Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN117A
Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. A bolsa de formación na Escola Galega do Consumo ten como obxectivo contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo.
2. A Escola Galega do Consumo elaborará un programa formativo, que integrará aspectos relativos aos dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias, a educación en materia de consumo responsable, tanto no eido da ensinanza regrada como non regrada; a innovación educativa e a educación e a formación en valores, e a investigación sobre os hábitos de consumo da sociedade galega. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas actividades de formación en materia de consumo responsable realizadas na Escola Galega do Consumo.
3. Así mesmo, a Escola Galega do Consumo nomeará un/unha titor/a responsable das actividades de formación que desenvolverá a persoa bolseira.
4. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2020 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira ata o 30 de decembro. Non se concederán bolsas para suplir baixas ou renuncias por tempo inferior a un mes.
A persoa beneficiaria da bolsa terá as seguintes obrigas:
a) Aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nas bases reguladoras e na convocatoria da bolsa dentro do prazo de 5 días posteriores á notificación da resolución de concesión.
b) Presentar, xunto coa aceptación da bolsa, declaración de non percibir outras subvencións, bolsas, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria das persoas interesadas, segundo o modelo do anexo IV.
c) Presentar, xunto coa aceptación da bolsa, declaración responsable coa conta bancaria onde deba aboarse a bolsa, segundo o modelo do anexo IV.
d) Presentar, xunto coa aceptación da bolsa, certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coa realización das funcións que se desenvolverán.
e) Incorporarse á bolsa na data sinalada na resolución de concesión e cumprir un horario de trinta e cinco horas semanais, de acordo coa distribución que lle asine a Escola Galega do Consumo.
f) Xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.
g) Cumprir co programa de formación establecido cuns niveis de rendemento satisfactorios, presentando os traballos e informes que determine a Escola Galega do Consumo. Así mesmo, deberá asistir ás actividades que este centro considere convenientes para a súa formación.
h) Non desenvolver outras tarefas que dificulten o cumprimento das súas obrigas como persoa bolseira.
i) Manter a confidencialidade e a reserva sobre a totalidade dos documentos que lle sexan confiados ou sexan elaborados en cumprimento das súas funcións como persoa bolseira. Esta confidencialidade é extensible a calquera dato que puidese coñecer con ocasión da realización da bolsa, especialmente os de carácter persoal, que non poderá copiar ou utilizar cun fin distinto ao da bolsa, nin tampouco ceder a outros nin sequera para efectos de estudo, consulta ou divulgación.
j) Comunicarlle á Escola Galega do Consumo a obtención doutras bolsas ou axudas, así como calquera outra alteración dos requisitos impostos ás persoas beneficiarias para o outorgamento destas bolsas.
k) Comunicarlle a súa renuncia á Escola Galega do Consumo con dous días de antelación á data de cesamento, no caso de que se produza con posterioridade ao inicio da formación.
l) Presentar ante a Escola Galega do Consumo, no prazo dun mes a partir da finalización da formación, unha memoria detallada das actividades realizadas, na cal especificará os obxectivos acadados.
m) Desfrutar dun período de vacacións de vinte e dous días hábiles ou o tempo proporcional ao período de desfrute da bolsa.
n) As demais que, con carácter xeral, se establecen no artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999091/ 881999075
Email: igc.escuela@xunta.gal
Desde o resto do Estado: 902 12 00 12
Prazo de presentación: PECHADO
14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59
1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. O prazo concluirá o mesmo día en que tivo lugar a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, o prazo rematará o último día do mes.
Poderán optar á concesión desta bolsa as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. Só se lle concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.
c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias de licenciatura ou de grao: márketing e comunicación dixital, publicidade, xornalismo, comunicación, márketing, relacións e comunicación institucional ou equivalente. A persoa solicitante deberá estar en posesión do correspondente título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter finalizados os estudos conducentes para a súa obtención no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
d) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda.
e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non ter sido beneficiario/a desta mesma bolsa en convocatorias anteriores por un tempo superior a oito meses.
h) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e a indemnidade sexual, segundo o previsto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
i) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
j) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Debido á capacidade técnica das persoas físicas beneficiarias da presente bolsa, que deben reunir a condición de tituladas universitarias, considérase que teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.
2. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación académica oficial, na cal conste a nota media do expediente académico da titulación universitaria con que concorre.
b) Curriculum vitae, no cal se relacionen os estudos cursados e, se é o caso, a experiencia profesional.
c) Documentos acreditativos de todos os méritos alegados no curriculum vitae.
d) Xustificante do pagamento dos dereitos de expedición da titulación correspondente, se é o caso.
e) Copia dos títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, se é o caso.
f) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante.
d) Celga 4 ou documento acreditativo do nivel de coñecemento do idioma galego expedido polos órganos competentes en materia de política lingüística.
e) Título/s universitario/s de licenciatura ou grao.
f) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e a indemnidade sexual, segundo o previsto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
g) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
h) Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
i) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Atriga.
j) Certificado do importe de prestación por desemprego, percibido na data actual.
k) Certificado de prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.
l) Certificado de situación actual de desemprego.
m) Certificado de condición de bolseiro.
n) Concesións de subvencións e axudas.
o) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Aceptación ou Renuncia (Anexo III)
- Declaración Responsable (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
-
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2020)
-
Extracto da Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano