Guía de procedementos e servizos

MR239K

Solicitude de modificación do sistema de información xeográfica de parcelas (SIXPAC).

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Pechado

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Establecer o procedemento para a xestión das alegacións e solicitudes de modificación sobre a base de datos do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas SIXPAC como referencia para a solicitude de axudas da PAC baseadas na superficie agraria.

Agricultores e outras persoas propietarias ou titulares de parcelas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo de Axudas Agrícolas da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546262

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2-4º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70-B-1

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36001  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

O prazo para a presentación de solicitudes de modificación do Sixpac estará aberto todo o ano, pero, para que as solicitudes teñan validez para a campaña 2020, o prazo que antes remataba o 31/05/2020, ahora remata o 30/06/2020. Como consecuencia este novo prazo de finalización, as solicitudes de modificación do Sixpac presentadas con posterioridade ao 30/06/2020 terán validez a partires da campaña 2021.

Non sufre modificación o remate do prazo para a presentación de solicitudes de modificación do Sixpac dos expedientes sometidos a controis por monitorización, que para que teñan validez para a campaña 2020​, sigue rematando o 31/08/2020.

  • Solicitude normalizada segundo o formulario electrónico accesible no enderezo http://sgapac.xunta.es

  • Xeral:

    • Copia do DNI/NIE do solicitante no caso de persoas físicas que se opoñan expresamente á consulda dos datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.

    • Copia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.

    • Copia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.

    • Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as copias dos DNI en vigor, de ambos os dous.

  • Acreditativa da alegación ou solicitude de modificación proposta:

    • Delimitación gráfica da líña de declaración das superficies da solicitude única ou a saída gráfica obtida a través do Visor SIXPAC. Delimitando por medio de bosquexo acoutado ou en formato electrónico WKT ou shape o cambio proposto sobre o recinto afectado.

    • Acreditación de que os cambios alegados figuran actualmente na Oficina Virtual de Catastro.

    • Certificado de dereitos de rega ou rexistro de auga expedido pola Administración hidráulica competente.

    • Saída gráfica do Catastro de Urbana coa parcela catastral obxecto da alegación.

    • Memoria descritiva que xustifique a necesidade da modificación ou eliminación do elemento estrutural.

    • Para os tipos 9 e 14, así como para os cambios do uso FO aos usos PS, PA ou PR, e os cambios dos usos PA  e PR  ao uso PS, un mínimo de dúas fotografías datadas e xeorreferenciadas, indicando sobre a saída gráfica do visor o punto onde se tomaron e orientación. As mesmas serán voluntarias en calquera outra alegación como xustificación do cambio proposto.

    • Outra documentación xustificativa das alegacións ao Sixpac presentadas que se considere convinte.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 12 de maio de 2020 pola que se declara a continuación da tramitación dos procedementos que regulan as ordes de regulación da aplicación de pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control nas diversas campañas, e as resolucións de axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares (DOG nº 99 do 25 de maio de 2020).

    • Orde do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 85 do 5 de maio de 2020).

    • Extracto da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 85 do 5 de maio de 2020).

    • Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G) (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2020).

    • Extracto da Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR239O e MR239G) (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 19 de xaneiro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña (submedida 13.1) e en áreas distintas de montaña (submedida 13.2), cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 12 de febreiro de 2020 (DOG nº 20 do 1 de febreiro de 2021).

    • Resolución do 10 de novembro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, reguladas na Orde do 12 de febreiro de 2020. (DOG nº 226 do 24 de novembro de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).

    • Orde APA/377/2020, de 28 de abril, pola que se modifican, para o ano 2020, diversos prazos establecidos nos Reais Decretos 1075/2014, 1076/2014, 1077/2014 e 1078/2014, todos eles de 19 de decembro, dictados para a aplicación en España da Política Agrícola Común (BOE nº 120 de 30 de abril de 2020).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.

    • Regulamento de Execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos Regulamentos de Execución (UE) n. 809/2014, (UE) n. 180/2014, (UE) n. 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que incumbe a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOUE 17.04.20 L 119)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59