Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI447A
Axudas para a concesión de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
1. O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas estadías para o ano 2019.
2. A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia.
Mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As mulleres beneficiarias, ademais das obrigas previstas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán:
a) Realizar a actividade para a que solicitou a axuda e que lle foi concedida.
b) Aceptar as normas de convivencia e as recomendacións que lle sexan realizadas desde a Secretaría Xeral da Igualdade e polas/os profesionais que exerzan funcións de coordinación e acompañamento durante o desenvolvemento das estadías.
c) Comunicarlle á Secretaría Xeral da Igualdade a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero
Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
Servizo de Planificación e Mellora da Coordinación
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545361
Email: vx.igualdade@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña
Rúa Vicente Ferrer 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881091 / 881881092
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294262 / 982294355
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense
Avda. Habana 79
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386843
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo
Rúa Concepción Arenal 8,1
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817658
Prazo de presentación: PECHADO
02/04/2019 00:00 - 02/05/2019 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Poderán solicitar as prazas obxecto desta convocatoria as mulleres que reúnan os seguintes requisitos, na data de presentación da solicitude:
a) Ter fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Non convivir con parella afectiva.
c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d) Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente.
e) Non padecer ela, nin as fillas/os menores e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
2. Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
A solicitude da subvención deberá presentarse no modelo que figura como anexo I desta resolución, debidamente cuberto e asinado pola persoa solicitante, xunto coa seguinte documentación:
a) Copia do libro de familia, certificación expedida polo Rexistro Civil ou calquera outro documento que acredite fidedignamente a relación materno filial.
b) Informe social, sentenza xudicial de custodia ou calquera outro documento que acredite que as/os fillas/os están exclusivamente ao seu cargo.
c) Nos casos de menores en acollida, a cargo, deberá achegarse copia da resolución xudicial acreditativa da dita situación ou da resolución administrativa acreditativa da dita situación se non fose expedida pola Xunta de Galicia.
d) Copia da certificación acreditativa da discapacidade da solicitante ou das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, a cargo, cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.
e) Documentación que xustifique os ingresos da solicitante declarados no punto 1 do anexo I.
f) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de ser o caso.
g) Informe do centro de acollida para vítimas de violencia de xénero que acredite que a solicitante está a residir nel, de ser o caso.
h) Informe médico do Servizo Galego de Saúde (Sergas), referido tanto ás mulleres como as súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, que a vaian acompañar, no que conste que non padecen ningunha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.
i) Anexo II, de ser o caso.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As solicitantes deberán comunicar á Secretaría Xeral da Igualdade calquera modificación que se produza nos datos indicados na súa solicitude ou en calquera dos documentos que a acompañan. Esta variación comunicarase no momento en que se produza, co fin de axilizar a instrución do procedemento. No caso das prestacións do Servizo Público de Emprego non será preciso achegar a dita documentación agás que se denegue expresamente á Secretaría Xeral da Igualdade a dita consulta.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Certificado de residencia legal da persoa solicitante estranxeira.
c) Certificado de residencia da persoa solicitante.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Resolución administrativa de acollemento familiar emitido pola Xunta de Galicia.
b) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante e/ou das fillas/os menores e/ou menores en acollida, a cargo.
c) Prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (área de Galicia) da solicitante.
d) Renda de Integración Social de Galicia (Risga) da solicitante.
e) Inscrición da solicitante como demandante de emprego.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no modelo de solicitude (anexo I) ou no anexo II, se é o caso, e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 12 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regula e se convoca para o ano 2019 o Programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (DOG nº 63 do 1 de abril de 2019).
-
Extracto da Resolución do 12 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regula e se convoca para o ano 2019 o Programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (DOG nº 63 do 1 de abril de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Título de familia numerosa / Carné familiar.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Aberto todo o ano
Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Aberto todo o ano
Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.
Prazo aberto: 01/01/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59