Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR323C
Axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo en Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Convócanse para o exercicio orzamentario 2019, con carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.
Investimentos subvencionables.
1. Serán subvencionables as actuacións relacionadas a continuación:
a) Reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
c) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados, que poden comprender gastos xerais tales como honorarios dos técnicos que elaboren os proxectos de construción ou reforma, licenzas de software e outros permisos.
2. Os gastos xerais dos proxectos, non poderán superar o custo subvencionable do investimento, establecéndose un máximo dun 3 % para a redacción do proxecto, dun 3 % para a dirección de obra e dun 3 % para o estudo de viabilidade ou plan empresarial.
3. Non serán subvencionables a compra de dereitos de produción agrícola, animais e plantas anuais e a súa plantación; investimentos de simple substitución; maquinaria de segunda man; os custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación ou coa comercialización; a maquinaria e investimentos de carácter forestal. Tampouco será subvencionable o IVE nin as licenzas e taxas administrativas.
Poderán acollerse a estas axudas os seguintes beneficiarios:
a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546186
Fax: 981546892
Prazo de presentación: PECHADO
21/05/2019 00:00 - 20/06/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.
Deberán xustificar a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudo de viabilidade.
1. Non ter a consideración de empresa en crise. Considérase que as empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, número 18) do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias establecidas polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación que se debe presentar na solicitude da axuda.
Para solicitar a axuda do procedemento MR323C, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a. Anexo II: certificación do acordo do consello reitor para solicitar a subvención.
b. Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se fose o caso).
c. Copia dos estatutos en vigor da entidade.
d. Copia da escritura de constitución e inscrición rexistral.
e. Copia do balance e contas de resultados da empresa. As pemes deben achegar os do último exercicio, as non pemes os dos dous últimos exercicios.
f. Certificación das explotacións agrarias asociadas participantes nos investimentos. Identificarase o NIF, e máis o nome do titular da explotación.
g. Tres orzamentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo a compra de terreos.
ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo así como características técnicas.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
h. Certificación por parte da entidade solicitante en que consten os nomes, sexo e data de elección das persoas que compoñen o seu órgano de goberno.
i. No caso de investimentos en obra civil:
i. Proxecto visado (en soporte dixital) elaborado por técnico ou equipo técnico competente (polo menos deberá formar parte un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente)
ii. Xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras.
iii. No caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos.
j. Anexo III (comprobación de datos de terceiras persoas interesadas).
k. No caso de proxectos innovadores recoñecidos no marco da Asociación Europea para a Innovación, debe achegarse certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.
l. No caso de investimentos relacionadas con operacións en agricultura ecolóxica, certificado do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica.
m. Estudo de viabilidade técnico-económica elaborado por técnico ou equipo técnico competente (polo menos deberá formar parte un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente) que deberá incluír:
a. Unha memoria dos investimentos que se vaian realizar, en que se indique e xustifique:
a. O investimento colectivo que se realiza.
b. O número de explotacións socias.
c. Localización onde se realizará o investimento (en explotación titularidade da entidade asociativa ou ben en explotación dos seus socios). Referencia catastral das parcelas onde se realizará o investimento.
d. Orientacións produtivas actuais e orientacións produtivas dos novos investimentos.
e. Se a entidade procede ou non de fusión de cooperativas e enumeración destas, se é o caso.
f. Se o investimento se realizará ou non en zonas incluídas en Rede Natura 2000.
g. Se o investimento supón ou non un aforro enerxético.
h. Se son investimentos en tecnoloxías novas e eficaces para reducir as emisións de CO2 e NH3.
b. Unha descrición da situación inicial da explotación agrícola, con indicación das fases e obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.
c. Unha análise de mercado (con matriz dafo).
d. Unha descrición da situación final unha vez levado a cabo o plan de empresa.
e. Información pormenorizada sobre os investimentos que se vaian realizar e prazos (ingresos, gastos, investimento, financiamento, balance, conta de resultados e tesouraría), en que:
• Se indiquen as melloras que se realizan.
• Se estableza unha valoración do seu impacto sobre o cambio climático (emisións de gases efecto invernadoiro, capacidade de adaptación),
• Se inclúan as medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo eficiente de auga, etc..,.
• Figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea, estatal ou autonómica así ou exixa, e que preste especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas en Rede Natura 2000.
f. Información pormenorizada sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agrícola, incluídas as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– NIF da entidade solicitante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– NIF da entidade representante.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa AEAT.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Atriga.
– Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
– Concesión doutras subvencións.
– DNI/NIE da/s persoa/s que elabore/n o estudio técnico económico.
– Títulos oficiais universitarios da rama agraria da/s persoa/s que elabore/n o estudo técnico económico.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I ou no anexo III segundo o caso, e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Corrección de erros Orde do 22 de xuño de 2020 relativa ao réxime de anticipos, modificacións e renuncia en relación coas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 128 do 30 de xuño de 2020).
-
Orde do 22 de xuño de 2020 relativa ao réxime de anticipos, modificacións e renuncia en relación coas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 125 do 26 de xuño de 2020).
-
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
-
Orde do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 94 do 20 de maio de 2019).
-
Extracto da Orde do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 94 do 20 de maio de 2019).
-
Orde do 17 de setembro de 2019 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 179 do 20 de setembro de 2019).
-
Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59