Guía de procedementos e servizos

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Política Social e Igualdade

O presente decreto ten por obxecto a regulación dos requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do recoñecemento destes centros.

Do recoñecemento e acreditación dos CIM.

O procedemento de recoñecemento e acreditación dun CIM iniciarase por solicitude da persoa titular da representación legal da entidade interesada dirixida ao órgano competente para a súa tramitación, para o cal debe achegar a documentación establecida neste capítulo.

Calquera persoa usuaria que, individual ou colectivamente, os solicite.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade

San lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881 995 044

Email: xestion.igualdade@xunta.gal

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 24 de Outubro de 2016.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos materiais a que se fai referencia no artigo 9 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.

  • Proxecto de organización e funcionamento do CIM.

  • Certificación do órgano competente da entidade local sobre o persoal do CIM.

  • No caso de mancomunidades ou outras entidades locais estatutos ou norma reguladora que proceda.

  • Certificación do cadro de horarios de atención ao público, de dirección e de prestación dos servizos de asesoramento xurídico e psicolóxico. No caso de desprazamento debe indicarse o detalle segundo o establecido no artigo 22.1.f) do decreto.

  • Outra documentación (indicar).

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2016).

    • Corrección de erros. Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2016).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano