Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN607F
Subvencións do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea. Liña 1
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas ao abeiro da RIS3 Galicia no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 orientadas:
a) Ao fomento da participación galega de calidade no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (en diante, Programa marco).
b) Á coordinación estratéxica entre ambas as fontes de financiamento, apoiando propostas presentadas a convocatorias do instrumento peme do Programa marco, ou a accións do Consello Europeo de Innovación (CEI) que lle dean continuidade, cunha excelente avaliación pero que non puideron ser financiadas por insuficiencia de crédito.
O obxectivo de ambas as medidas é a mellora da competitividade do Sistema galego de innovación.
2. Estas axudas convocaranse, en réxime de concorrencia non competitiva, de xeito anual ata o ano 2022, establecéndose no seu articulado todas aquelas particularidades non contidas nestas bases que se consideren precisas.
No anexo I recóllense ademais unha serie de definicións que serán de aplicación nestas convocatorias.
Pemes e organismos de investigación e difusión.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Estratexias e Programas
Rúa Airas Nunes s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541071
Email: programas.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
13/09/2019 00:00 - 30/10/2019 23:59
O prazo para presentar as solicitudes comenzará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria permanecendo aberta ata o 30 de outubro de 2019, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.
- No caso da liña 1, non poderán ser beneficiarias aquelas entidades que, pola actividade que desenvolvan ou o sector a que pertenzan, se atopen entre as excepcións recollidas no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis.
- Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Solicitude segundo o Anexo I.
Documentación Xurídico-Administrativa:
Modelo de autorización das persoas socias mancomunadas (anexo IV).
Modelo de comprobación de datos das persoas socias mancomunadas (anexo V).
Declaración responsable da categoría de empresa (peme) (anexo IX), se é o caso.
Poder da persoa representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente, verificado por letrado/a da Xunta de Galicia, no caso de apoderados/as de entidades mercantís distintos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro/a delegado/a.
Documentación Técnico-Económica:
Copia da proposta presentada ao Programa Marco de Investigación e Innovación.
Informe resumido da avaliación internacional.
Memoria de actuación na que se detallen as actividades a realizar e se xustifiquen todos os conceptos de gasto solicitados.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade solicitante.
Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
Consulta de concesións pola regra minimis.
Poder da persoa representante que presenta a solicitude inscrito no rexistro competente.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de solicitude de anticipo
- Solicitude de pagamento anticipado (Anexo VII)
- Fase de Xustificación
- Declaración da dedicación do persoal ao proxecto (Anexo VIII)
- Declaración das axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos e xudas minimis (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 31 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 131 do 11 de xullo de 2019).
-
Resolución do 3 de setembro de 2019 pola que se convocan para o ano 2019 as axudas para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 173 do 12 de setembro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 3 de setembro de 2019 pola que se convocan para o ano 2019 as axudas para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 173 do 12 de setembro de 2019).
-
Resolución do 17 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da convocatoria para o ano 2019 de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 42 do 3 de marzo de 2020).
-
Resolución do 22 de xullo de 2022 pola que se modifican a Resolución do 31 de maio de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e a Resolución do 23 de abril de 2020, pola que se convocan as ditas axudas para o ano 2020 (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2022).
-
Resolución do 31 de agosto de 2022 pola que se modifican a Resolución do 31 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e a Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se convocan as ditas axudas para o ano 2020. (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de instalacións con equipos de presión.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.
Aberto todo o ano
Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.
Aberto todo o ano
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano