Guía de procedementos e servizos

MT823B

Sorteo de postos de pesca de lamprea no río Tea.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 19/12/2019 00:00 - 03/01/2020 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

É obxecto desta norma a regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromyzon marinus) nas augas do río Tea durante o ano 2020.

Período e horario hábil

1. O período hábil de pesca será desde o 3 de febreiro ás 21.00 horas ata o 10 de maio ás 8.00 horas, do ano 2020.

A pesca realizarase en días alternos: os luns, mércores e venres desde as estacadas impares e os martes, xoves e sábados desde as pares.

2. Poderase pescar desde as 21.00 horas do día autorizado ata as 8.00 horas do día seguinte. Prohíbese a pesca desde as 8.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns.

Pescadores/as do río Tea.

A zona de pesca é o tramo do río Tea comprendido entre a ponte do ferrocarril (Salvaterra de Miño) e a praia da Moscadeira (Ponteareas).

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097 / 986805469

Fax: 986805436

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Solicitude

A presentación de solicitudes realizarase a través da opción "Tramitar en liña" habilitada á dereita.

Os modelos de documentos que debe achegar coa solicitude están dispoñibles no paso "Anexar documentación" do proceso de presentación da solicitude.

Tamén están dispoñibles na sección "Anexos asociados" situada ao pé desta páxina.

Prazo de presentación: PECHADO

19/12/2019 00:00 - 03/01/2020 23:59

O prazo para solicitar a participación no sorteo será de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Os medios autorizados para a pesca da lamprea no río Tea son a estacada, a fisga (unha por pescador) e a luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira ou similar situada voando sobre o río, perpendicularmente á dirección da corrente.

Características das estacadas

1. As estacadas deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Deberán ter acceso desde terra e en ningún caso a súa lonxitude máxima superará a metade do leito fluvial ocupado polas augas en cada momento.

b) Un extremo apoiarase na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación das augas baixo ela.

c) Deberán estar debidamente numeradas e situadas, de conformidade co recollido no anexo I. A situación exacta será indicada polo persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e non se poderán instalar sen o pagamento previo do prezo público correspondente. Calquera cambio de lugar requirirá solicitude e autorización previa do Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra. No suposto de que os adxudicatarios de dúas estacadas contiguas queiran montalas conxuntamente, solicitarano previamente e, se é o caso, montarase no lugar correspondente á sinalada augas máis abaixo.

d) Calquera modificación da vexetación de ribeira axustarase ao disposto na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. No caso de que a suxeición da estacada á terra sexa ás árbores de ribeira, tomaranse as medidas necesarias para que as ditas árbores non resulten danadas.

e) As luces colocaranse en liña paralela á estacada de xeito que todo o tramo quede iluminado coa mesma intensidade. En ningún caso se colocarán as luces por debaixo da estrutura da estacada. Prohíbense os focos ou similares.

f) Unha vez finalizado o réxime especial o día 10 de maio de 2020, os pescadores e as pescadoras disporán dun prazo de 15 días naturais para retiraren as estacadas e demais instalacións e deberán deixar o contorno libre de lixo.

2. Do incumprimento dos anteditos requisitos de instalación e retirada das estacadas responderán solidariamente todas as persoas autorizadas.

Presentación de solicitudes

1. As persoas interesadas poderán participar no sorteo público que efectuará o Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra.

Non poderá participar no sorteo quen fose inhabilitado por incumprir o establecido no artigo 14 da Orde do 5 de decembro de 2018 pola que se regula a pesca de lamprea no río Tea e se fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2019 (DOG núm. 241, do 19 de decembro).

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo II desta orde). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Pluralidade de persoas solicitantes

As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá achegarse coa solicitude a lista completa de persoas solicitantes segundo o modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo III desta orde). As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o anexo III citado no artigo anterior e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos do DNI ou NIE das persoas solicitantes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no anexo II ou no anexo III, segundo o caso, e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de decembro de 2019 pola que se regula a pesca de lamprea no río Tea e se fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2020 (DOG nº 240 do 18 de decembro de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano