Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341X
Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE).
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Convócanse para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a realización do Programa de formación dual en centros especiais de emprego reguladas por esta orde.
Convocatoria.
Convócanse para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a realización do Programa de formación dual en centros especiais de emprego reguladas por esta orde.
Custos subvencionables.
O importe da subvención financiará os seguintes conceptos subvencionables:
a) Axuda ao custo salarial das persoas alumnas-traballadoras.
b) Axuda para o persoal de apoio e acompañamento ás persoas con discapacidade.
c) Axuda para a actividade formativa.
Beneficiarias das subvencións.
1. Poden beneficiarse das subvencións recollidas nestas bases reguladoras as persoas físicas ou xurídicas que na data de presentación da solicitude figuren inscritas como centros especiais de emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento, e que na data de presentación da solicitude cumpran as seguintes condicións:
– Estar cualificados sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.
– Contar cun mínimo de dez traballadores, dos cales como mínimo o 30 % deben ter discapacidade intelectual.
– Ter solicitado ante a xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria o inicio da actividade formativa para a impartición da formación profesional dual, mediante a contratación por conta allea de persoas con discapacidade intelectual desempregadas, na modalidade de contrato para a formación e a aprendizaxe.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios:
a) Os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
b) Os CEE excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
c) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.
d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teñan unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de acreditar unha xestión diferenciada deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
e) Os CEE que non estean ao día coas obrigas rexistrais, segundo o establecido no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.
f) As empresas en crise e as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase a axuda concedida polo Estado membro ilegal e incompatible co mercado exterior, segundo o indicado nas letras a) e c) do artigo 1.4 do Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.
3. A acreditación de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b) c), d) e f) do punto 2 deste artigo para poder obter a condición de beneficiarias das axudas realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen no anexo de solicitude. O órgano xestor poderá comprobar en calquera momento a veracidade das ditas declaracións.
Persoas destinatarias finais.
1. Son persoas destinatarias finais destas axudas aquelas persoas desempregadas que teñan recoñecida unha discapacidade intelectual e que non teñan a cualificación profesional requirida e recoñecida polo Sistema de formación profesional para o emprego ou polo Sistema educativo, para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou para o emprego obxecto do contrato.
Estas persoas deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento do inicio da actividade.
2. As persoas traballadoras con discapacidade a que se dirixe esta orde non deben ocupar postos que quedasen vacantes como consecuencia de despedimentos declarados ou recoñecidos improcedentes.
3. As persoas destinatarias finais desta subvención non poderán ser usuarias dunha praza pública de servizo ocupacional a xornada completa.
4. As condicións do posto de traballo de cada unha das persoas con discapacidade, destinatarias finais da subvención, deben adaptarse ás condicións individuais de cada persoa, de xeito que esta poida desenvolver as tarefas básicas do seu posto de traballo, sen menoscabo das súas capacidades.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificio Admtvo. S. Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545701/ 981544716
Prazo de presentación: PECHADO
05/10/2019 00:00 - 04/11/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Presentarase unha solicitude por cada proxecto de formación dual, que se formalizará obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Cada centro especial de emprego poderá presentar un máximo de dous proxectos, que deberán orientarse á obtención de diferentes certificados de profesionalidade. De presentarse máis de dous, os presentados en terceiro e sucesivos lugares serán inadmitidos.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación complementaria indicada no artigo seguinte e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
b) Certificación do cadro de persoal segundo o modelo do anexo II, ordenada alfabeticamente por apelidos, referida ao mes en que se solicita a subvención.
c) Proxecto de formación dual de acordo co modelo que consta na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no ligazón http://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/secretaria-xeral-de-emprego conforme os contidos establecidos no artigo 35.
d) Currículo e documentos que acrediten a experiencia do persoal de apoio e acompañamento ás persoas con discapacidade, de ser o caso.
e) Anexo IV: autorización para a comprobación de datos das persoas traballadoras obxecto de subvención, de ser o caso.
f) Certificación de discapacidade, no caso de que non estea expedida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Acordos con empresas privadas do sector que mostren interese na execución do proxecto, de ser o caso.
h) No caso de que se subcontrate a formación, contrato ou convenio de colaboración de acordo cos contidos establecidos no artigo 24.2 destas bases reguladoras ou, de ser o caso, preacordo ou documento pro forma, cos ditos contidos.
No caso de que a subcontratación sexa con empresas vinculadas, deberase presentar xustificación de que a contratación se produciu segundo as condicións normais de mercado.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF entidade solicitante.
d) Certificación de que a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria.
e) Certificación de que a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
f) Certificación de a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Informe de contas de cotización asociadas a un NIF.
j) DNI ou NIE das persoas obxecto desta subvención.
k) Informe da vida laboral das persoas obxecto desta subvención.
l) Contratos de traballo das persoas obxecto desta subvención.
m) Certificación acreditativa da discapacidade das persoas das persoas alumnas-traballadoras obxecto desta subvención cando esta fora expedida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
n) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas alumnas-traballadoras obxecto desta subvención.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I ou no anexo IV, segundo corresponda, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A comprobación será realizada polo órgano competente en cada unha das fases de concesión, xestión, control e verificación das axudas.
Todos os tramites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación dos procedementos regulados nesta orde deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de Xustificación
- Xustificación da axuda concedida (Anexo V)
- Autorización para a comprobación de datos das persoas traballadoras - xustificación (Anexo IV)
- Anexo VI: información ás persoas traballadoras acerca da subvención do seu contrato
- Información ás persoas traballadoras acerca da subvención do seu contrato (Anexo VI)
- Documentación que deben presentar os CEE beneficiarios das axudas (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se procede á súa convocatoria plurianual (2019 a 2022) (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2019).
-
Extracto da Orde do 25 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se procede á súa convocatoria plurianual (2019 a 2022) (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2019).
-
Resolución do 22 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 25 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se procede á súa convocatoria plurianual (DOG nº 226 do 27 de novembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano