Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR241D
Comunicación de cesión de dereitos do Réxime de Pago Básico (RPB).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Os dereitos de pago base poden ser obxecto de cesión polos agricultores a outros agricultores, ben en venda, arrendamento ou calquera outra forma admitida en dereito.
As formas de cesións dos dereitos poden ser :
a) Definitivas por:
Herdanzas, cambios de personalidade xurídica, fusións e escisións, compravendas, xubilacións, ceses anticipados, finalización anticipada de arrendamentos, incapacidade laboral permanente, renuncias voluntarias a favor da Reserva Nacional e sentencias xudiciais.
b) Temporais por:
Arrendamentos, modificacións de arrendamentos debidos a cambios de titularidade.
Agricultores/as titulares de dereitos de pago básico con explotacions situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Gandeiras da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546270
Fax: 981546182
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Prazo de presentación: PECHADO
01/11/2019 00:00 - 30/06/2020 23:59
O período de comunicación iniciouse o 1 de novembro de 2019 e finalizará o 30 de xuño de 2020.
En todos so casos:
Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es.
Xeral:
Copia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que se opoñan expresamente á consulta dos datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
Copia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
Copia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as copias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Específica:
Dependerá do tipo de cesión e, con carácter xeral pode consistir nalgún dos documentos seguintes:
Contrato de cesión, venda ou arrendamento de dereitos de pago básico, de terras (hectáreas admisibles), ou de ambos.
Testamento con, de ser o caso, a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou da súa excepción.
Documentos acreditativos de xubilacións da actividade agraria na que o ou os cesionarios dos dereitos sexan familiares de primeiro grao do cedente e programas aprobados de cese anticipado ou incapacidade laboral permanente do cedente así como do cambio de titularidade.
Documentos acreditativos de cambios do rexime ou estatuto xurídico do titular que inclúan un cambio de NIF.
Documentos acreditativos de fusións ou agrupacións en persoas xurídicas ou entes sen personalidade xurídica, ou de excisións de persoas xurídicas ou de agrupacións de persoas físicas.
Documentación acreditativa da finalización anticipada de arrendamentos de dereitos de pago básico con terra.
De ser o caso, documento de renuncia voluntaria a favor de la reserva nacional
Nota: Por petición do Fogga deberá presentarse calquera outra documentación xustificativa.
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G) (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2020).
-
Extracto da Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G) (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2020).
-
Orde do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 85 do 5 de maio de 2020).
-
Extracto da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 85 do 5 de maio de 2020).
-
Resolución do 12 de maio de 2020 pola que se declara a continuación da tramitación dos procedementos que regulan as ordes de regulación da aplicación de pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control nas diversas campañas, e as resolucións de axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares (DOG nº 99 do 25 de maio de 2020).
-
Resolución do 19 de xaneiro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña (submedida 13.1) e en áreas distintas de montaña (submedida 13.2), cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 12 de febreiro de 2020 (DOG nº 20 do 1 de febreiro de 2021).
-
Resolución do 10 de novembro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, reguladas na Orde do 12 de febreiro de 2020. (DOG nº 226 do 24 de novembro de 2021).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común (BOE nº 307, do 20 de decembro de 2014).
-
Orde APA/377/2020, de 28 de abril, pola que se modifican, para o ano 2020, diversos prazos establecidos nos Reais Decretos 1075/2014, 1076/2014, 1077/2014 e 1078/2014, todos eles de 19 de decembro, dictados para a aplicación en España da Política Agrícola Común (BOE nº 120 de 30 de abril de 2020).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
-
Regulamento de Execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos Regulamentos de Execución (UE) n. 809/2014, (UE) n. 180/2014, (UE) n. 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que incumbe a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOUE 17.04.20 L 119)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59