Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
IN421R - Subvencións para a mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES).
1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2020-2021 para a concesión de axudas ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) -IN421Q-Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión da Actuación 1 e na Actuación 2 e -IN421R-Procedemento de presentación de solicitudes.
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.
Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Actuación 3: I mplantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.
1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3.2 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (para as actuacións tipo 2, tipo 3 e tipo 4 considérase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia). En concreto, os seguintes:
Tipo actuación
Actuacións 1 e 2
-
Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
-
Persoas físicas.
-
Comunidades de propietarios.
-
Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.
-
Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.
Actuacións 3 e 4
-
Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
-
Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W.
-
Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.
2. Non serán beneficiarios destas axudas:
a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) nº 651/2014.
b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Obrigas dos beneficiarios
1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:
a) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.
b) Xustificar ante o Inega directamente ou a través da entidade colaboradora, cando proceda, que cumpre cos requisitos ou condicións que determinan a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
c) Presentar ante o Inega directamente ou a través da entidade colaboradora seleccionada, cando proceda, as outras dúas ofertas que necesariamente teñen que acompañar a solicitude de axuda cando a actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto sen IVE para o beneficiario igual ou superior a 15.000,00 €. Non será precisa a presentación destas ofertas para a Actuación 1.
As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben. As ofertas presentadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
d) Acreditar ante o Inega directamente ou a través da entidade colaboradora, cando proceda, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Realizar o pagamento das facturas antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 19 desta convocatoria.
f) Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia será tramitada directamente polo beneficiario ou pola entidade colaboradora, cando proceda, mediante a presentación do anexo VI que se xunta a título informativo e que estará dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
g) O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os tres anos (3 anos) posteriores á data da resolución de pagamento final, no caso da Actuación 1-Adquisición de vehículos alternativos este prazo será de dous (2) anos salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.
h) Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de tres (3) anos desde a resolución de pagamento final, no caso da Actuación 1-Adquisición de vehículos alternativos, este prazo será de dous (2) anos, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.
i) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
j) Comunicar ao Inega, directamente ou a través da entidade colaboradora, cando proceda, a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.
k) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
l) Toda referencia ás actuacións subvencionadas en publicacións, actividades de difusión, páxinas web e, en xeral, calquera medio de difusión debe cumprir cos requisitos que figuran no Manual de imaxe do programa que estará dispoñible na web do IDAE, no cal figurarán o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o Programa de incentivos a mobilidade eficiente e sustentable, MOVES II, e tamén deberá constar o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Requisitos, condicións e solvencia.
a) Poderán ser entidades colaboradoras:
1º. Para a Actuación 1:
Os concesionarios ou puntos de venta cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 comercio grosista de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios, ou 654.1 comercio retallista de vehículos terrestres.
2º. Para a Actuación 2:
As empresas con actividade de instalación de baixa tensión.
Será necesario que estas empresas estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).
As entidades colaboradoras teñen que ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos públicos aos beneficiarios, que recibirán o importe da axuda directamente do Inega.
c) Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
1º. Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
2º. Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
3º. Xustificación da axuda ante o Inega.
d) Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na páxina web do Inega (www.inega.gal).
e) Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo que se indica no número 3 deste artigo.
f) De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no cal se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo II destas bases. O convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.
g) Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, 5,San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Email: inega.info@xunta.gal
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa Moves II), anualidade 2020 (DOG nº 184 do 10 de setembro de 2020).
Extracto da Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable programa Moves II), (DOG nº 184 do 10 de setembro de 2020)
Resolución do 5 de abril de 2021 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa Moves II), anualidade 2020 (DOG nº 68 do13 de abril de 2021).
Resolución do 19 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa Moves II), anualidade 2020 (DOG nº 21 do 1 de febreiro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
01/10/2020 09:00 - 10/09/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 1 de outubro de 2020 e rematará un ano despois da publicación no DOG da presente convocatoria.
1. As solicitudes serán subscritas directamente polos interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito ou cando se trate das actuacións 1 e 2, polas entidades colaboradoras se se tramita a axuda a través destas. Unha vez presentada unha solicitude, non se poderá modificar o proxecto ata que se dite resolución de concesión.
Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas para tramitar as actuacións 1 e 2.
2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes, será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas ou, se for o caso, polas entidades colaboradoras.
A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria e xerará a solicitude do beneficiario por duplicado.
3. A solicitude (anexo III) imprímese obrigatoriamente desde a aplicación informática.
O solicitante ou a entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario ou representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo III.
4. Para poder presentar unha solicitude debe ter o seguinte contido mínimo:
a) Solicitude de axuda-anexo III.
b) Autorización para a representación-anexo IV, salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital.
c) Presentación da oferta do proxecto que se pretende levar a cabo. Achegaranse tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €, salvo para a Actuación 1.
5. Os fondos solicitados e os validados poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará a contía de axuda correspondente ao expediente dos fondos dispoñibles, polo tanto, a axuda máxima que se conceda ao expediente estará limitada pola axuda indicada na solicitude inicial.
De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles, as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera.
No momento da presentación, a aplicación informática, informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de espera.
As inadmisións, desistencias, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados, liberarán fondos que poderán ser reasignados aos expedientes que se atopen en listaxe de espera segundo a orde de prelación que lle corresponda.
6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Documentación necesaria para a tramitación do procedemento
1. Co envío da solicitude (anexo III) deberase incluír dixitalmente en formato PDF, con tamaño máximo por arquivo individual de 5 MB, a seguinte documentación complementaria:
a) Autorización para a representación segundo o anexo IV.
b) Cando se trate da Actuación 2-Implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos e da Actuación 3-Implantación de sistema de préstamo de bicicletas eléctricas, deberá acreditar a titularidade dos terreos ou inmobles sobre os que se vai executar o proxecto ou a súa dispoñibilidade, durante un período mínimo de tres anos (que permitan concretar a situación do predio ou inmoble sobre o terreo).
Os documentos admitidos para acreditar a titularidade son: certificado do Rexistro da Propiedade, escritura pública de obra nova, escritura pública de compravenda, escritura pública de aceptación da herdanza, escritura pública de doazón e aceptación ou sentenza xudicial segundo corresponda, contrato de arrendamento ou cesión de uso acompañado de documento que acredita a titularidade do arrendador ou cedente.
Non se admitirán como acreditación da titularidade recibos de impostos de bens inmobles ou certificacións do Catastro inmobiliario.
c) Para as actuacións tipo 2, 3 e 4, achegarase unha memoria técnica descritiva da actuación por acometer segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal).
d) Presentación da oferta do proxecto que se pretende levar a cabo.
Cando o investimento sen IVE da actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000,00 €, o solicitante ou persoa que o represente achegará, xunto co resto da documentación complementaria, as tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo. Isto non será aplicable no caso da Actuación 1-Adquisición de vehículos de enerxías renovables.
A escolla dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a escolla non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da escolla.
Non será necesario presentar as 3 ofertas se polas especiais características dos gastos que se subvencionan non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, e neste suposto o beneficiario debe prestar declaración expresa motivada en tal sentido.
As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados.
e) Para aqueles casos en que o IVE poida ser subvencionable por non ser recuperable conforme a lexislación vixente, será preciso comprobar a xustificación por parte dos beneficiarios de non suxeición ou exención do imposto, emitida pola AEAT mediante a presentación da documentación oportuna. Con carácter xeral, salvo para persoas físicas, considerarase o IVE como non subvencionable.
f) Cando se trate da Actuación 4-Implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas, no caso de investimentos en protección do medio natural non separados, deberase achegar unha oferta técnica dun provedor que avale o orzamento dun investimento similar que supoña unha menor protección do medio natural e que se podería realizar de forma crible sen a axuda.
g) No suposto da Actuación 1, cando proceda, certificado de discapacidade emitido por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
h) Para a Actuación 1, no caso de operacións de renting, en todos os supostos, o destinatario último da axuda asinará un documento de cesión do dereito de cobro a favor da compañía de renting que formalice a operación. Ademais, achegarase un certificado da conta bancaria da compañía de renting na cal se solicita o pagamento da axuda.
i) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.
j) Cando se trate dunha agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, ademais da documentación sinalada nas letras a), b) e c) no suposto de realizar a Actuación 1-Adquisición de vehículos ou/e Actuación 2-Implantación de Infraestruturas de recarga, deberá achegar a través da entidade colaboradora a documentación seguinte:
1º. Documentación que acredite a súa constitución.
2º. Documentación que acredite a representación con que se actúa.
3º. Cando se trate da Actuación 2-Implantación de Infraestruturas de recarga, achegarase un documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, ademais do importe da subvención que vai aplicar a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios, mediante a presentación do anexo V (xúntase a título informativo). Este anexo deberá completarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
A agrupación deberá nomear un representante autorizado para tramitar a subvención e non se poderá disolver en canto estean vixentes os prazos de prescrición aplicables.
4º. Cando se trate dunha comunidade de veciños, achegarase o acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios, aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras no suposto de que realicen a Actuación 2-Instalación de infraestruturas de recarga e facultando o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención. Deberán constar os compromisos asumidos por cada membro, así como o importe da subvención que se vaia aplicar a cada un deles.
k) As administracións públicas, ademais da documentación sinalada nas letras a), b) e c) deberán achegar:
1º. Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.
2º. Declaración responsable onde se acredite a súa adscrición, especificando se se refire á Administración xeral do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia ou a unha entidade local e onde declare se desenvolve ou non actividade comercial ou mercantil.
3º. Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases, se procede.
4º. No caso das administracións locais, certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas de cada exercicio orzamentario ao Consello de Contas a que legalmente está obrigado. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
l) As empresas, xunto coa solicitude presentarán a documentación prevista nas letras a), b) e c) deste artigo e, cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente (non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa pública), ademais de:
1º. Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como: declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas. Tamén se aceptarán os documentos en que aparezan as actividades previstas no IAE que se correspondan coas seccións do CNAE 2009.
2º. Documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (para as actuacións tipo 2, tipo 3 e tipo 4 considérase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia).
3º. No caso de empresas públicas, ademais deberá achegarse certificado do representante legal ou de persoa habilitada onde se acredite a súa condición de empresa pública.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Todos os trámites posteriores que as persoas interesadas teñan que realizar presentaranse electronicamente a través da aplicación do Inega.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Consulta dos administradores da sociedade, cando se trate dunha persoa xurídica.
f) Certificado de alta no imposto de actividades económicas.
g) Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
i) Certificación de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
j) Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores ou certificado de situación censual, expedido por la Axencia Estatal da Administración Tributaria, cando se trate de profesionais autónomos.
k) Consulta de datos de vehículos coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
l) Consulta de datos de propietarios coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
– Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esa consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de solicitude (anexo III) e achegar os documentos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Proxectos de enerxías renovables térmicas.
Adhesión ao programa de axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, no sector residencial.
Adhesión ao programa de axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial.
Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica no sector residencial.