Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN114A
Concurso público sobre consumo responsable: Consumópolis.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. Esta resolución ten por obxecto convocar e regular a fase autonómica do concurso escolar 2018-2019 Consumópolis-14 sobre consumo responsable e calidade de vida, que leva por título «Pola túa seguridade, Sabes o que consomes?».
2. O concurso consta de dúas partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable.
3. A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es.
4. A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.
Categorías de participación.
Establécense tres categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidades Autónoma de Galicia.
2. Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.
3. Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.
4. Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Escola Galega de Consumo
Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo
15707
Teléfono: 881999091
Fax: 981957560
Email: igc.escuela@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
26/03/2019 00:00 - 29/04/2019 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 29 de abril de 2019.
1. Cada equipo participante deberá deseñar, elaborar e presentar un traballo sobre consumo responsable, consistente nun produto innovador e orixinal, creado integramente polo alumnado seguindo as indicacións que xuntan. Este traballo realizarase de xeito colaborativo entre todos os membros do equipo.
O traballo consistirá en crear o prototipo ou a maqueta dun produto innovador e orixinal, xunto coa súa etiqueta e unha ficha explicativa.
As dimensións máximas do produto non excederán 50×50×50 centímetros.
2. Segundo a categoría de participación, cada equipo deberá elixir un dos seguintes produtos:
a) Categoría A (alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria): xoguetes, artigos deportivos (bicicletas, patíns…) ou material escolar.
b) Categoría B (alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria) e categoría C (alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria): moda (calzado, roupa, complementos), aparellos eléctricos (neveira, lavadora, aspiradora, secadora, ferro de pasar…), aparellos electrónicos (smartphone, tablet, pc, consola, dispositivo de navegación…), ou artigos deportivos.
3. O produto deber ir acompañado dunha etiqueta e dunha ficha explicativa:
a) A etiqueta debe indicar:
O nome xenérico do produto.
O responsable do produto (nome, enderezo, etc., do fabricante, importador, distribuidor ou marquista).
As instrucións de uso e/ou advertencias de riscos previsibles (se os houber).
Outra información específica propia de cada categoría de produto (marcación CE no caso dos xoguetes, material de que está feito no caso de prendas téxtiles, etc.).
Ademais, pode indicarse calquera outra información voluntaria e/ou facultativa.
b) A ficha explicativa debe indicar:
A mensaxe ou o slogan con que se quere chegar aos posibles destinatarios.
A quen vai dirixido o produto.
Como se elaborou (materiais, montaxe, ferramentas, etc.).
Como se xestionan os seus residuos.
Que impacto ambiental e social supón a súa elaboración.
2. Na elaboración do traballo deberán respectarse os principios da educación en valores, de forma que o alumnado reflexione sobre o papel que a etiquetaxe dos produtos ten para a seguridade das persoas e tome conciencia da importancia de coñecer e respectar as instrucións de uso e/ou advertencias de perigo indicadas nas etiquetas dos produtos.
O resultado final debe consistir nun modelo de boa práctica. Valorarase que os distintos elementos do traballo sexan orixinais, pedagóxicos (cun fin didáctico e educativo) e adaptados a un público infantil e xuvenil, así como consideracións de consumo responsable, saudable, sustentable e solidario.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Debido á actividade profesional, económica e social que desempeñan as persoas físicas que sexan titulares dun centro docente, tanto no ámbito da educación como na xestión dos servizos vinculados á propia actividade educativa, considérase que as persoas físicas que sexan titulares de centros educativos teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As solicitudes de participación irán acompañados da seguinte documentación complementaria:
a) Ficha virtual en formato PDF descargada desde a plataforma do concurso. Para obter esta ficha cómpre subir o traballo do equipo á plataforma.
b) Memoria descritiva do traballo desenvolvido. Debe estar realizada polo alumnado participante e presentarse en formato PDF.
A documentación complementaria presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos:
a) NIF do centro educativo.
b) DNI ou NIE da persoa representante do centro educativo.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 5 de marzo de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-14, Pola túa seguridade, sabes o que consomes? (DOG nº 58 do 25 de marzo de 2019).
-
Resolución do 20 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-14, Pola túa seguridade: sabes o que consomes? (DOG nº 110 do 12 de xuño de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Concurso de carteis do día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.
Tramitar en liña
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Prazo pechado: 16/03/2016 00:00 - 15/04/2016 23:59
Premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.
Prazo pechado: 04/06/2025 00:00 - 17/06/2025 23:59
Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo.
Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59
Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59