Guía de procedementos e servizos

CT143A

Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 30/06/2020 00:00 - 30/09/2020 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

1. En cumprimento do seu obxectivo de promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións e de favorecer a comunicación social das artes plásticas, o CGAC vén desenvolvendo un importante traballo editorial no eido da arte contemporánea, recollendo e documentando tanto as súas actividades e exposicións como a súa colección.

2. Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Obrigas da persoa beneficiaria, compatibilidade e reintegro

1. A persoa beneficiaria queda obrigada a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Cultura e Turismo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado, a achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e demais obrigas establecidas no artigo 11 da citada Lei 9/2007.

2. O premio será compatible con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.

3. Procederá a revogación da subvención, así como o reintegro total ou parcial da cantidade percibida e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC

Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC

R/ Valle Inclán, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546614 / 981546615

Email: xerencia.cgac@xunta.gal

http://cgac.xunta.gal

Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

30/06/2020 00:00 - 30/09/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación destas bases e da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2020.

- Non poderán resultar premiados os participantes nos cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Os textos para presentar serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos os espazos. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato que poida identificar a persoa participante e, polo tanto, que rompa o anonimato. O incumprimento deste aspecto provocará a exclusión do proceso.

- Tendo en conta que as persoas que poden optar a este premio teñen capacidade e medios suficientes para a presentación electrónica, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da presentación electrónica. Para os efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha copia do texto.

b) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para os efectos, considérase como data de presentación aquela en que for realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que os documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada. A información actualizada sobre os tamaños máximos e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2020 (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).

    • Extracto da Orde do 16 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).

    • Resolución do 4 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade da concesión do III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea do ano 2020 (DOG nº 255 do 21 de decembro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT141A

Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños de Santiago.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 16/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59

CT142A

Premios da Cultura Galega

Tramitar en liña

Prazo pechado: 09/07/2025 00:00 - 22/09/2025 23:59

PR970A

Bolsas de estadía do consello da cultura galega na Casa de Velázquez en Madrid.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 24/06/2022 00:00 - 26/07/2022 23:59