Guía de procedementos e servizos

TU200B

Axudas para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en dirección hoteleira no estranxeiro.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 23/01/2019 00:00 - 22/02/2019 23:59

Presidencia da Xunta de Galicia

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Estas bases teñen por obxecto o outorgamento, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que teñan finalizados os estudos de gran diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e vaian realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2018/19 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2018/19 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Profesionalización

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

Teléfono: 981542519 / 981542559

Fax: 981542590

Email: informacion.cshg@xunta.gal

http://turismo.xunta.gal

Axencia Turismo de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/01/2019 00:00 - 22/02/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Para poder optar á concesión dunha axuda deberán cumprirse as seguintes condicións:

1. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes e queda excluído de concorrer a estas axudas quen se atopa en situación de estadía.

2. Ter finalizados os estudos do gran diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou diploma superior de Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

3. Ter formalizada a matrícula para a realización de estudos complementarios para a obtención no curso 2018/19 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro

4. Posuír o nivel de idiomas requirido no centro en que se formalice a matrícula.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • Acreditación de posuír o nivel de idiomas requirido no centro en que se formalice a matrícula. Os documentos que se acheguen deberán estar traducidos ao galego ou ao castelán por tradutor/a xurado.

    • Copia copia do xustificante da matrícula nos estudos complementarios para a obtención no curso 2018/19 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro para os que se solicita a axuda.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • NIF da entidade representante.

  • DNI ou NIE da persoa representante.

  • Certificación dos estudos realizados no CSHG.

  • Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal.

  • Acreditación de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes (anexo II) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2018/19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2019).

    • Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2018/19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TU200A

Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) (bolsas ordinarias).

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59

TU200C

Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) (bolsas excelencia académica)

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59

TU200D

Bolsas para persoas galegas residentes no exterior para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 25/07/2025 00:00 - 25/08/2025 23:59

TU201A

Premios Galicia parabéns.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 25/01/2019 00:00 - 25/03/2019 23:59