Guía de procedementos e servizos

IN421Q

Adhesión para a xestión de subvencións do programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES).

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 11/09/2020 00:00 - 10/09/2021 23:59

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2020-2021 para a concesión de axudas ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) -IN421Q-Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión da Actuación 1 e na Actuación 2 e -IN421R-Procedemento de presentación de solicitudes.

2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.

Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.

1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3.2 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (para as actuacións tipo 2, tipo 3 e tipo 4 considérase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia). En concreto, os seguintes:

Tipo actuación

Actuacións 1 e 2

  • Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.

  • Persoas físicas.

  • Comunidades de propietarios.

  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.

  • Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.

Actuacións 3 e 4

  • Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.

  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W.

  • Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.

2. Non serán beneficiarios destas axudas:

a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

 

Obrigas e compromisos das entidades colaboradoras.

a) Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

1º. Encontrarse ao día no pagamento das obrigas tributarias coa facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

2º. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

3º. Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito co Inega.

4º. Actuar en nome e por conta do Inega para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión das subvencións sen que se produza a previa entrega e distribución dos fondos recibidos.

5º. Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de tres anos desde a súa concesión.

6º. Remitir copia dixitalizada de dita documentación ao Inega.

7º. Deixar clara constancia nos seu rexistro contable e así facilitar a axeitada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

1º. Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda (anexo III) a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

2º. Vender ou instalar no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas na convocatoria de axudas.

3º. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento da convocatoria, en concreto, no caso de que proceda a autorización ou inscrición da instalación no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria.

4º. Exhibir, nos seus centros de traballo ou puntos de vendas durante a vixencia do programa MOVES, un cartel de promoción en que se informe de que se trata dunha entidade colaboradora adherida conforme o modelo que se porá á disposición na páxina web do Inega.

5º. Facilitarlle ao Inega canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.

6º. Comunicar calquera variación que poida acontecer nos datos recollidos nos documentos achegados.

 

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Dirección Inega

Xerencia do Inega

Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 - San Lázaro

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541500

Email: inega.info@xunta.gal

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/09/2020 00:00 - 10/09/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia do programa MOVES II en Galicia, o cal sucederá transcorrido un ano desde a publicación no DOG da presente convocatoria.

Requisitos, condicións e solvencia.

a) Poderán ser entidades colaboradoras:

1º. Para a Actuación 1:

 Os concesionarios ou puntos de venta cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 comercio grosista de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios, ou 654.1 comercio retallista de vehículos terrestres.

2º. Para a Actuación 2:

 As empresas con actividade de instalación de baixa tensión.

Será necesario que estas empresas estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).

As entidades colaboradoras teñen que ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos públicos aos beneficiarios, que recibirán o importe da axuda directamente do Inega.

c) Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:

1º. Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

2º. Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.

3º. Xustificación da axuda ante o Inega.

d) Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na páxina web do Inega (www.inega.gal).

e) Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo que se indica no número 3 deste artigo.

f) De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no cal se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo II destas bases. O convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

g) Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Forma de presentación das solicitudes

As solicitudes serán presentadas directamente polo beneficiario ou a persoa que o represente, salvo cando se trate de axudas para:

Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.

Neste caso a solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles, que actuarán como entidades colaboradoras, excepto cando o solicitante sexa o sector público, que poderá solicitala directamente.

Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

As solicitudes faranse a través de empresas con actividade de instalación de baixa tensión, que actuarán como entidades colaboradoras, salvo cando o beneficiario sexa o sector público ou empresas con actividade de estación de servizos, que poderán solicitala directamente.

Adhesión común.

a) A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

b) A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para encher a solicitude de adhesión (anexo I) e o convenio de colaboración (anexo II). A seguir xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos -o segundo por duplicado-.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo I), deberá presentala por vía electrónica de conformidade ao establecido nestas bases. As copias dos documentos dixitalizados gozarán da mesma validez e eficacia que os orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Se a entidade interesada presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

A publicación dos formularios de solicitude no DOG farase unicamente para os efectos informativos.

c) As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1º. Documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.

2º. Convenio de colaboración debidamente asinado pola entidade colaboradora (anexo II).

Unha vez asinado polo Inega a entidade colaboradora poderá acceder ao citado convenio no taboleiro.

d) A documentación complementaria deberase presentar electronicamente, as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa presentada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos 5 MB, por arquivo individual, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

e) Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento, IN421Q, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

1º. NIF da entidade solicitante.

2º. DNI/NIE da persoa solicitante.

3º. DNI/NIE da persoa representante.

4º. Certificado de estar ao día no pagamento coa AEAT.

5º. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

6º. Certificado de estar ao día no pagamento coa facenda autonómica.

7º. Certificación de alta no Imposto de Actividades Económicas cando a entidade colaboradora sexa unha empresa.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de solicitude (anexo I) e achegar os documentos correspondentes.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

20 días hábiles desde a presentación da solicitude.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa Moves II), anualidade 2020 (DOG nº 184 do 10 de setembro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable programa Moves II), (DOG nº 184 do 10 de setembro de 2020)

    • Resolución do 5 de abril de 2021 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa Moves II), anualidade 2020 (DOG nº 68 do13 de abril de 2021).

    • Resolución do 24 de xullo de 2025 pola que se modifican o financiamento e as obrigas de publicidade recollidas na Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa Moves II), anualidade 2020(DOG nº 145 do 31 de xullo de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano