e/ou entidades deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria:

a) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.

b) Acreditación da titularidade dos predios ou certificación da persoa ou entidade titular para a súa dispoñibilidade.

No suposto de que a árbore e/ou formación obxecto da actividade sexa propiedade de varias persoas ou entidades copropietarias, deberase presentar, segundo corresponda:

i) Acreditación da titularidade de cada persoa ou entidade propietaria.

ii) Documento que acredite o consentimento de todas as persoas ou entidades propietarias.

iii) Representación da persoa ou entidade solicitante para realizar a actividade obxecto da subvención.

c) Memoria explicativa das actividades que se pretenden realizar e para as cales se solicita a axuda, coa correspondente previsión de gastos e unha descrición das actividades proxectadas, segundo o anexo II desta orde.

d) Memoria ou proxecto asinado por persoal técnico cualificado para as actuacións subvencionables descritas no artigo 2, letras a), b) e c).

e) Factura pro forma ou oferta económica correspondentes á previsión de gastos das actividades que se pretenden realizar.

f) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza a xunta reitora para solicitar estas axudas.

g) Documentación que acredite a remisión das contas ao Consello de Contas pola entidade, só no caso das corporacións locais.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no seu procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

f) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 9/2001, do 2 de agosto, de conservación da natureza, e na Lei 5/2019, do 21 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade.

h) Concesións de subvencións e axudas.

i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificado da Sección Territorial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común de posuír os estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada consonte os parámetros establecidos pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da antedita lei.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as entidades deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dispón a continuación de varios expedientes de subvencións ( DOG nº 87 do 7 de maio de 2020).

    • Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT804B) (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).

    • Extracto da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT804B) (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).

    • Resolución do 7 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 27 de decembro) ((DOG nº 166 do 18 de agosto de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano