Guía de procedementos e servizos

MR265C

Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 01/03/2021 00:00 - 28/02/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

 Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluída a loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidas nesta resolución.

1. As persoas autorizadas e adxudicatarias da axuda solicitarán o pagamento da axuda conforme o modelo previsto no anexo III desta resolución, na forma establecida no artigo 7.2, e dirixirase ao servizo territorial do Fogga da provincia onde radiquen os centros escolares correspondentes.

Previamente á presentación da solicitude, a persoa autorizada e adxudicataria da axuda gravará na aplicación informática que o Fogga habilitará para estes efectos os datos relativos á repartición de produtos por centro escolar.

Rematada a gravación, a aplicación xerará un código de peche que será imprescindible para cubrir o anexo III de solicitude de pagamento.

2. Só será admisible unha única solicitude de pagamento para cada período de distribución e grupo de produto.

3. A solicitude de pagamento presentarase no prazo establecido no artigo 24.1 desta resolución.

Se o prazo de presentación da solicitude de pagamento se excedese en menos de 60 días naturais, a axuda verase reducida como se indica a continuación:

a) Un 5 %, se o prazo se supera entre 1 a 30 días naturais.

b) Un 10 %, se o prazo se supera entre 31 a 60 días naturais.

Cando o prazo se exceda en máis de 60 días naturais, a axuda reducirase, ademais, nun 1 % por cada día adicional, calculado sobre o saldo restante.

4. A persoa solicitante cubrirá a declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ás distintas administracións ou entes públicos para o mesmo proxecto, das concedidas por estas e doutros ingresos e recursos que financien as actividades subvencionadas, que se inclúe nesta solicitude.

Os alumnos dos centros escolares.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 540071/ 981 540079.

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294454

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386942

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805442

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/03/2021 00:00 - 28/02/2022 23:59

As solicitudes de pagamento presentaranse nun prazo máximo de tres meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de cada período de subministración autorizado establecido no artigo 4.1 desta resolución.

A persoa solicitante do pagamento xuntará, a través do procedemento establecido na sede electrónica, a seguinte documentación complementaria:

1. No caso de que a persoa solicitante sexa un provedor:

a) As facturas das cantidades de produtos efectivamente subministradas, por centro escolar e por grupo de produto (froita ou leite).

b) Os albarás de entrega dos produtos, asinados e selados polo centro escolar.

c) O certificado, selado e asinado polo centro escolar, no cal figuren o número de alumnos/as matriculados/as ao comezo do curso escolar e o número de alumnos/as participantes na liña de axuda, por nivel de ensino e tipo de produto, coas cantidades efectivamente subministradas.

2. No caso de que a persoa solicitante sexa un centro escolar:

a) As correspondentes facturas xustificativas de pagamento dos produtos subministrados ao alumnado, que reflectirán, por separado, o custo unitario e o custo total de cada produto subvencionado, así como unha proba do seu pagamento.

No caso de subministrar produtos avalados polos réximes de calidade recollidos no artigo 5.3 desta resolución, achegarase a documentación acreditativa correspondente:

1º. Provedores produtores: certificado emitido polo órgano competente correspondente de que os produtos obtidos na súa explotación e distribuídos aos centros escolares están avalados por un réxime de calidade diferenciada, e/ou fotografía da etiquetaxe dos produtos distribuídos onde figure a dita denominación.

2º. Os demais: copia da factura de compra dos produtos que se distribuíron aos centros escolares onde figure a denominación de produto de calidade diferenciada e/ou fotografía da etiquetaxe dos produtos distribuídos onde figure a dita denominación.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias co Estado.

b) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Forma de presentación da documentación complementaria

- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

- No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Extracto da Resolución do 18 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2020/21 (DOG nº 130 do 02 de xullo de 2020).

    • Resolución do 18 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2020/21 (DOG nº 130 do 02 de xullo de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR205A

Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR265A

Participación no Programa Escolar.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59

MR265B

Axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 29/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59