Guía de procedementos e servizos

ED702B

Obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 14/07/2020 00:00 - 12/08/2020 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Apróbase a convocatoria para a presentación de solicitudes por parte dos interesados que desexen obter a avaliación, para poder ser contratados como persoal docente e investigador, por algunha das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia (SUG), como profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor, de conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e que debe emitir o consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe da ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981534173

Fax: 981534174

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

14/07/2020 00:00 - 12/08/2020 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

  • Avaliacións ou informes previos á contratación do profesorado universitario ( 30.54.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

1. As persoas solicitantes deberán cubrir o modelo de solicitude (anexo I) a través da aplicación informática de ACSUG, accedendo a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Deberá indicarse para cal ou cales das figuras contractuais se solicita a avaliación. No caso de que se pida máis dunha figura, farase na mesma solicitude.

2. Unha vez cuberta a solicitude na aplicación da ACSUG do xeito que se indica no punto anterior e realizado o pagamento das taxas administrativas correspondentes, a dita solicitude, presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, conforme o establecido no artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderá dirixirse ao teléfono do Servizo de Atención e Información á Cidadanía 012.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Xustificante do pagamento das taxas devindicadas pola tramitación da solicitude (código da taxa 305401).

– CD-ROM coa documentación xustificativa dos méritos curriculares.

Respecto ao anexo I (solicitude) e ao xustificante do pagamento das taxas devindicadas pola tramitación da solicitude rexerá o disposto na base cuarta.

Respecto ao CD-ROM coa documentación xustificativa dos méritos curriculares rexerá o disposto na base novena.

2. A documentación complementaria deberá presentarse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación desta documentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. En todo caso, esta documentación terá que ser presentada en formato electrónico (CD-ROM, DVD). A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

En caso de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– Título universitario de doutor.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Formalización e alegación dos méritos curriculares

O currículo formalizarase no formato dixital dispoñible na aplicación informática accedendo a través da páxina web www.acsug.es. Só se valorarán os méritos que aparezan cubertos deste xeito no currículo. No caso de que un mérito sexa susceptible de ser incluído en distintas epígrafes do currículo, o interesado elixirá o lugar onde desexa que aquel sexa valorado.

Xustificación dos méritos curriculares

1. A documentación xustificativa dos méritos curriculares alegados deberase achegar en soporte dixital xunto coa solicitude.

Non se admitirá ningún documento xustificativo dos méritos curriculares en formato papel, sen prexuízo do cal, a ACSUG poderá solicitar ao interesado ao longo da tramitación do procedemento, o cotexo dos méritos alegados mediante a presentación dos correspondentes documentos orixinais.

2. A documentación xustificativa dos méritos curriculares non será obxecto de emenda. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes non se admitirá a presentación de ningunha documentación. A avaliación do currículo farase con base nos xustificantes dos méritos achegados polo solicitante ata o momento do peche do prazo. A ACSUG poderá requirir aos solicitantes as aclaracións e concrecións que considere oportunas.

3. Como criterio xeral os solicitantes xustificarán do xeito máis axeitado e completo posible a realización dos seus méritos curriculares, coa finalidade de facilitar a súa avaliación. Sen prexuízo do anterior, os méritos que se relacionan a continuación só se terán en conta cando se xustifiquen do xeito que expresamente se indica:

– A docencia universitaria regrada xustificarase cun certificado da autoridade académica competente emitido pola universidade en que se prestase aquela, no cal deberán constar as materias e o número de horas ou créditos impartidos.

– O expediente académico xustificarase a través dun certificado expedido pola autoridade competente, en que figurará a nota media calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificación nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

– Os cursos e másters recibidos xustificaranse co correspondente certificado en que conste o número de horas destes.

– As bolsas e as axudas acreditaranse a través da credencial emitida polo organismo pagador destas.

– Os proxectos e contratos de investigación competitivos e non competitivos xustificaranse coa documentación en que conste a súa concesión por parte do organismo pagador, as características, o posto ocupado como membro do proxecto e o seu carácter internacional, nacional, autonómico, interuniversitario ou interdepartamental.

– A actividade profesional desenvolvida xustificarase prioritariamente coa presentación da copia dos correspondentes contratos de traballo e o certificado de vida laboral da Seguridade Social.

– Para acreditar libros, artigos e demais publicacións será suficiente con entregar unha copia escaneada da primeira e última folla, índice e folla onde figure o ISBN, ISSN, depósito legal, etc.

– No caso de publicacións telemáticas, se son de acceso libre, sinalarase o modo de acceso. En caso contrario, xuntarase o arquivo da publicación en que figure o ISBN, ISSN, depósito legal, etc.

– No caso de traballos aceptados e pendentes de publicación, xustificaranse coa aceptación da editorial ou organismo responsable da publicación.

4. Tendo en conta que as persoas solicitantes asinan unha declaración respecto da veracidade dos datos que fan constar na solicitude e no currículo, así como de toda a documentación xustificativa que xuntan á solicitude, estas asumirán as responsabilidades que puidesen derivar das inexactitudes que consten tanto na solicitude como na documentación que presenten.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 1 de xullo de 2020 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2020 (DOG nº 138 do 13 de xullo de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

ED421A

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/09/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59