Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR506A - Réxime de axudas á apicultura: Solicitude individual de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e convocalas para o ano 2020.
Finalidade das axudas, contías e límites .
Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñados a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:
a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores.
1º. Liña A.1. Contratación de persoal técnico e especialistas para información e asistencia a apicultores, e membros de agrupacións de apicultores, en aspectos de sanidade apícola, loita contra agresores da colmea, análises de laboratorio, cría e selección, optimización ambiental de explotacións e asesoramento global en produción e xestión apícola, así como en prácticas para a adaptación da apicultura ao cambio climático.
Poderase subvencionar a contratación dun máximo de dúas persoas como persoal técnico por asociación, e a primeira delas será necesariamente unha persoa licenciada en Veterinaria. Para o caso doutro persoal técnico, as titulacións admitidas serán as recollidas no artigo 6, número 5, segundo parágrafo, da presente orde.
A axuda para a contratación de persoal técnico poderá ser de ata o 90 % do seu custo, cunha limitación de 27.000 euros por técnico, e o importe total non poderá ser superior ao valor de 1 euro por colmea rexistrada na correspondente agrupación.
En todo caso, o importe máximo da axuda nesta liña por agrupación non superará os 54.000 euros.
2º. Liña A.2. Organización, realización e asistencia a cursos de formación e formación continuada, especialmente sobre as materias indicadas no punto anterior, para apicultores, persoal técnico e especialistas de agrupacións e asociacións de apicultores, así como para o persoal de laboratorios apícolas de cooperativas, incluídos os desprazamentos.
Poderase subvencionar ata o 90 % do seu custo.
3º. Liña A.3. Medios de divulgación técnica.
b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. Todas as axudas poderán ser solicitadas por apicultores e agrupacións de apicultores, incluídas as cooperativas e cooperativas de segundo grao.
1º. Liña B.1. Tratamentos quimioterápicos contra a varroase, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios, seleccionados e aplicados con base na correspondente prescrición veterinaria*.
Poderase subvencionar ata o 80 % do seu custo, cun máximo de 3 euros por colmea, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
(*) No caso de produtos exentos de prescrición veterinaria, o tratamento aplicarase conforme as indicacións recollidas na ficha técnica do dito produto.
2º. Liña B.2. Tratamentos contra a varroase autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios que sexan compatibles coa apicultura ecolóxica, seleccionados e aplicados sobre a base da correspondente prescrición veterinaria**, para aqueles apicultores que produzan de acordo coas condicións que establece o Regulamento 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de 2018, sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos, e polo que se derroga o Regulamento (CE) 834/2007 do Consello.
Poderase subvencionar ata o 80 % do seu custo, cun máximo de 3 euros por colmea, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
(**) O uso de produtos compatibles con apicultura ecolóxica por parte de produtores de apicultura convencional será financiable baixo a medida B.1.
3º. Liña B.4. Uso de produtos autorizados para a alimentación das abellas co fin de mellorar a vitalidade da colmea e renovación e/ou purificación de cera. Esta liña subdivídese en:
a) Liña B.4.1. Uso de produtos autorizados para a alimentación das abellas co fin de mellorar a vitalidade da colmea. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo, co límite de 2 euros por colmea.
b) Liña B.4.2. Renovación e/ou purificación de cera. Poderase subvencionar ata o 50 % do seu custo, co límite de 4 euros por colmea.
Estas axudas só se poderán conceder a aquelas persoas beneficiarias das medidas 1 e/ou 2 da liña B, e sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes das mencionadas medidas B1 e B2.
c) Liña C. Racionalización da transhumancia. Esta liña poderá ter como persoas beneficiarias, para as medidas C.3 e C.4, tanto a apicultura estante como transhumante.
1º. Liña C.1. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte. Material para o manexo das colmeas: guindastres, mallas de cobertura, cambio de colmeas para mellorar o seu rendemento, sistemas móbiles de extracción de mel e/ou pole, así como outros utensilios e equipamento necesario para facilitar a transhumancia, con excepción de vehículos de transporte, combustible, produtos para a alimentación das abellas e cera. Poderase subvencionar ata o 70 % do seu custo.
2º. Liña C.2. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización das colmeas. Poderase subvencionar ata o 70 % do seu custo.
3º. Liña C.3. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas, incluíndo a incorporación de marxes florais e barbeitos melíferos que inclúan especies florais beneficiosas para a actividade das abellas melíferas e outros polinizadores. Poderase subvencionar ata o 70 % do seu custo.
4º. Liña C.4. Cota do seguro de responsabilidade civil das colmeas. Poderase subvencionar ata o 50 % do seu custo, cun límite de 0,5 euros por colmea asegurada.
d) Liña E. Medidas de apoio á repoboación da cabana apícola.
1º. Liña E.1. Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).
2º. Liña E.2. Adquisición de raíñas de razas e/ou subespecies autóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da medida anterior.
Para os dous casos, poderase subvencionar ata o 50 % do custo de actuación, cun límite máximo de 5 euros por colmea.
- Para o cálculo das axudas terase en conta o número de colmeas que os solicitantes teñen inscritas no Rexistro de Explotacións Apícolas de Galicia, segundo a declaración censual anual obrigatoria correspondente ao ano 2019.
- Os gastos e investimentos obxecto da axuda deberán ter sido realizados no período comprendido entre o 1 de agosto do ano anterior a esta convocatoria e o 31 de xullo de 2020, ambos inclusive, período de duración da campaña apícola, de acordo co establecido no artigo 2 do Regulamento de execución (UE) 2015/1368 da Comisión, do 6 de agosto de 2015, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ás axudas ao sector da apicultura.
Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Para poder acollerse ás ditas medidas da axuda, os apicultores, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren inscritos no Rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2020, fóra daqueles titulares que adquirisen a dita titularidade ante o falecemento, xubilación ou incapacidade laboral do titular, sempre que o novo titular adquira a titularidade por sucesión, xubilación ou incapacidade laboral do anterior e fose parente del en, como máximo, cuarto grao. Así mesmo, exceptúanse do dito requisito os supostos de forza maior.
b) Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas, para o caso dos apicultores que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.
c) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e se regula o Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
d) Disporen dun seguro de responsabilidade civil.
e) Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
f) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2019 antes do día 1 de marzo do ano en curso.
g) Teren realizada a validación anual do Libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) segundo o recollido no artigo 7, punto 2 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril, e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas por parte do seu titular.
- Para o caso das cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, para poderen ser beneficiarias a solicitude de axuda deberá incluír como mínimo 1.500 colmeas.
- Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas colmeas, ben a título individual, ben como integrante dunha cooperativa ou asociación ou agrupación de produtores. Non obstante, os apicultores incluídos na solicitude de axuda presentada por unha cooperativa, asociación ou agrupación de produtores, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda como integrantes doutra cooperativa, asociación ou agrupación de produtores. De ser o caso, soamente se terá en conta ese apicultor na solicitude da asociación que o inclúa como beneficiario naquela liña de axuda que ocupe o primeiro lugar atendendo á orde de prelación que se establece no artigo 9.1 desta orde de axudas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
EDIF. ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997016
Fax: 981545735
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
AVDA. Mª VICTORIA MORENO, 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Orde do 15 de xuño de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 124 do 25 de xuño de 2020).
Extracto da Orde do 15 de xuño de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 124 do 25 de xuño de 2020).
Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 101 do 27 de maio de 2020).
Extracto da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 101 do 27 de maio de 2020).
Orde do 13 de maio de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2019 ( DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).
Extracto da Orde do 13 de maio de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).
Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2019).
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
Resolución do 16 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 195 do 25 de setembro de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
28/05/2020 00:00 - 29/06/2020 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas (MR506A)
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. De acordo co artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia (DOG núm. 141, do 16 de xullo), os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas no ámbito do sector público autonómico estarán obrigados a relacionarse a través dos medios electrónicos para realizar calquera trámite dun procedemento administrativo (ademais dos indicados no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, integradas ou non nunha asociación ou organización de apicultores, presentarán solicitudes individuais e achegarán coa solicitude a seguinte documentación:
1º. No caso de representación, exixirase autorización para facer a solicitude nos termos exixidos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
2º. Nas axudas da liña de loita contra as agresións e enfermidades da colmea: declaración responsable do persoal veterinario de compromiso previo de execución e posterior xustificación do programa.
3º. Programa de actuación que pretende desenvolver: memoria onde figuren os datos do apicultor, número de colmeas, descrición dos investimentos e finalidade deles, incluídos orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos, desagregados para todas e cada unha das liñas para a cal se solicita axuda. No caso de solicitar axuda para a liña C.4, para ser considerados válidos os orzamentos ou facturas pro forma dos seguros deberán desagregar as distintas coberturas e importes de cada unha delas no suposto de que inclúan outras distintas da responsabilidade civil das colmeas.
De acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, de 40.000 euros para obras ou de 15.000 euros para subministración ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse xunto coa solicitude da axuda, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
As empresas invitadas a presentar ofertas non poderán estar vinculadas entre elas e exixiráselles sempre unha declaración das empresas con que teñan vinculación. No expediente deberase deixar constancia das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento.
Todas as ofertas teñen que estar detalladas e desagregadas de tal xeito que inclúan os mesmos elementos para ser comparables entre si. Os requisitos mínimos que deben cumprir os orzamentos ou facturas pro forma que se presenten son os seguintes:
– Identificación clara de que o documento é un orzamento ou unha factura pro forma.
– Razón social e NIF do solicitante da oferta.
– Razón social e NIF do provedor.
– Data de emisión.
– Desagregación detallada dos distintos conceptos orzados, de ser o caso, con indicación do número de unidades e do prezo unitario.
– Deberá figurar o IVE, aínda que non se considere para os efectos do cálculo do investimento elixible. Non é necesario que as facturas pro forma estean asinadas.
Cando se soliciten ofertas de orzamentos ou facturas pro forma en países intracomunitarios, deberase especificar o tipo de IVE aplicado nese país ou, polo menos, se o importe inclúe ou non o IVE ou outro tipo de taxas. Dependendo desa información, procederase do seguinte modo:
– Se non inclúen o IVE, descontarase do orzamento a totalidade que corresponde en España.
– Se o IVE é menor do que corresponde en España, descontarase a diferenza.
– Se o IVE é maior do que corresponde en España, descontarase na súa totalidade.
Non obstante o anterior, con independencia do gasto subvencionable, en todos os gastos restantes a persoa beneficiaria deberá incluír igualmente un sistema de avaliación dos custos que lle permita á Administración comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables: comparación de ofertas, prezos de mercado, cotizacións de mercados nacionais, estimación por referencia aos valores recollidos en rexistros oficiais de carácter fiscal, ditame de peritos da Administración, taxación pericial contraditoria e calquera outro medio de proba admitido en dereito.
4º. Dispoñibilidade dos terreos para realizar a transhumancia, así como permisos ou licenza das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos (autorización das obras e dispoñibilidade dos terreos), de ser o caso.
5º. Memoria explicativa da realización da transhumancia (resumo e esquema da situación de orixe das colmeas e do destino onde se pretende realizar a transhumancia e datas probables do movemento), de ser o caso.
6º. Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, de ser o caso.
7º. Para os efectos de comprobar o cumprimento do requisito recollido no artigo 3.2.d), xustificación de ter subscrito un seguro de responsabilidade civil, mediante a copia da póliza do seguro en vigor, onde se especifique o nome do titular, o código Rega da explotación e o número de colmeas aseguradas e o xustificante bancario do seu pagamento.
8º. Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nas letras b), f) e g) do artigo 9.2 desta orde:
– Certificación da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia que acredite que o solicitante pertence a ela en data 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
– Certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia que acredite que o solicitante pertence a el en data 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
– Certificación da cooperativa apícola que acredite que o solicitante é socio dela en data 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
Non será necesario achegar o documento do punto 1º que xa fora presentado anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles (anexo I para o procedemento MR506A) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia e as persoas traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar opcionalmente a solicitude de forma presencial.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
-
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Recibidas as solicitudes e a súa documentación, serán examinadas polo órgano xestor, que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda ao solicitante, concedéndolle un prazo de dez días, consonte o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Transcorrido este prazo sen se producir a emenda ao expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.
- A falsidade do declarado na solicitude determinará a imposibilidade de percibir, se é o caso, a axuda concedida, desde o momento en que se teña constancia da falsidade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante, só para o procedemento MR506A, ou NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) A información relativa ao titular e ao tipo e clase de explotación, así como ao número de colmeas (dimensión das explotacións acollidas á axuda), será comprobada de oficio polo órgano xestor mediante consulta realizada á aplicación Regan da Consellería do Medio Rural.
e) A obriga de ter realizado polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e se regula o Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel, e a validación anual do Libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) segundo o recollido no artigo 7, punto 2, do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril, será comprobada de oficio polo órgano xestor mediante consulta realizada á aplicación Ingan da Consellería do Medio Rural.
Os datos das letras c) e d) xa figuran en poder da Administración, xa que é obrigatorio que os titulares de explotacións apícolas realicen a declaración censual anual no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de cada ano, de acordo co artigo 4, punto 3, do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, así como a validación anual do Libro de rexistro de explotación apícola (CEAT), segundo o recollido no artigo 7, punto 2, do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril.
f) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A presentación da solicitude de concesión de subvención por parte da persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitalas segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) A pertenza do solicitante a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira legalmente recoñecida, así como a listaxe de apicultores integrantes, con indicación do seu NIF e número de rexistro de explotación agraria, serán comprobados de oficio polo órgano xestor da axuda mediante consulta realizada ao Rexistro Oficial de Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Galicia da Consellería do Medio Rural.
h) Tanto a condición de explotación de titularidade compartida para os efectos do establecido na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, como a condición de agricultor mozo, serán comprobadas de oficio polo órgano xestor mediante consulta realizada ao Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
i) Explotación apícola do solicitante situada en zona desfavorecida segundo a lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, tal como se definen no punto 3.4 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE (equivalentes aos artigos 18 e 19 do Regulamento (CE) 1257/99, respectivamente), de acordo coa Directiva do Consello (86/466/CEE), do 14 de xullo de 1986, coa Decisión da Comisión (86/566/CEE), do 16 de outubro de 1989, e coa Directiva do Consello (91/465/CEE), do 22 de xullo de 1991.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio do anexo I ou do anexo II, segundo o caso, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición no rexistro galego de explotacións avícolas artesanais.
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 1.1
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 2.1
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 2.2